GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido 2020

E chegou o día que levábamos tanto tempo agardando e con el o desfile de entroido,un entroido de cine no que cada clase lucíu as mellores galas relacionadas coa película que estamos a traballar ao longo deste curso.


Os pequenos dimos a volta ao mundo dende Exipto a Italia acompañados por Phileas Foog nesta viaxe.


 




E para repoñer forzas despois de tanta viaxe en Góndola... Unha merendola propia de entroido. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración. 



xoves, 20 de febreiro de 2020

Fin dos mandadiños

Así de guapos/as chegamos ao cole para rematar cos mandadiños e ir collendo forzas para a celebración de mañá, na que viremos disfrazados de gondoleiros/as.



Recordade qué tamén faremos unha merendola conxunta con todo o alumnado de Infantil, para a qué terán que traer algún cousa típica desta época (rosquillas, filloas, torrixas, orellas...) non moita cantidade. 

mércores, 19 de febreiro de 2020

Cuarto mandadiño

E hoxe rematan os mandadiños por este curso. Recordade que mañá...



Ademais hoxe quixemos seguir coñecendo un pouco máis sobre a cidade dos gondoleiros/as, Venecia, onde se celebra un dos entroido máis importantes e fixemos un antifaz como saído dos mellores bailes de máscaras que alí se fan. 






luns, 17 de febreiro de 2020

Segundo mandadiño

Hoxe Fomos ver cal era o segundo mandadiño do meco.

Xa estamos pensando como decorar os nosos zapatos para mañá. Imaxinación ao poder! 

venres, 14 de febreiro de 2020

xoves, 7 de marzo de 2019

Enterro do entroido 2019

Hoxe festexamos o enterro do entroido e o despedimos ata o próximo curso.

Para tan especial acontecemento viñemos vestidos cos nosos mellores disfraces.


E despois de visitalo no seu cadaleito por última vez... 

Saímos xunto co resto de nenos/as do cole a cantar o xa morreu e despedilo. 





venres, 1 de marzo de 2019

Desfile de entroido

Un ano máis os couceiristas saímos do cole para encher a rúa de cor e alegría.O tema elexido este ano foi a alimentación seguindo co traballo do PDI Bo proveito.
OS nenos/as de 4 anos fomos de piñas e kiwis.





Primeiro, desfile pola rúa moi ben acompañados polas nosas familias.









Seguidamente actuación xunto co resto de compañeiros/as de infantil. 










E por último... Merendola! 





Así que despois de tanto festín, o que toca agora é un pequeno descanso para repoñer forzas e votar coas pilas cargadas. Bo entroido a todos/as!