GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIENCIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIENCIAS. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xaneiro de 2019

Visita India

A semana pasada levamos unha gran sorpresa. Estábamos ensaiando na aula de psicomotricidade e chegada dende Illa Fantasía apareceu a gran xefa India Tatanka Ská que ademais de ensinarnos o seu lunicornio e deixarnos tocar a súa capa poderosa, nos ensinou unha divertida danza.









xoves, 19 de abril de 2018

A NOSA NOVA MASCOTA

Onte trouxemos o cole un novo compañeiro!! Tratase da nosa mascota!!! un peixiño o que despois de moito pensalo decidimos chamar SUPER DORADO, teremos que entre todos coidalo moito, darle de comer, cambiarlle a auga...Fomentando asó o coidado polos animais e a responsabilidade nos máis cativos.
Eliximos un peixe en concordancia con P.D.I do centro que como xa sabedes é sobre o mar.
BENVIDO SUPER DORADO!!!






venres, 13 de abril de 2018

MESA DE LUZ

Onte trouxemos a aula unha mesa de luz!!! Quedamos pasmados con tanta cor e aproveitamos para traballar diferentes conceptos dunha maneira máis motivadora.
Sen dúbida volveremos a traela!!





martes, 27 de febreiro de 2018

QUE SON OS CÁGADOS?

Hoxe tivemos na aula unha visita sorpresa! Dúas nenas da aula das formigas viñeron a ensinarnos uns cágados!! Todos estivemos moi atentos e curiosos, mirando como se movían na auga e investigamos un pouquiño sobre o que son os cágados.
Moitas grazas as nosas compis por vir a nosa aula.


.





luns, 2 de outubro de 2017

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE MAIORES

ESTOS DÍAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS/AS DESCUBRINDO AS NORMAS DO COLE,COÑECENDO PROFES E INSTALACIÓNS E  FACENDO RUTINAS DE AULA.


XUNTO COS NENOS/AS DA CLASE DOS PEIXIÑOS, VISITAMOS A GÜINO NA SÚA BIBLIOTECA. CANTOS CONTOS!!!



FIXEMOS PSICOMOTRICIDADE CO PROFE JAVIER.QUE BEN O PASAMOS!!


COMEZAMOS A FACER AS RUTINAS E A ASEMBLEA DE AULA ONDE CADA DÍA O MAQUINISTA TEN QUE VER QUE DÍA É, QUE TEMPO VAI,CANTOS NENOS/AS FALTAN,ESCRIBIR O SEU NOME E DEBUXARSE...AÍNDA É UN POUCO DIFÍCIL QUE ATENDAMOS E ESTEAMOS SENTADIÑOS ESCOITANDO, PERO A VERDADE É QUE CADA DÍA O FACEMOS MELLOR.


E HOXE ADEMAIS XOEL TROUXO OURIZOS E LANDRAS DO OUTONO, ASÍ QUE PUXEMOS TODAS AS COUSAS QUE TIÑAMOS NUNHA CAIXA E DESCUBRIMOS UN POUCO MÁIS DESTA NOVA ESTACIÓN.





mércores, 21 de xuño de 2017

XA SOMOS DOS MAIORES

XA CASE SOMOS NENOS/AS DE PRIMARIA.
ESTOS DÍAS ADEMAIS DE VISITAR AS CLASES DE PRIMEIRO MENTRES OS COMPIS NOS CONTABAN TODOS OS CAMBIOS QUE NOS IMOS ATOPAR E COMO É A "VIDA DOS MAIORES", XOGAMOS NO PATIO CON ELES.
ADEMAIS NOS DERON OS PASAPORTES QUE PRECISAMOS PARA CAMBIAR DE ETAPA. 
MOITAS GRAZAS POR RESOLVER AS NOSAS DÚBIDAS.VÉMONOS PARA O PRÓXIMO CURSO!!!









venres, 9 de xuño de 2017

XOANIÑAS MARISCADORAS

A VERDADE É QUE POUCAS COUSAS NOS QUEDABAN POR FACER ÁS XOANIÑAS E OS CICLISTAS NESTOS 3 ANOS COMPARTINDO MOMENTOS.PERO NON PODÍAMOS REMATAR ESTA ETAPA SEN COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE UN DOS TRABALLOS MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VILA, O MARISQUEO.MOITAS PERSOAS DAS NOSAS FAMILIAS OU COÑECIDOS ADÍCANSE A ISTO DURANTE TODO O ANO, E AÍNDA QUE NÓS O VIVIMOS COMO UN XOGO, SABEMOS QUE NON É NIN TAN DOADO, NIN TAN DIVERTIDO COMO PARECE,MENUDO TRABALLAZO!!!

MOI MOTIVADOS/AS E PREPARADOS ESPERAMOS ANSIOSOS QUE CHEGARA O MOMENTO DE DIRIXIRNOS ATA A PRAIA DE SOPAZOS, MOI PRETIÑO DO NOSO COLE.





ALÍ PUXÉMONOS MANS A OBRA PARA COLLER UN MONTÓN DE AMEIXAS E BERBERECHOS. E DE CAMIÑO Á LONXA PARAMOS A COLLER MINCHAS E MEXILÓNS.




 






 SÓ NOS QUEDABA IR Á LONXA A PESAR A NOSA "CAPTURA".NON PUIDEMOS LEVAR TODO O QUE COLLIMOS POR VARIAS RAZÓNS.A PRIMEIRA PORQUE TIÑAN QUE TER O TAMAÑO AXEITADO PARA PODER COLLELAS,SE SON MÁIS PEQUENAS HAI QUE DEVOLVELAS AO MAR PARA QUE MEDREN, E A SEGUNDA RAZÓN...PORQUE NON SOMOS MARISCADORES/AS ACREDITADOS, SOMOS FURTIVOS/AS!!!












 

QUE BEN O PASAMOS!!! E CANTAS COUSAS INTERESANTES APRENDIMOS.MILLEIROS DE GRAZAS A TODOS/AS OS MARISCADORES/AS E A COFRADÍA POLA AXUDA E POR PERMITIRNOS FACER ESTA ACTIVIDADE TAN CHULA E A VERO POR ORGANIZALA.