GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Onte foi un día de moitas emocións, despois dun trimestre atípico esperábamos con moitas ganas a chegada das tan ansiadas vacacións de nadal. Recibimos a visita da carteira real, que recolleu as nosas cartas para que chegaran ao seu destino sen problema, e vimos o resultado do festival de nadal que fixemos co profe Miguel e que queremos compartir con todos/as vós. Esperamos que disfrutedes da nosa actuación. Podedes ver o festival completo na páxina web do centro.

Agora a descansar e disfrutar do tempo de nadal en familia. A clase dos erizos ao  completo esperamos que o novo ano sexa moito mellor que o que se acaba e que chegue cargadiño de moita saúde para todos/as. FELICES FESTAS.



xoves, 19 de decembro de 2019

Visita do cartero real

Menuda sorpresa levamos hoxe cando vimos que onde a árbore de nadal que decoramos o outro día coas bolas do mundo, había un trono real. Quen viría a visitarnos?
Pronto saímos de dúbidas. O cartero real chegou dende ben lonxe para recoller as nosas cartas cheiñas de desexos.



 Non nos puidemos resistir a comer os caramelos que nos deu.



martes, 3 de decembro de 2019

Mes Navideño

Xa comezou o mes que máis nos gusta. Por que será? Na clase xa puxemos a árbore de nadal. A decoramos tod@s xuntos coa canción "El abeto está vacío" e así de bonito nos quedou.




Ademais temos un calendario no que cada día o encargad@ ten que buscar o seu número de lista e abrir o caixón para ver qué agasallo lle tocou. Estamos moi ilusionad@s!

luns, 17 de decembro de 2018

Árbore de nadal

Un ano máis os nenos e nenas de infantil construímos unha árbore de nadal cooperativa entre tódalas familias. Nesta ocasión o motivo elexido foi a galleta de xenxibre que decoramos na casa e quedaron así de fermosas.

luns, 8 de xaneiro de 2018

SEGUNDO TRIMESTRE

E CHEGOU O MOMENTO DE VOLVER AO COLE DESPOIS DE TAAANTOS DÍAS DE DESCANSO.COMEZAMOS UN NOVO TRIMESTRE,UN NOVO ANO, UNHA NOVA ESTACIÓN, UN NOVO MES... E MENUDA SORPRESA LEVAMOS AO CHEGAR PORQUE TAMÉN ESTREAMOS OS XOGUETES QUE NOS DEIXARON OS REIS PARA COMPARTIR.






ADEMAIS XABI ESTIVO DE VIAXE EN LANZAROTE E QUIXO ENSINARNOS COMO SON A AREA DA PRAIA E AS PEDRAS NAS ILLAS CANARIAS E CAL É O MOTIVO DESTA COUSA TAN RARA.PARECE QUE É CULPA DO VOLCÁN QUE BOTA LAVA E CANDO SE ENFRÍA...



BENVIDOS DE NOVO E FELIZ ANO A TODOS/AS!!! 


xoves, 21 de decembro de 2017

Nadal 2017

Hoxe foi un día moi especial para os mouchos.O noso primeiro nadal no cole de maiores.
Ensaiamos moitísimo para que as actuacións saíran tan ben como o fixeron, vestidos/as de auténticos bonecos de neve actuamos como verdadeiros artistas enriba do escenario.
  




Despois da actuación tocou photocall navideño.








Tamén tivemos a visita dos paxes reais aos que lles entregamos as nosas cartas.












E por último...merendola co resto de compis de infantil.







Pasade unhas estupendas vacacións e felices festas a tod@s!!! vémonos o ano que ven.
Nos próximos días estará dispoñible o video das actuacións.