GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta HORTO ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HORTO ESCOLAR. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2020

Sementamos millo

Manchitas trouxo a súa caixa cheiña de cousas. 3 botes de cristal, un paquete de algodón (algún/a pensaba que era algodón de azucre) un bote negro con tapa e unha bolsa chea do que pensamos que eran sementes de paxaro pero non, tratábase de millo.

Que poderíamos facer con todo alquilo? nós soíños pensamos que poderíamos plantar metendo o algodón dentro dos botes de cristal e meter tamén as sementes. Que boa idea!
Só nos quedaba averiguar para que era aquella folla que acompañaba a todos os materiais. E tamén, case sen axuda, imaxinamos que era para que cada bote tivera unhas desas cousas, así que metimos un dentro do bote negro con tapa e lle botamos auga, así non lle daría a luz.


A outro lle botamos auga e deixamos que lle de a luz.


A ao último o deixamos tal como estaba sen auga pero destapado para que si lle de a luz.


Sairan todas as prantas? 
Cales sairán antes? 
Medrarán todas igual? 
Botamos para ver cal cremos que vai a sair antes.
 E unha vez máis... A esperar! 

mércores, 17 de xuño de 2015

RECOLLIDA DA COLLEITA

HOXE FOI A NOSA ÚLTIMA VISITA Á HORTA E POR FIN PUIDEMOS RECOLLER AS LEITUGAS ,AS PATACAS E ALGÚN CHÍCHARO QUE PLANTAMOS XA HAI UNS MESES.TAMÉN VIMOS COMO NACEN AS CENORIAS AÍNDA QUE SON MOI PEQUENIÑAS E DEIXAMOS OS PEMENTOS E OS TOMATES PARA QUE SIGAN MEDRANDO NO VERÁN.DESPOIS DE TANTO TRABALLO...APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA TOMAR UNHA ESTUPENDA MERENDOLA NA HORTA ACOMPAÑADOS POLAS FAMILIAS.
MIL GRAZAS POLA VOSA AXUDA CADA XOVES!!! E AGORA...A DISFRUTAR DAS MÁIS QUE MERECIDAS VACACIÓNS.

 

 


  CHÍCHAROS

 

 CENORIAS

 


 
 
 
 


xoves, 11 de xuño de 2015

VISITA Á HORTA ESCOLAR

XA SÓ NOS QUEDA UN DÍA PARA VISITAR O NOSO HORTO E RECOLLER A COLLEITA DESTE CURSO, ASÍ QUE HOXE FOMOS ATA ALÍ PARA VER QUE TODO ESTABA EN CONDICIÓNS E ACONDICIONAR O TERREO.CANTO TRABALLAMOS!!!TANTO ESFORZO TEN QUE TER UNHA RECOMPENSA.

 
 
 
 



 

xoves, 4 de xuño de 2015

VISITA SEMANAL O HORTO ESCOLAR

COMO TÓDOLOS XOVES TIÑAMOS UNHA VISITA (AGORA CASE OBRIGADA) Á HORTA E É QUE CON TANTA CALOR É MOI PERO QUE MOI IMPORTANTE IR A REGAR.A ESTAS ALTURAS DE CURSO XA EMPEZAMOS A ESTAR CANS@S E UN POUQUIÑO DESPISTAD@S PERO AÍNDA ASÍ ALGO FIXEMOS E A NOSA HORTA CASE NON TEN MALAS HERBAS, ASÍ OS PRODUTOS PODERÁN NACER MOITO MÁIS CÓMODOS(OU ISO ESPERAMOS).