GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de novembro de 2020

Magosto 2020

 Este curso está sendo atípico en tódolos sentidos, e tamén no referente ás distintas celebracións, o que non quere dicir que deixemos de celebralas e disfrutalas. O profe Miguel preparou con tódolos nenos/as de infantil este baile outonal para o día do MAGOSTO. Ollade que ritmo temos!!




martes, 17 de marzo de 2020

Música e contos

O próximo venres día 20 a partir das 16.45, Paco Nogueira dará un concerto a través dos directos de Instagram, unha moi boa maneira de pasar un tempiño entretidos e desconectar.

Todos a cantar, bailar e disfrutar! 

venres, 14 de febreiro de 2020

Saída ao Palacio da ópera

Hoxe fixemos a nosa primeira saída ao Palacio da ópera para ver o concerto De aquí para alá De Lydia Botana.


Que nerviosos/as estábamos por tantas novidades.

Tiñamos que elexir unha parella para ir no autobús.

E unha vez alí escoitamos atentos/as e cantamos todas as canción que xa nos ensinara a profe Ana.

Algún/a ata se atreveu a saír ao escenario!


Cantas cousas aprendemos, cantos instrumentos coñecemos e que ben o pasamos!  🎵🎼🎶


Ata nos metemos todos xuntos/as no ascensor! 
Foi un día moi divertido. 

luns, 19 de xuño de 2017

BRINCA VAI

HOXE TIVEMOS A GRAN SORTE DE VOLVER A TER CONNOSCO A PACO NOGUEIRAS, PERO ESTA VEZ VIÑA A PRESENTARNOS O SEU ESPECTÁCULO "BRINCA VAI" SAIDO DO LIBRO/CD/DVD CO MESMO NOME.
ACOMPAÑADO DA SÚA INSEPARABLE "MÁQUINA!" FIXO AS DELICIAS DE PEQUENOS E MAIORES.
BAILAMOS,CANTAMOS E O PASAMOS XENIAL RECORDANDO EN VIVO E DIRECTO TODAS ESAS CANCIÓNS QUE TANTAS VECES ESCOITAMOS E VIMOS NAS CLASES ISO SI, A BRUXA DO SAMAÍN QUEDOU NA SÚA CASA, MENOS MAL!!!!











MOITAS GRAZAS PACO E XA SABES QUE AQUI TE ESPERAMOS SEMPRE COS BRAZOS BEN ABERTOS.

xoves, 25 de maio de 2017

CONCERTO DIDÁCTICO

QUE O NOSO COLE ESTÁ CHEO DE NENOS/AS E FAMILIAS ARTISTAS XA O SABÍAMOS, PERO HOXE O PUIDEMOS CONFIRMAR COA VISITA DE ALMA A MAMÁ DE IAGO(2ºDE PRIMARIA) E DE EMMA, A MAMÁ DOS NOSOS COMPIS ADRIANA E NICO QUE XUNTO CUNHA AMIGA QUIXERON VIR O COLE PARA OFRECERNOS UN CONCERTO DIDÁCTICO DO MÁIS CHULO.



ENSINÁRONNOS OS INSTRUMENTOS.


O VIOLONCHELO

O VIOLÍN

E O PIANO

TAMÉN RECORDAMOS QUE A MÚSICA SE ESCRIBE, PERO NON CON LETRAS SENON CON NOTAS MUSICAIS, E AS PÁXINAS ONDE SE ESCRIBEN SON AS PARTITURAS.POIS SI QUE É DIFICIL LER MÚSICA!!!



E ATRAVÉS DE PELÍCULAS E MÚSICAS MOI COÑECIDAS, FIXEMOS UNHA VIAXE  PERCORRENDO AS EMOCIÓNS, SENTIMENTOS E VALORES.


A MALDADE E A BONDADE DE STAR WARS


A AMIZADE E O COMPAÑEIRISMO DE TOY STORY

O AMOR E A BELEZA INTERIOR DA BELLA Y LA BESTIA

E O SOÑO POR CONSEGUIR UN MUNDO IDEAL A TRAVÉS DE ALADÍN.

TAMÉN VISITOUNOS IVÁN ,UNHA PERSONAXE QUE XA CONECÍAMOS DE ANOS ANTERIORES E QUE QUIXO TOCARNOS UNHA MÚSICA DO SEU PAÍS, UN VALS RUSO.



E ESCOITAMOS COMO SOA A CANCIÓN EN MI CARA REDONDITA CON ESTOS TRES INSTRUMENTOS MUSICAIS.


CANTA MÚSICA CHULA, GUSTOUNOS UN MONTÓN!!!

MOITAS GRAZAS!!!


luns, 8 de maio de 2017

"TREBELLOS",MÚSICA E DIVERSIÓN

NON PODÍAMOS COMEZAR MELLOR A SEMANA, NON SÓ CO DÍA DE BREAMO, SENÓN QUE ADEMAIS TIVEMOS A SORTE DE TER EN PRIMICIA AO GRUPO "TREBELLOS" QUE COA SÚA MÚSICA E DIVERSIÓN QUIXERON PASAR UN RATO COAS XOANIÑAS E OS CICLISTAS, E MENUDO RATO MÁIS DIVERTIDO!!!



ENSINÁRONNOS OS SEUS INSTRUMENTOS 

MIGUEL,BAIXO




JORGE, GUITARRA

YOANA, VOZ

LUÍS...O DE LÚÍS NON SABEMOS MOI BEN COMO DEFINILO, DEIXEMOLO EN ANIMADOR,PRESENTADOR,MAGO E HOME MULTIFUNCIÓNS.



TAMÉN NOS ENSINARON O QUE É A POESÍA E DESPOIS DE RECITAR ALGUNHA DELAS LLES PUXERON MÚSICA E VOZ, E NON SOABAN NADA MAL. A TRAVÉS DELAS BUSCAMOS FORMAS NAS NUBES DO CEO,XUNTO COS ANIMAIS PROTESTAMOS EN CONTRA DA DEFORESTACIÓN DAS NOSAS FRAGAS E TAMÉN COÑECEMOS A UN EXTRATERRESTRE.
TEMOS QUE APRENDELAS NÓS COA AXUDA DE MARA,NOA E LÚA E CANTALAS TODOS/AS XUNTOS/AS.







NORABOA POLO TREMENDO TRABALLO FEITO E MOITAS GRAZAS POR QUERER COMPARTILO CON NÓS.SEMPRE QUE PRECISEDES PÚBLICO XA SABEDES ONDE ATOPARNOS.