GIF

GIF

venres, 25 de setembro de 2020

Primeiros días

 Xa hai uns días que voltamos ao cole, e canto necesitábamos volver á normalidade aínda que sexa dunha maneira diferente, nova, con moitos cambios e normas.




 Necesitábamos ver aos nosos amigos/as, profes, volver a ter rutinas, recordar xogos, cancións e seguir aprendendo de e cos demáis.


Que este curso vai a ser diferente o temos claro, pero a nosa esencia e afán de superación seguirán intactos.







Novos materiais, e moita hixene, desinfeción e responsabilidade por parte de todos/as para que todo vaia o mellor posible.


mércores, 2 de setembro de 2020

Calendario escolar

 Xa ía moito tempo que non me pasaba por aquí, e é que a situación na que nos atopamos segue a ser complexa.Vos deixo o calendario escolar para este novo curso tan atípico. Consultade a páxina web do centro na que vos iremos comunicando todas as novidades. Na próxima semana vos convocaremos a unha reunión de nivel telemática para resolvervos as posibles dúbidas e informarvos dos cambios.