Xa ía moito tempo que non me pasaba por aquí, e é que a situación na que nos atopamos segue a ser complexa.Vos deixo o calendario escolar para este novo curso tan atípico. Consultade a páxina web do centro na que vos iremos comunicando todas as novidades. Na próxima semana vos convocaremos a unha reunión de nivel telemática para resolvervos as posibles dúbidas e informarvos dos cambios.
Amosando publicacións coa etiqueta ANUNCIOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANUNCIOS b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 2 de setembro de 2020
domingo, 14 de xuño de 2020
martes, 9 de xuño de 2020
Videochamada de despedida
Queridas familias: O próximo venres día 19 de xuño as dúas aulas de 3 anos temos pensado facer unha videochamada de aproximadamente media hora (de 10:00 a 10:30)para despedirnos dos peques/as e que se podan ver entre eles.
Para poder participar debedes descargar a aplicación gratuíta webex meet. Nos próximos días vos enviaremos por correo electrónico o enlace para poder acceder á conversa. É moi doado, pero se precisades axuda non dubidedes en preguntar. Vos esperamos!

xoves, 2 de abril de 2020
AVISO URXENTE
Vos informo que podedes consultar o boletín de notas deste trimestre e outras notificacións na aplicación ABALAR MOBIL, importante que a descarguedes para estar informados das novidades que van acontecendo. É moi sinxela de empregar.
Mandei un correo electrónico a todas as familias que non me figuran en dita aplicación pero hai outras que ninsequera teño o correo, así que vos agradecería que me enviedes a dirección á
pequesdelsalgado@gmail.com
moitas grazas

luns, 16 de marzo de 2020
Na páxina web do centro colgamos recomendacións e tarefas para facer neste días de encerro, así como distintas páxinas que ofrecen recursos para que os nenos/as poidn seguir traballando os diferentes contidos dende a casa.
Así mesmo irase poñendo a información actualizada que nos vai a chegando.
Así mesmo irase poñendo a información actualizada que nos vai a chegando.
Calqueira consulta non dubidedes en preguntar.
xoves, 12 de marzo de 2020
Aviso importante
Dados os últimos acontecementos en relación ao coronavirus na nosa comunidade, a xunta suspende toda actividade lectiva dende o próximo luns día 16 durante 14 días. Mañá venres, só en casos de forzá maior, os nenos/as poderán vir ao centro.
Moito ánimo e esperemos que coa colaboración de todos esta situación se controle e remita o antes posible.
venres, 22 de febreiro de 2019
Primeiro mandadiño entroido 2019
Xa está de Volta Manolo, o esqueleto máis festeiro, e o seu primeiro mandadiño para este entroido é...
venres, 15 de febreiro de 2019
Disfraces
Aproxímase o entroido, e seguindo coa temática do PDI que estamos a desenvolver ao longo deste curso, os nenos/as de infantil iremos de froitas variadas.
A Peixiños e mouchos tocounos a piña e o Kiwi e aquí vos deixo algunha idea para facer os disfraces. Isto só é unha suxerencia, podedes empregar estes ou outros materiais (Fieltro,Goma eva,pintura, rotus, aeronfix...) e modelos, pero recordade que o tocado o faremos na clase.
martes, 4 de setembro de 2018
Reunión curso 2018/2019
Convócase a todas as familias de educación infantil a unha reunión informativa sobre o novo curso escolar o xoves 6 de setembro ás 12:00.Vos esperamos.
mércores, 29 de agosto de 2018
Calendario escolar 2018/2019
Xa queda pouco para rematar as vacacións de verán, así que para ir preparando o novo curso escolar
clicade na imaxe para ver o calendario.
clicade na imaxe para ver o calendario.
Mentres a seguir disfrutando dos días que quedan.
luns, 18 de decembro de 2017
Recordatorio festival de nadal
Queridas familias:
Recordade que esta semana (mércores e xoves) terá lugar o festival de nadal.Os que aínda non nos fixéchedes chegar a camiseta branca para decorar, acordádevos que mañá agradeceríamos que estivera aquí para non xuntarnos con moitas o propio día.O resto do vestiario(pantalón ou medias brancas, bufanda e gorro de inverno) o traerán xa posto da casa e co nome de cada neno/a para evitar confusións.Moitas grazas pola colaboración.

martes, 12 de decembro de 2017
FESTIVAL DE NADAL
A PRÓXIMA SEMANA TERÁ LUGAR O FESTIVAL DE NADAL.O ALUMNADO DE 3 ANOS FAREMOS UNHA ACTUACIÓN ONDE NOS CONVERTIREMOS EN BONECOS DE NEVE POLO QUE É PRECISO QUE TRAIAMOS ROUPA BRANCA PARA OS DOUS DÍAS (MÉRCORES 20 E XOVES 21) A PARTE DE ARRIBA PODE SER UNHA CAMISETA BRANCA DE ADULTO ,CANTO MÁIS LONGA MELLOR, E PARA A PARTE DE ABAIXO PANTALÓN,MEDIAS...TAMÉN TRAEREMOS BUFANDA E GORRO DE INVERNO.
NO COLE LLE POREMOS OS ADORNOS QUE LLE FALTAN, POLO QUE SE É POSIBLE AGRADECERÍAMOS QUE NOS FAGADES CHEGAR A PARTE DE ARRIBA UNS DÍAS ANTES E XA QUEDARÁ NA CLASE PREPARADA PARA O GRAN ACONTECEMENTO.
MOITAS GRAZAS

mércores, 8 de novembro de 2017
PORTACASTAÑAS
O próximo venres 10 de novembro terá lugar a celebración do Magosto e o Peón. Como cada ano precisamos da vosa colaboración para facer o portacastañas. Moitas grazas!
xoves, 14 de setembro de 2017
PARVAS
Recordade que mañá o alumnado de 3 anos xa deberá traer a parva de media mañá.O calendario de parvas para todo o curso é o seguinte:
martes, 12 de setembro de 2017
COMEZAMOS NOVO CURSO
HOXE OS PEQUENOS/AS DO COLE COMEZAMOS UN NOVO CURSO ONDE NOS ATOPAMOS UN MONTÓN DE NOVIDADES.COLE NOVO,PROFES NOVOS,COMPAÑEIROS/AS NOVOS... E ONDE XUNTOS APRENDEREMOS MOITAS COUSAS.
OS PRIMEIROS DÍAS SON DUROS, PERO SEGURO QUE PRONTO ESTAREMOS MOI CONTENTOS/AS E ADAPTADOS/AS.
BENVIDOS/AS!!!
OS PRIMEIROS DÍAS SON DUROS, PERO SEGURO QUE PRONTO ESTAREMOS MOI CONTENTOS/AS E ADAPTADOS/AS.
BENVIDOS/AS!!!
venres, 3 de febreiro de 2017
Disfraz de entroido
Xa queda pouco para o tan ansiado desfile de entroido.Este curso a temática elexida son as "Fragas do Eume"o alumnado de Infantil iremos de peixes do río.Vos deixamos o modelo para que vos guiedes por el, e a poder ser que as escamas sexan de cores similares(azuis,prateadas,grises,lilas...) xa que no Eume non hai peixes de cores variados,a parte de atrás è igual que a de adiante(escamas e cola). Están feitas de fieltro e goma eva, o material o deixamos a vosa elección.
Da decoración da cabeza xa nos encargamos no cole.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
(Na nota informativa vai toda a información detallada).
Da decoración da cabeza xa nos encargamos no cole.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
(Na nota informativa vai toda a información detallada).
luns, 16 de xaneiro de 2017
Notición
Nos próximos días teremos unha visita moi especial.Ollade que carta nos chegou o cole.
Estamos ansiosos/as de que chegue o día!!
Estamos ansiosos/as de que chegue o día!!
xoves, 15 de decembro de 2016
Vestiario festival de nadal
Queridas familias:Como xa vos informamos na nota,este ano os nenos/as de 5 anos imos representar no festival unha festa de fin de ano.Para elo precisamos que veñan vestidos para tal acontecemento pero NON É PRECISO que merquedes nada,empregade o que teñades por casa.
Algunha idea:
-Nenos: Pantalón vaqueiro,camisa,americana,paxariña,garavata,chaleco... e mooooi "repeinados".
-Nenas.Vestido de festa,camiseta con brillantes,purpurina...
O que si estaría ben sería que trouxeran no pescozo un espumillón ou un colar de cotillón.Seguro que están todos estupendísimos/as.

martes, 8 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
Portacastañas
O próximo venres terá lugar unha nova celebración outonal.Nesta ocasión como xa fixemos o curso pasado xuntaremos o magosto e o peón.
Unha vez máis precisamos a vosa colaboración para facer o portacastañas.
Pregamos que o fagades chegar con tempo suficiente para poder decoralo e preparalo.Asimesmo recordade que estades convidados/as a compartir connosco este día tan especial,tanto degustando as castañas como bailando os peóns.
Unha vez máis precisamos a vosa colaboración para facer o portacastañas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)