GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta INFORMÁTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFORMÁTICA. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2020

Realidade aumentada e realidade virtual

Manchitas cada día nos trae unha cousa máis rara.
Hoxe chegou con algo que parecían...
Gafas de buceo, gafas de sol, gafas para ir á neve... O que tiñamos claro é que eran gafas.
As puxemos para ver se veíamos algo e... Temos moita imaxinación porque todos/as dixemos que si que víamos cousas (imposible porque estaban apagadas 😜) 





Despois a profe meteu o seu móvil e nos dixo que algo chegado dende moi lonxe viñera a visitarnos. Era Copito! Que xunto cos seus amigos e familiares nos convidou a coñecer un pouco máis o lugar onde vive. 
(Coas gafas postas vense de diferente maneira, como se estivéramos alí mesmo) 




Tanto nos gustou que queríamos velo unha e outra vez. 

E por último coloreamos a Copito e vimos como coa nosa axuda cobraba "vida" e ata nos saudaba!



O programa de realidade virtual empregado se chama 
Quiver vision e se pode descargar tanto en tablet como móvil.

Encantounos a experiencia. 

mércores, 24 de outubro de 2018

Informática

Tódalas semanas en pequenos grupos imos á clase de informática, onde ademais de practicar o manexo do rato, o encendido e apagado do ordenador... aprendemos a esperar e moitas outras cousas ao mesmo tempo que nos divertimos a través dos distintos xogos temáticos tanto na pizarra como no ordenador.



mércores, 19 de outubro de 2016

Blogue de informática

Recordade que este curso temos tamén un blogue de informática, onde a profe Lorena irá publicando as distintas actividades que fagamos e os xogos empregados, así poderedes divertirvos na casa con eles e seguir aprendendo.


Pinchade na imaxe para acceder.

martes, 7 de xuño de 2016

REALIDADE AUMENTADA

Hoxe na clase de informática fixemos "maxia", os nosos debuxos cobraron vida grazas á técnica da realidade aumentada.Podedes descargar a aplicación (Quiver) nos móbiles e disfrutar con nós.

martes, 24 de novembro de 2015

INFORMÁTICA

COMO XA SABEDES, OS MARTES TEMOS CLASE DE INFORMÁTICA COA PROFE LORENA.HOXE NON NOS LEVOU ÓS ORDENADORES SENÓN QUE FOMOS Á PIZARRA DIXITAL A FACER XOGOS DE PIRATAS!!
CON TODO O QUE APRENDEMOS ESTOS DÍAS XA NOS SAEN BASTANTE BEN.



martes, 22 de setembro de 2015

CLASE DE INFORMÁTICA

ESTE CURSO COMO XA SOMOS UN ANO MÁIS MAIORES NON ÍMOS Á PIZARRA MÁXICA SENÓN QUE A PROFE LORENA NOS LEVA Á AULA DE INFORMÁTICA,ONDE APRENDEMOS A MANEXAR O RATO OU ENCENDER E APAGAR O ORDENADOR,ADEMAIS POR PARELLAS FACEMOS UN MONTÓN DE XOGOS DIVERTIDOS.