GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de decembro de 2020

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da  provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.

Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración.





luns, 1 de xuño de 2020

Recollida de material

Queridas familias. O Mércores día 10 de xuño poderedes pasar a recoller o material e as mudas dos nenos/as de 3 anos en horario de 10:00 a 11:30 no edificio de infantil. Así mesmo, pedimos por favor que, aqueles que non o fixeron antes, entreguedes ese mesmo día o libro prestado da biblioteca e a bolsa laranxa no que o levaban. Deberá de vir unha soa persoa por familia cumprindo as normas indicadas polas autoridades sanitarias. Moitas grazas.

xoves, 7 de maio de 2020

Aviso importante

Só para nova matrícula, o alumnado que xa estivo matriculado este curso conserva a praza e non ten que facer nada.

xoves, 2 de abril de 2020

AVISO URXENTE

Vos informo que podedes consultar o boletín de notas deste trimestre e outras notificacións na aplicación ABALAR MOBIL, importante que a descarguedes para estar informados das novidades que van acontecendo. É moi sinxela de empregar.
Mandei un correo electrónico a todas as familias que non me figuran en dita aplicación pero hai outras que ninsequera teño o correo, así que vos agradecería que me enviedes a dirección á

pequesdelsalgado@gmail.com

moitas grazas

martes, 7 de novembro de 2017

Simulacro de evacuación

Hoxe no Couceiro tivo lugar un novo simulacro de evacuación no que os mouchos participamos por primeira vez,e que ben o fixemos!!! grazas ás instruccións e consellos que nos deron os nosos amigos de protección civil hai uns días.



xoves, 2 de novembro de 2017

Simulacro de evacuación

AVISO IMPORTANTE
Respondendo á necesidade de seguridade nos centros escolares, e como parte das prácticas pedagóxicas habituais neste campo, vaise realizar un simulacro de evacuación no colexio, durante a semana do 6 ao 10 de novembro.
Non se indican día nin hora exactos para non restar efectividade ao mesmo, pero informamos para evitar que cundan alarmas innecesarias ante a posible presenza de bombeiros, ambulancias, protección civil, policía, etc....

venres, 27 de outubro de 2017

Protección civil

Como cada novo curso protección civil chegou o Couceiro para falarnos de como actuar en caso de emerxencia e de incendio.
Este curso tomou especial relevancia a introdución á reanimación cardiopulmonar  (RCP).
No caso do alumnado, non se trataba de que fosen capaces de realizar unha manobra de reanimación, senón de proporcionar  pequenos coñecementos coa perspectiva de lograr unha maior destreza cando sexan adolescentes ou adultos.  Cando se explica a chamada ao 112, a posición lateral de seguridade, ou as compresións torácicas estanse introducindo temas  que o alumnado comentará e amplificará na familia convertíndose  de xeito indirecto en excepcionais axentes de transformación dos adultos.
Moitas grazas a Fran e a Sara polo cariño e profesionalidade que manifestaron.





mércores, 16 de novembro de 2016

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Como xa fixemos o curso pasado, hoxe tivo lugar un novo simulacro de evacuación por parte de todo o centro.
Esta vez o fixemos aínda mellor se cabe e como xa somos uns expertos non nos puxemos nada nerviosos/as.



luns, 17 de outubro de 2016

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL

Hoxe novamente tivemos a visita dos membros de protección civil, que nesta ocasión viñeron a recordarnos en que consiste o seu traballo, que materiais empregan, como son os seus diferentes traxes e por suposto  os pasos a seguir en caso de incendio.O primeiro avisar a un maior, se estamos sós na casa avisar a un veciño ou chamar o 112, non agocharse nin porse nervioso/a e sair en fila ordenadamente.






Tamén nos dixeron que se hai fume temos que tapar a boca e o nariz para non respiralo e probamos a máscara especial que eles empregan.





xa estamos preparados/as para enfrontarnos a situacións de "risco" aínda que esperamos non ter que por os nosos coñecementos en práctica.



sábado, 3 de setembro de 2016

COMEZO DO NOVO CURSO




Bo día familias:
Comezamos un novo curso, e como tódolos anos o facemos cunha breve reunión inicial(martes 6 ás 12:00) na que se presentará o novo equipo de educación infantil, entregaremos a lista de material e comunicaremos posibles cambios e novidades con respecto a cursos anteriores.


Ademais este novo curso inauguramos o PROGRAMA 'MADRUGADORES: ESPAZO DE ALMORZOS SAUDABLES'


Apertura do prazo de inscrición para os alumnos e alumnas do CEIP Couceiro Freijomil que desexen apuntarse ao programa 'Madrugadores: espazo de almorzos saudables'.
O prazo iniciou o día 1 de agosto e estenderase durante todo o mes de setembro ata cubrir as prazas dispoñibles. O trámite pode realizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello (Tlf. 981 433 288).

O programa vai dirixido ao alumnado deste centro e será realizado diariamente dende o mes de setembro de 2016 ata o mes de xuño de 2017 coincidindo co calendario escolar de 7:30 a 8:30 h.
O programa 'Madrugadores' é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias eumesas. Consistirá nun espazo saudable e lúdico á vez no propio centro escolar para que as nenas e nenos almorcen .
Este programa aplicase durante o curso 2016-17 como experiencia piloto.

venres, 6 de maio de 2016

Simulacro

Onte fixemos un exercicio de simulacro de incendio no noso cole.
 Foi un éxito, pois logramos evacuar en pouco máis de catro minutos a todos os ocupantes do centro, entre eles cen alumnos de infantil. Fíxose nun clima de tranquilidade e colaboración.
Un responsable dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume foi controlando todas as nosas actuacións indicándonos ao remate aqueles aspectos a mellorar. Mentres Protección Civil extinguía o incendio, persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume atendía con profesionalidade e cariño a alumnos e alumnas  que simularon resultar feridos.
Actuacións como estas sírvennos para educar ao alumnado en prevención e seguridade,  comprobar o axeitado funcionamento dos medios humanos e materiais previstos para situacións de emerxencia, valorar a resposta e participación dos ocupantes e cuantificar o tempo empregado.
Temos que agradecer a colaboración da Policía Local de Pontedeume, dos Bombeiros do Parque Comarcal do Eume, do persoal sanitario do Centro de Saúde de Pontedeume e  especialmente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontedeume que se volcou na formación, desenvolvemento e valoración de todo o proceso.




martes, 3 de maio de 2016

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

AVISO IMPORTANTE.
Respondendo á necesidade de seguridade nos centros escolares, e como parte das prácticas pedagóxicas habituais neste campo, vaise realizar un simulacro de evacuación no colexio, durante esta semana. Non se indican día nin hora exactos para non restar efectividade ao mesmo, pero informamos para evitar que cundan alarmas innecesarias ante a posible presenza de ambulancias, protección civil, policía, etc.
Como sempre, grazas pola vosa colaboración.


domingo, 13 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Dende o equipo de biblioteca con Güino á cabeza nos fan as seguintes recomendacións para este nadal.

mércores, 2 de setembro de 2015

REUNIÓN INICIO DE CURSO

DESPOIS DUNHAS PRODUCTIVAS VACACIÓNS DE VERÁN, VOLTAMOS COAS PILAS CARGADAS E DISPOSTOS A QUE ESTE NOVO CURSO QUE COMEZA SEXA IGUAL OU MELLOR CO ANTERIOR.

RECORDADE QUE O PRÓXIMO VENRES DÍA 4 TEMOS A REUNIÓN INFORMATIVA DE INFANTIL ÁS 11.00 H. NA QUE PRETENDEMOS TRATAR  O SEGUINTE(PODE HABER CAMBIOS).

ORDE DO DÍA:

-PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
- CARACTERÍSTICAS EVOLUTIVAS MÁIS RELEVANTES DOS NENOS/AS DE 4 ANOS.
-CUESTIÓNS ORGANIZATIVAS A DESTACAR.
- PRESENTACIÓN DE COMO TRABALLAMOS E POR QUE.
-ROGOS E PREGUNTAS.


martes, 30 de xuño de 2015

xoves, 18 de xuño de 2015

FESTA RACHADA

HOXE TOCOU FESTA RACHADA A CARGO DOS FENÓMENOS, QUE MÁGOA QUE DURARA TAN POUQUIÑO CO QUE NOS GUSTA A NÓS O BAILE!!!.AÍNDA QUE XA O SABÍAMOS, PUIDEMOS COMPROBAR OS PEDAZO MÚSICOS/AS QUE TEMOS NA CLASE E É QUE LEVAN O RITMO NO SANGUE.GRAZAS FENÓMENOS!!


 
 

  







luns, 15 de xuño de 2015

NOTA ACLARATORIA

ESTAMOS NA ÚLTIMA SEMANA DO CURSO E AS PROFES TAMÉN O EMPEZAMOS A NOTAR, SEGURO QUE XA VOS DÍCHEDES CONTA DE QUE NA NOTA INFORMATIVA DA PRÓXIMA VISITA A HORTA HAI UN ERRO E É QUE SE NOS ESQUECEU CAMBIAR O DA MERENDA.
A VISITA PARA RECOLLER AS PATACAS E LEITUGAS E A POSTERIOR MERENDOLA SERÁ O PRÓXIMO MÉRCORES E A PODER SER MELLOR QUE LEVEN BOCATA PARA QUE SEXA MÁIS DOADO PARA ELES/ELAS.

DESCULPADE O DESPISTE.

sábado, 18 de abril de 2015

EUMEOLIMPIADAS

ESTE XOVES POR CULPA DA CHOIVA NON PUIDEMOS IR A HORTA,MENOS MAL QUE ESTA SEMANA XA A VISITAMOS O LUNS.
AÍNDA ASÍ ESTIVEMOS DO MÁIS ENTRETID@S ANIMANDO AOS NOSO COMPIS DE 5º NAS EUMEOLIMPIADAS QUE COMEZARON O MARTES E NAS QUE ADEMAIS DO COUCEIRO PARTICIPAN OUTROS CENTROS DO CONCELLO.