GIF

GIF

mércores, 23 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Onte foi un día de moitas emocións, despois dun trimestre atípico esperábamos con moitas ganas a chegada das tan ansiadas vacacións de nadal. Recibimos a visita da carteira real, que recolleu as nosas cartas para que chegaran ao seu destino sen problema, e vimos o resultado do festival de nadal que fixemos co profe Miguel e que queremos compartir con todos/as vós. Esperamos que disfrutedes da nosa actuación. Podedes ver o festival completo na páxina web do centro.

Agora a descansar e disfrutar do tempo de nadal en familia. A clase dos erizos ao  completo esperamos que o novo ano sexa moito mellor que o que se acaba e que chegue cargadiño de moita saúde para todos/as. FELICES FESTAS.



martes, 15 de decembro de 2020

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da  provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.

Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración.





RECOMENDACIÓNS DE TOC -TINA PARA O NADAL

 

Pasade polo blogue da biblioteca para máis información.