GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PRIMAVERA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PRIMAVERA. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de marzo de 2019

Primavera

Chegou a primavera a aula dos mouchos, e o fixo da maneira máis divertida; cos talleres de arte de Hervé Tullet onde seguindo as pautas que nos ían dando creamos entre todos/as (e por quendas) un campo de flores moi colorido.
Debuxamos puntos e círculos de diferentes tamaños, manchas, puntos dentro de círculos e doutros puntos...






E finalmente engadimos os detalles que consideramos necesarios para que fose un verdadeiro xardín.


venres, 28 de abril de 2017

MAIOS 2017

Hoxe celebramos o día dos Maios no cole.
cantas cousas fixemos e aprendemos!!
Este ano como somos os maiores tocounos facer unha guirnalda de margaridas.
Primeiro cortamos os talos e despois as cosimos e metemos pola tanza.

















Tamén axudamos ás profes a clasificar tódalas prantas e flores que trouxemos e aprendimos os seus nomes.Calas,margaridas,camelias...









Por último xa coa guirnalda fomos  levala para colocar no noso maio que unha vez máis fixeron as nosas familias,menuda sorpresa que non era un só senón que había dous maios!!!así que un o sacamos as xoaniñas e outro os ciclistas.
Moitas grazas pola axuda.






Só nos quedaba saír o patio dos maiores e desfilar cos noso maio,como pesaba!!!despois por niveis cantamos a canción o redor del.










Como nos gustan as festas!!!!

Recordade que o próximo martes tampouco haberá clase.