GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta LECTOESCRITURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTOESCRITURA. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2020

Ruleta das vogais

Temos un novo material no recanto de letras e biblioteca. Unha ruleta que nos vai a servir para facer un montón de actividades.

Comezamos coas vogais. Tiñamos que tirar a ruleta, identificar qué vocal nos saía e como falaba e de seguido buscar unha imaxe que comenzara por esa letra, isto último xa nos costou un pouquiño máis pero a grafía e o son os temos dominados! 


mércores, 22 de xaneiro de 2020

As nosas iniciais na area

Un novo material que incorporamos no recanto de biblioteca foi a bandexa de Trazos.

Nela poderemos facer letras, números, ou trazos diversos sobre distintas superficies.


Comezamos empregando area e trazando as nosas iniciais, non sei se nos gusta máis facela ou borrala!



Non só a trazamos senón que a temos que identificar e diferenciar do resto de letras que hai na cesta. 



mércores, 15 de xaneiro de 2020

Os xogos coas letras do noso nome son dos que máis nos gustan e é que nos encanta recoñecer as nosas letras e comenzar a escribir os nomes sen axuda.
Hoxe tiñamos que remexer e sen mirar, atopar as letras entre un milleiro de papeis de cores. Poderíamos adiviñar de que letra se trataba só empregando as mans? Somos mooooi tramposos así que quedaremos coa dúbida.
 O qué si fixemos estupendamente foi saber qué letra atopamos e a quen pertencía 👏👏



mércores, 11 de decembro de 2019

Os nosos nomes son longos ou curtos? 🤔

Hoxe seguimos traballando cos nosos nomes, e o que nos queda! Miramos cales eran o máis curto e o máis longo. Para elo tivemos que contar as letras e construír as torres con tantos bloques como letras tiñan.






Unha vez construí das as torres e clasificados os nomes segundo o número de letras...as ordenamos de menor a maior altura. 


Hay un montón de nomes con 6 e 4 letras!
Xa empezamos a identificar o noso nome entre o dos compañeiros/as 👏👏

martes, 5 de novembro de 2019

O noso nome

Tódolos días o encargado/a escribe o seu nome na pizarra branca,contamos cantas letras ten, busca as letras que o forman e aprendemos como falan cada unha delas. Comezamos a coñecer as letras a partir do máis próximo a nós, o nome propio.


Hoxe no desdobre tivemos que buscar todas as letras para ordenalas e construir o noso nome axudados polas tarxetas. Xa empezamos a diferenciar e recoñecer algunha delas.




No recanto de letras e biblioteca tamén xogamos co noso nome.

xoves, 24 de outubro de 2019

A nosa inicial

Ao longo das semanas non só traballamos nos recantos, senón que tamén temos momentos de traballo de mesa individual onde exercitamos a motricidade fina,o agarre do lápis, a atención, aprendemos a estar en silencio para non molestar aos compañeiros/as,a sentarnos correctamente, a recoller e ordenar os materiais, a esperar... Esta semana, na sesión de desdobre coñecemos un material novo, o punzón ;co que hai que ter moitísimo coidado para non picarnos nin a nós nin aos nosos compas. Con el picamos a inicial do noso nome, cada vez a coñecemos máis e a a topamos en máis sitios.

Non é nada doado picar xuntiño e sen sairse da raia, hai que estar moi concentrados!


Unha vez picada a convertemos no noso corpo e só quedaba completalo con brazos, mans, pernas e pés. Pouco a pouco imos perfeccionando o debuxo do esquema corporal.


venres, 18 de outubro de 2019

Conceptos básicos

Seguimos avanzando e traballando conceptos básicos con actividades manipulativas.

Cores.



Cuantificadores. Moitos/pouco. Ningún.



Arriba/abaixo. 



Dentro/fóra. 







Longo/curto ou alto/baixo facendo torres cos policubos. 


Exercitamos a lóxica buscando parellas de figura e sombra. 


E imaxinamos construccións e torres con materiais diversos. Menudo equilibrio! 





Tamén temos tempo para xogar na PDI e aprender a esperar a nosa quenda. 



E para coñecer e diferenciar as iniciais dos nosos nomes. 






martes, 6 de marzo de 2018

XOGO DE LETRAS

Onte no cole traballamos moito! Fixemos unha actividade que nos encantou!!
Primeiro debíamos identificar o noso nome.





Logo buscar nas pinzas as letras correspondentes ao noso nome e poñer a pinza na letra correspondente, traballando así a motricidade fina.






















Cantas letras  novas coñecemos!!😊