GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2020

Manualidades

Hola familias, Como levades o encerro?xa levamos medio Camiño andado (esperemos) xa queda menos para volver á normalidade, pero mentres tanto podedes seguir pasando estos momentos en familia un pouco máis entretidos.
Vos deixo unha chea de manualidades para facer con distintos materias, malo será que algunha idea non se vos adapte.
Picade na imaxe para acceder. 
Moito ánimo! 💪


venres, 1 de febreiro de 2019

O inverno de...

Hoxe nos convertemos en auténtic@s artistas e fixemos o noso propio cadro invernal empregando acuarelas,ao igual que fixo Kandinsky.

O inverno de kandinsky



Os nosos quedaron moitísimo mellor.

O inverno de DIEGO
O inverno de LOLA
 
O inverno deVÍCTOR
O inverno de ÁLVARO

O inverno de XABI

O inverno de MARTÍN
O inverno de EREA

O inverno de MOHAMED
O inverno deXOEL
O inverno de MATHÍAS
O inverno de PAULA
O inverno de MAURO
O inverno de INÉS
O inverno de DANIELE
O inverno de RAÚL
O inverno de ÁLEX


venres, 25 de xaneiro de 2019

Decoración de inverno

Canto estamos a traballar nestos días. Entre proxecto, inverno, ensaios do día da paz, visita á biblioteca e manualidades varias non temos tempo a moito máis.
Ollade o decoradiño que nos quedou o noso corredor coas creacións invernais que fixemos.
Picamos, estampamos, pintamos, troquelamos e pegamos, un montón de técnicas recollidas nun único traballo.





 





domingo, 18 de novembro de 2018

Facemos papel

Despois de viaxar a Roma e descubrir os seus encantos, agora estamos visitando China. Un dos seus inventos máis coñecidos e importantes foi o papel así que xunto cos peixiños quixemos converternos en "inventores" e crear o noso propio papel.
Primeiro cortamos en anaquiños pequenos as follas dos xornais.




Empregamos a licuadora para desfacelos.



Metemos a masa en auga.


Axudados por un anaco de tela lle sacamos a auga co rodillo.



E só queda esperar que seque a nosa folla.

Canto traballo da o facer papel, e que ben o pasamos! 

mércores, 25 de abril de 2018

PINTAMOS CON IOGUR

A técnica plástica que utilizamos esta semana foi pintar con iogur!! ao principio pareceunos algo moi raro... pero empezamos a experimentar.! Botámoslle colorante alimenticio de diferentes cores e este foi o resultado! Agardamos ansiosos a próxima técnica!





xoves, 12 de abril de 2018

PINTAMOS CON CANICAS

Esta semana tocou pintar as cores do mar con canicas!!! unha experiencia moi divertida.

Estamos feitos uns artistas!!!