GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "CONOCEMOS NUESTRO CUERPO". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO "CONOCEMOS NUESTRO CUERPO". Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de marzo de 2019

O corpo

Seguimos aprendendo cousas sobre o noso corpo.Onte co conto de Aquiles e hoxe con Xoel e a súa camiseta máxica!!!

Para elo ademáis contamos co esqueleto Manolo como axudante, que mellor que ver as cousas directamente?
Que é o esqueleto?
-Está dentro de la carne (Inés)
- Es una persona que le sacaron la piel (Diego)
-Lo mataron (Martín)
-No tiene ojos (Paula)

Para que serve o esqueleto?

-Para dar miedo (Mauro)
-Para disfrazarlo (Iria)
-Para dar sustos (Diego)
-Para saber cuantas partes tenemos (Víctor)
-Para aguantar la pìel (Xoel)
-Para andar (Raúl)
-Para que no estemos blandos (Mauro)
-Para proteger el corazón (Xabi)
-Para evitar que nos caigamos (Víctor)
-Sin esqueleto no nos podríamos agachar(Diego)

que son e para que serven os músculos?

-Lo que es fuerte (Mauro)
-Para golpear a los malos(Raúl)
-Para estar fortes (Erea)
-Para tapar lo malo (Mathías)

Onde está o cerebro e para que serve?

-Es para pensar y cuando piensas algo lo dices (Inés)
-Está en la cabeza (África)

e despois de falar sobre os ósos, músculos, cerebro, corazón,pulmóns e órganos en xeral...

Os vimos na camiseta de Xoel.



Cantas cousas aprendemos!!!!

xoves, 8 de maio de 2014

O TACTO

HOXE COMPROBAMOS A IMPORTANCIA QUE TEN O SENTIDO DA VISTA.
É MOI DIFÍCIL SABER DE QUE COR SON AS COUSAS OU PARA QUE SERVEN SE NON PODEMOS VELAS.
COS OLLOS TAPADOS E EMPREGANDO O SENTIDO DO TACTO INTENTAMOS DESCRIBIR OBXECTOS E ADIVIÑAR DE QUE SE TRATABA.
AS FORMAS E AS TEXTURAS SON DOADAS DE RECOÑECER PERO AS CORES IMPOSIBLE!!!














mércores, 7 de maio de 2014

OS OLLOS

GRAZAS OS OLLOS PODEMOS VER O MUNDO QUE NOS RODEA E EXPRESAR MOITAS COUSAS.
APRENDIMOS QUE OS OLLOS ESTÁN PROTEXIDOS POLOS PÁRPADOS E AS PESTANAS, QUE AS BÁGOAS TAMÉN SERVEN PARA LIMPALOS E QUE SE DIVIDEN EN VÁRIAS PARTES.CÓRNEA, RETINA, IRIS, CRISTALINO, PUPILA...
DENTRO DO OLLO TAMÉN TEMOS VEAS!!! 





martes, 8 de abril de 2014

DENTRO DA BOCA

HOXE FIXEMOS UN NOVO EXPERIMENTO EMPREGANDO AS PLACAS PETRI.

POR QUE TEMOS QUE LAVAR OS DENTES DESPOIS DE COMER?

-PORQUE NOS MANCHAMOS CUANDO MASTICAMOS (NICO).
-PORQUE SI NO LAVAMOS LAS MANOS NOS SALEN MÁS BICHOS (SOFÍA).
-PORQUE SE NOS PUDREN LOS DIENTES(NOA).
-PORQUE ESTÁN SUCIOS PORQUE LAVAMOS LAS MANOS Y FROTAMOS (HUGO P.)
-PORQUE SI NO NOS ENSUCIAMOS (HUGO M.)
- PORQUE SI NO NOS ENSUCIAMOS LA ROPA(LEIRE P.)
-PORQUE SI NOS ENSUCIAMOS DESPUÉS NOS TENEMOS QUE LAVAR (LEIRE G).
-PORQUE NOS ENSUCIAMOS LOS ZAPATOS (AINHOA).
-PORQUE NOS SALEN MUCHOS BICHOS Y TENEMOS QUE IR OTRA VEZ AL DENTISTA(SOFÍA).
-PORQUE SI NOS LAVAMOS LAS MANOS Y ANDAMOS OTRA VEZ POR EL SUELO NOS SALEN MÁS BICHOS Y MÁS Y MÁS (NOA).
-PORQUE NOS ENSUCIAMOS LA ROPA Y DESPUÉS NOS MANCHAMOS(NICO).
 
NESTA OCASIÓN NICO E HUGO PEREIRA PASARON UN BASTONCIÑO POR DENTRO DA SÚA BOCA E POSTERIORMENTE O PASAMOS POR UN LADO DA PLACA QUE PREVIAMENTE DIVIDIMOS EN DUAS PARTES. NO OUTRO LADO FIXEMOS O MESMO PERO LLE BOTAMOS PASTA DE DENTES POR ENCIMA.

AGORA TOCA ESPERAR PARA VER O QUE SUCEDE.





luns, 7 de abril de 2014

DESCUBRINDO BACTERIAS E HONGOS

HOXE PUIDEMOS COMPROBAR O RESULTADO DOS EXPERIMENTOS FEITOS A SEMANA PASADA COAS PLACAS PETRI QUE NOS REGALOU MARIANO.

 HONGOS
 BACTERIAS.

 DESPOIS DE VER O QUE PASOU, FALAMOS SOBRE A IMPORTANCIA DE LAVAR BEN AS MANS E NON METELAS NA BOCA PORQUE AÍNDA QUE NON OS VEXAMOS, ESTAMOS RODEADOS DE UN MONTÓN DE MICROORGANISMOS MICROSCÓPICOS.
 MIRANDO A TRAVÉS DO MICROSCOPIO PUIDEMOS VER MOITO MELLOR AS BACTERÍAS E OS HONGOS.


 E ATA CONVIDAMOS A VER O RESULTADO OS NOSOS COMPAÑEIROS DE 3º.

SEGUIRMEOS INVESTIGANDO!!

venres, 4 de abril de 2014

MANS LIMPAS II

POR QUE TEMOS QUE LAVAR AS MANS?

-PORQUE ESTÁN SUCIAS (NOELIA).
-PORQUE ANDAMOS CON LA PLASTI (HUGO P.)
-PORQUE NOS SALEN BICHITOS (SOFÍA).
-PORQUE NOS SALEN BICHITOS Y TENEMOS GÉRMENES (NOA).
-PORQUE COMEMOS (HUGO M.)
-PORQUE VAMOS AL MONTE Y NOS ENSUCIAMOS (NICO).
-PORQUE ANDAMOS POR EL SUELO Y NOS ENSUCIAMOS( NOA).
-PORQUE NOS SALE GRASA EN LAS MANOS (SOFÍA).
-PORQUE ANDAMOS EN CHARCOS (HUGO P.)
-PORQUE CUANDO COCINAMOS CON ACEITE Y SE NOS CAE EN LA MANO, TENEMOS QUE LAVARLO CON JABÓN(NOA).

HAI VIDA NAS NOSAS MANS?

- HAI ROTULADOR (NOELIA)
-BICHITOS (NOA).
-VENAS (SOFÍA).
PORQUE NOS SALE SANGRE (HUGO M.)

PODEMOS COMER COAS MANS SUCIAS?

-NO PORQUE NOS MANCHAMOS (NOELIA)
-PORQUE NOS MANCHAMOS LA ROPA (HUGO M.)
-PORQUE MANCHAMOS EL TENEDOR Y LA CUCHARA (SOFÍA).
-PORQUE SI TOCAMOS A LAS LÁMPARAS SE ENSUCIAN (LEIRE P).



 
 

mércores, 2 de abril de 2014

MANS LIMPAS

GRAZAS A MARIANO, O PAPÁ DE NOA, PUIDEMOS CONTINUAR FACENDO UNS INTERESANTES EXPERIMENTOS QUE SEGURO NOS SON DE GRANDE AXUDA.
LEIRE P. PASOU O SEU DEDO ÍNDICE POLO CHAN E MARCOU A SÚA PEGADA NUNHA PLACA PETRI QUE CONTIÑA AGAR TRIPTONA SOYA(TSA).
DESEGUIDO LAVOU AS MANS ELA SOA E SEN EMPREGAR XABRÓN  VOLVEU  FACER O MESMO, E POR ÚLTIMO LAVOU A MAN CON AXUDA E XABRÓN. PECHAMOS A PLACA E ESPERAREMOS UNS DÍAS PARA VER QUE SUCEDE.




A NOSA COMPAÑEIRA DARI FIXO ALGO PARECIDO, PERO EN LUGAR DE PASAR A MAN POLO CHAN, A PASOU POLA MESA ONDE TRABALLAMOS.



NESTA OCASIÓN EMPREGAMOS UNHA PLACA PETRI QUE CONTÉN  AGAR SABOURAUD.

ESTAMOS IMPACIENTES POR SABER QUE VAI A PASAR!!!

luns, 31 de marzo de 2014

SOMOS MAMÍFEROS

HOXE CONTINUAMOS APRENDENDO COUSAS SOBRE O CORPO E NÓS MESMOS.
SABÍAMOS QUE NACEMOS DA BARRIGA DE MAMÁ E DECUBRIMOS COMO ÍMOS CRECENDO DENTRO DELA ATA CHEGAR A SER UN BEBÉ COMPLETAMENTE FORMADO E COMO NOS ALIMENTAMOS ALÍ DENTRO.


OS CONTOS QUE EMPREGAMOS PARA APRENDER TODO ISTO E MOITAS COUSAS MÁIS FÓRON:

 



 

TAMÉN FIXEMOS SECUENCIAS TEMPORAIS COA FORMACIÓN DO FETO.


martes, 25 de marzo de 2014

APARATO CIRCULATORIO

ASÍ DE BEN NOS QUEDOU O APARATO CIRCULATORIO, ONDE O CORAZÓN É O VERDADEIRO PROTAGONISTA; XA QUE BOMBEA O SANGUE POR TODO O NOSO CORPO A TRAVÉS DAS VEAS E AS ARTERIAS.




APARATO DIXESTIVO

HOXE APRENDIMOS O PERCORRIDO QUE OS ALIMENTOS FAN POLO NOSO CORPO.
ENTRA POLA BOCA ONDE OS DENTES O TRITURAN, MESTÚRASE COA SALIVA E BAIXA POLO ESÓFAGO,CHEGA O ESTÓMAGO E COMA SE FOSE UNHA LAVADORA MESTÚRASE COS XUGOS GÁSTRICOS.DENDE AQUÍ VAI O INTESTINO DELGADO QUE SELECCIONA AS VITAMINAS, PROTEINAS... E ELIMINA  OS RESIDUOS MANDANDOOS O INTESTINO GROSO SAÍNDO POSTERIORMENTE POLO ANO.