GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de abril de 2020

Semana do libro

Para rematar a semana do libro... un agasallo! .
E podedes ver máis sorpresas no blogue de Toc-Tina Bíblio Toc-Tina animádevos a crear as vosas historias e ensinárnolas.

xoves, 16 de abril de 2020

Conto Aquiles o puntiño na mesa de luz

Deixovos o conto que grabei para a actividade promovida pola biblioteca do noso centro "En abril... historias mil". Ademáis de escoitalo podedes xogar a representalo vós tamén, debuxando o que se vai dicindo e traballando deste xeito o esquema corporal.

Animádevos a participar con Toc-Tina contando vós tamén algún conto que vos guste e enviándollo a biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com

luns, 6 de abril de 2020

Contos de polos

Nesta casa últimamente os polos convertéronse  no noso animal favorito por que será? 🤔

Así que aquí van algúns contos de galos, galiñas e polos para non perder o ritmo.


















martes, 11 de febreiro de 2020

COÑECEMOS A NOSA NOVA BIBLIOTECA

ONTE FOMOS VISITAR A NOSA BIBLIOTECA NOVA, QUE DESPOIS DUNS DÍAS DE REFORMAS E MOITÍIIIISIMO TRABALLO POR PARTE DE TOC- TINA E O SEU EQUIPO, NON PUIDO QUEDAR MÁIS FERMOSA. COMO NOS GUSTOU!!! E SEGURO QUE A PARTIR DE AGORA A ÍMOS DISFRUTAR MOITO MÁIS DO QUE XA O FACÍAMOS.


GRAZAS POLO TRABALLO E POR CONVIDARNOS.


HOXE RETOMAMOS O PRÉSTAMO DE CONTOS, RECORDADE QUE DEBERÁ DE VIR DE VOLTA O LUNS PARA PODER LEVAR OUTRO O SEGUINTE MARTES.



xoves, 24 de outubro de 2019

Día das bibliotecas

Hoxe, no día das bibliotecas, Toc-Tina e os seus axudantes convidáronnos á visitar a Biblioteca onde nos contaron todo o que podemos facer nela. Mirar e coller contos, xogar coas tablets e diversos xogos de mesa, lóxica... , coller e ver películas e un montón de cousas interesantes.

Ademáis, fixéronnos entrega das mochilas que a partir de hoxe comenzarán a viaxar polas casas. Dentro delas levan todas as instruccións e prazos de entrega, a disfrútalas!

Moitas Grazas Toc Tina  e axudantes! 

martes, 15 de outubro de 2019

Empréstito de contos

Hoxe Comezamos cos desdobres e o empréstito de contos da biblioteca de Toc-Tina. Mentres a metade da clase quedaba coa profe Elena traballando na pizarra dixital, os outros fomos ata a Biblioteca.


Lle Prometemos coidalos moi ben, disfrutalos na casa e devolvelos no prazo acordado para que os demais nenos/as do cole os poidan disfrutar tamén e nós poidamos coller outros diferentes cada semana.
 Alí, coloreamos a Toc-Tina, eleximos o conto que queríamos levar e ollamos algún máis recordando onde colocalos unha vez que rematamos.


Ata o próximo martes!

martes, 1 de outubro de 2019

Coñecemos a Toc-Tina e a súa biblioteca

Hoxe saímos de visita ao cole dos máis maiores a ver se atopábamos a Biblioteca.
Polo Camiño descubrimos que hai un montón de reloxos de cores pegados polas paredes, para que serán? 🤔

Non sabíamos de que se trataba ata que chegamos á biblioteca. Nela, ademáis de milleiros de contos e libros de todo tipo coñecimos a Toc-Tina! Por fin sabíamos quen era aquel reloxo.A mascota da biblioteca! Seguro que ao longo do curso imos ter moitas noticias súas. 


Ademáis na biblioteca, aprendimos onde temos que colocar os contos despois de míralos e cales son os que poderemos levar para a casa dende a próxima semana. Lle prometemos a Toc-Tina que os saberemos coidar igual de ben que ela.

venres, 26 de abril de 2019

Visita á biblioteca

Hoxe, saímos do cole para visitar a Alexandre e o seu sereo na biblioteca municipal.
Alí, ademáis de contarnos como funciona a Biblioteca, escoitamos o conto do "Soldadiño de chumbo".







Ademáis nos convidou a ir esta tarde á presentación dun novo conto. 



venres, 25 de xaneiro de 2019

Empréstito de libros

Hoxe estreamos mochilas e comezamos co empréstito de libros de Güino. Previamente falamos de como temos que facer cando imos a Biblioteca e como hai que coidar os contos que levamos e que teremos que traer de Volta o luns. Alí tivemos a sorte de que Mari nos contou dous contos super chulos.






venres, 26 de outubro de 2018

Cóntame un conto

Como cada curso os nos@s compañeir@s de primaria veñen unha vez á semana a contarnos un conto en lingua galega que eles mesmos elixen na biblioteca. A novidade deste curso é que esta actividade farase os venres. Encántanos escoitar as aventuras e compartir este momento cos maiores.


 Ademais Güino mandou aos seus axudantes a repartir as súas maletas para que estéan en cada aula o tempo necesario para disfrutar de tódolos contos que levan.



venres, 19 de outubro de 2018

Dia mundial da alimentación

O pasado día 16 conmemorouse o día mundial da alimentación, e como este curso estamos a desenvolver o PDI Bo proveito...Güino e todo o seu equipo,considerou necesario preparar un estupendo cóctel de libros que expuxeron no corredor para que todos o poidesemos degustar antes de que volva para a biblioteca e pase a formar parte do emprestito diario.
Estaba "delicioso"!!







venres, 15 de decembro de 2017

Recomendacións de Güino

Güino e as súas axudantes de biblioteca fannos as seguintes recomendacións para este nadal.


Esperamos que vos gusten.

mércores, 8 de novembro de 2017

Respondemos a Güino

Hoxe os mouchos lle fixemos unha nova visita a Güino,esta vez para dicirlle que desciframos a mensaxe que nos fixo chegar e que nela había agochada unha canción que xa aprendemos e nos encanta!!!

Ademais aproveitamos para presentarlles ao noso novo compi Mathias que só leva no cole un par de días e xa está super contento e adaptado.Benvido!!!!

venres, 6 de outubro de 2017

MOCHILA VIAXEIRA

A MOCHILA VIAXEIRA ENVIADA POR GÜINO COMEZA A VISITAR AS CASAS DOS MOUCHOS.

ONTE MARI E GÚINO NOS FIXERON ENTREGA DELA DESPOIS DE EXPLICARNOS QUE COUSAS ÍAN NO SEU INTERIOR.



A PRIMEIRA EN LEVALA É EREA QUE VAI A TER A SORTE DE DISFRUTALA  EN FAMILIA ATA O PRÓXIMO XOVES.ESPERAMOS QUE GOCEDES MOITO CON ELA.



venres, 24 de marzo de 2017

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

HOXE COMO TÓDOLOS ANOS TOCOU VISITAR A ALEJANDRO NA SÚA BIBLIOTECA.NESTA OCASIÓN O CONTO ELEXIDO FOI "O MENIÑO NITO.ENTÓN, OS HOMES CHORAN OU NON?"


 E NON PODÍAMOS DEIXAR A BIBLIOTECA SEN DESPEDIRNOS DO SIRENO.
ATA A PRÓXIMA!!!

 

 AQUÍ TEDES O CONTO POR SE QUERECDES VELO DE NOVO.