GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PLASTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLASTICA. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de decembro de 2019

Creacións con pedras

Esta semana, no recanto de arte, estamos a facer creacións como as de Lain Blake que empregaba peedras para as súas obras.



E nós seguindo co traballo do esquema corporal fixemos personas do máis orixinais. 
 Algún preferíu facer coellos ou torres. A nosa imaxinación non ten límites!




martes, 29 de outubro de 2019

Inventamos monstruos

No desdobre de hoxe, inventamos uns monstruos moi simpáticos. Eleximos a forma que queríamos para o corpo e a  boca, cantos ollos, pelos, pernas e brazos terían e o montamos cada un como o imaxinaba. O resultado foi moitísimo mellor do esperado e é que estamos feitos uns artistas!




venres, 25 de outubro de 2019

Monstruos de samain

Achégase a data de celebrar o día das bruxas, pantasmas e vampiros e no cole fixemos uns terroríficos monstruos empregando a técnica do sorpido.



Que difícil!


mércores, 29 de maio de 2019

pintamos con "8 patas"

Hoxe coñecemos a Lucy, a araña que pensaba que se podía cambiar o destino e así o fixo.

 
 E nós quixemos imitala e pintar como ela, con 8 patas.Que cadros máis chulos fixemos e que difícil pintar con tantos dedos á vez!!








martes, 7 de maio de 2019

A dibujar!!!

Que ben o pasamos hoxe con ¡A DIBUJAR! de Hervé Tullet.Por parellas sacamos dúas tarxetas. Unha nos dicía o que tiñamos que debuxar e a outra como facelo. No caso de que nos saíra a tarxeta de dado nos indicaba o número de veces que tiñamos que facer o debuxo e a cor do mesmo.

 
 









Que difícil debuxar cos ollos pechados!!!

Este foi o resultado.







martes, 26 de marzo de 2019

Primavera

Chegou a primavera a aula dos mouchos, e o fixo da maneira máis divertida; cos talleres de arte de Hervé Tullet onde seguindo as pautas que nos ían dando creamos entre todos/as (e por quendas) un campo de flores moi colorido.
Debuxamos puntos e círculos de diferentes tamaños, manchas, puntos dentro de círculos e doutros puntos...






E finalmente engadimos os detalles que consideramos necesarios para que fose un verdadeiro xardín.


luns, 15 de outubro de 2018

Pintamos con espaguettis

Quen dixo que coa comida non se xoga?neste caso nós comezamos o mes de outubro pintando con espaguettis e o pasamos xenial .Este curso estamos inmersos nun proxecto delicioso sobre alimentación e os nenos e nenas de catro anos estamos a coñecer o mundo a través da súa gastronomía. Comezamos por Italia e a súa famosa pasta. Este PDI estanos encantando!!!ollade menudas obras de arte nos saíron.






mércores, 25 de abril de 2018

PINTAMOS CON IOGUR

A técnica plástica que utilizamos esta semana foi pintar con iogur!! ao principio pareceunos algo moi raro... pero empezamos a experimentar.! Botámoslle colorante alimenticio de diferentes cores e este foi o resultado! Agardamos ansiosos a próxima técnica!