GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta NÚMEROS E MATEMÁTICAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NÚMEROS E MATEMÁTICAS. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xaneiro de 2020

Ponlle os puntos á xoaniña

Neste trimestre os números e as letras estarán moito máis presentes na aula. 
Hoxe, coñecimos un novo xogo que nos vai a axudar a contar e ir identificando grafía e cantidade.


Primeiro o fixemos en gran grupo.


E cando xa sabíamos como se xogaba, pasou a formar parte do recanto de lóxica.



venres, 13 de decembro de 2019

Recta numérica

Menudo lío que tiñamos montado hoxe na clase. Números por todas partes e ainda por riba todos desordenados. Menos mal que axudamos á profe a poñelos cada un no seu lugar.

Primeiro buscamos o número e a parte da alfombra onde encaixaba.




Despois ordenamos os números do 1 ao 10



E por último... Saltamos de número en número contando ata o 10. Algún quixemos ir taaan rápido que se nos esqueceron varios números polo camiño pero seguro que coa práctica pronto os recordamos.
A saltar!















mércores, 6 de novembro de 2019

Matemáticas divertidas

Seguimos traballando os conceptos básicos.
Máis ca min, menos ca min




Identificamos, diferenciamos e trazamos de diferentes xeitos o número 1.

Camiñamos sobre o número debuxado no Chan. 


O trazamos con xiz e o borramos cun pincel e auga. 


O localizamos e diferenciamos entre outros números.




luns, 21 de outubro de 2019

Series e números terroríficos

Esta semana, no recato de lóxica temos dúas novas proposta de actividades.

Facer series de dous elementos (algún/a nos atrevemos ata con 3)




E contar ata 10 dunha maneira diferente. Por quendas íamos tirando o dado e poñendo tantos aneis como puntos nos indicaba. "Gañaba" o primeiro en completar as dúas mans.


venres, 18 de outubro de 2019

Conceptos básicos

Seguimos avanzando e traballando conceptos básicos con actividades manipulativas.

Cores.



Cuantificadores. Moitos/pouco. Ningún.



Arriba/abaixo. 



Dentro/fóra. 







Longo/curto ou alto/baixo facendo torres cos policubos. 


Exercitamos a lóxica buscando parellas de figura e sombra. 


E imaxinamos construccións e torres con materiais diversos. Menudo equilibrio! 





Tamén temos tempo para xogar na PDI e aprender a esperar a nosa quenda. 



E para coñecer e diferenciar as iniciais dos nosos nomes. 






mércores, 29 de maio de 2019

Representamos números

Xa sabemos recoñecer e representar os números non só coa grafía e é que os números están por todas partes!