GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO AS FRAGAS DO EUME. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO AS FRAGAS DO EUME. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de maio de 2017

A LENDA DO RÍO EUME

HOXE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL REPRESENTAMOS PARA OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS "A LENDA DO RÍO EUME" PARA O QUE PREVIAMENTE FIXEMOS OS DECORADOS POR NIVEIS.


 
 

CONTAN EN PONTEDEUME QUE HAI MOITOS,MOITOS ANOS,NACERON TRES RÍOS NA SERRA DO XISTRAL.O SOR,O LANDRO E O EUME.

 

OS TRES TIÑAN MOITAS GANAS DE CHEGAR AO MAR,PORQUE O PRIMEIRO EN FACELO TERÍA COMO RECOMPENSA, UN GRAN TESOURO DE PEIXES.
COMO OS TRES ERAN AMIGOS,ACORDARON PARTIR XUNTOS,CHEGAR AO MESMO TEMPO E COMPARTIR O PREMIO.
Á NOITIÑA XA CANSOS,DECIDIRON BOTAR UNHA SONECA.

 
 
DE SÚPETO,APARECEU ANTUBEL, A DEUSA CELTA DAS AUGAS DURMIDAS E ESPERTOU AO SOR,CONVENCÉNDOO PARA QUE DEIXARA AOS SEUS AMIGOS E CORRERA CARA O MAR. 
 

CANDO O SOR MARCHOU, ANTUBEL FIXO O MESMO CO LANDRO.E O LANDRO MARCHOU.

 
CANDO ESPERTOU O EUME E VIU QUE OS OUTROS RÍOS MARCHARAN SEN EL,PEDIULLE AXUDA A ENDOVÉLICO,DEUS DA LUZ.
O EUME, VELOZ E SEN DESCANSO DURANTE CASE 100 QUILÓMETROS, CHEGOU O PRIMEIRO DOS TRES AO OCÉANO,PASANDO POLA NOSA VILA E DEIXANDO AO SEU PASO AS FERMOSAS FRAGAS QUE COÑECEMOS,CHEÍÑAS DE ÁRBORES E PEIXES.
 


luns, 8 de maio de 2017

"TREBELLOS",MÚSICA E DIVERSIÓN

NON PODÍAMOS COMEZAR MELLOR A SEMANA, NON SÓ CO DÍA DE BREAMO, SENÓN QUE ADEMAIS TIVEMOS A SORTE DE TER EN PRIMICIA AO GRUPO "TREBELLOS" QUE COA SÚA MÚSICA E DIVERSIÓN QUIXERON PASAR UN RATO COAS XOANIÑAS E OS CICLISTAS, E MENUDO RATO MÁIS DIVERTIDO!!!



ENSINÁRONNOS OS SEUS INSTRUMENTOS 

MIGUEL,BAIXO




JORGE, GUITARRA

YOANA, VOZ

LUÍS...O DE LÚÍS NON SABEMOS MOI BEN COMO DEFINILO, DEIXEMOLO EN ANIMADOR,PRESENTADOR,MAGO E HOME MULTIFUNCIÓNS.



TAMÉN NOS ENSINARON O QUE É A POESÍA E DESPOIS DE RECITAR ALGUNHA DELAS LLES PUXERON MÚSICA E VOZ, E NON SOABAN NADA MAL. A TRAVÉS DELAS BUSCAMOS FORMAS NAS NUBES DO CEO,XUNTO COS ANIMAIS PROTESTAMOS EN CONTRA DA DEFORESTACIÓN DAS NOSAS FRAGAS E TAMÉN COÑECEMOS A UN EXTRATERRESTRE.
TEMOS QUE APRENDELAS NÓS COA AXUDA DE MARA,NOA E LÚA E CANTALAS TODOS/AS XUNTOS/AS.







NORABOA POLO TREMENDO TRABALLO FEITO E MOITAS GRAZAS POR QUERER COMPARTILO CON NÓS.SEMPRE QUE PRECISEDES PÚBLICO XA SABEDES ONDE ATOPARNOS.



venres, 21 de abril de 2017

AS FRAGAS

Seguimos neste novo trimestre investigando e aprendendo moitas cousas sobre as nosas fragas como onde se atopan,que hai diversos animaliños,moitas árbores como o castiñeiro e o carballo e uns fentos moi pero que moi antigos,da era dos dinosauros!!!chamados woodwardia,tamén aprendemos cousas sobre o río Eume.Ademais coa profe Marga e o seu álbum bilingüe convertémonos en exploradores e aprendemos tamén moitas cousas en inglés relacionadas coas fragas.

 
Xunto cos ciclistas fixemos un decorado moi chulo para unha actividade que temos prevista o finalizar o proxecto.Mentres tanto, como quedou tan ben, llo deixamos aos compas como decoración para o día do teatro.




mércores, 15 de marzo de 2017

AS FRAGAS

NESTE TRIMESTRE NOS METEMOS DE CHEO NAS FRAGAS DO EUME CUN PEQUENO PROXECTO SOBRE ELAS.

QUE SABEMOS?

-HAY UN RÍO (YERAY)
-HAY MUCHOS PECES (RUBÉN)
-HAY UN PUENTE (MARTA)
-HAY MUCHOS ÁRBOLES (HUGO)
-PUEDE HABER COCODRILOS (SANTI)
-HAY CASCADAS (THIAGO)
-VAN PESCADORES (IAGO)
-HAY UN PUENTE QUE SE MUEVE (LÚA)
-ESO SE LLAMA PUENTE COLGANTE (YERAY)
-EL PUENTE ES DE MADERA (DANIELA)
-HAY MUY BUENAS VISTAS (YERAY)
-HAY MUCHAS HOJAS POR EL SUELO(HUGO)
-ANTES HABÍA ONJES (MARTA)
-HAY ALGO PARA COMER (CANDELA)
-HAY FRUTOS SECOS (YERAY)
-ARRIBA HAY UN BAR(LÚA)
-HAY UN REMOLINO (THIAGO)
-FUERON LOS BOMBEROS PORQUE HUBO UN INCENDIO (IAGO)
-PUEDEN IR LOS "HACHADORES" A CORTAR ÁRBOLES (DANI)
-EL AGUA DEL RÍO ESTÁ FRÍA (SANTI)
-HAY MUCHAS ROCAS (RUBÉN)
-EL PUENTE POR DEBAJO ESTÁ DE LADRILLOS(HUGO)
-EN UN SITIO DEL RÍO EUME HAY MORCEGOS (IAGO)
-TAMBIÉN HAY PATOS (RUBÉN)
-HAY UN MONASTERIO (MARTA)
-HAY BICHOS (DANI)

QUE QUEREMOS SABER?
 -QUE ES UNA FRAGA?(IAGO)
-QUE HAY EN LAS FRAGAS ÁRBOLES,ANIMALES...?
-PORQUE HUBO UN INCENDIO? (IAGO)
-PORQUE UN NIÑO SE METIÓ EN UN ÁRBOL? (DANI)
-PORQUE EL AGUA ESTÁ TAN FRÍA(RUBÉN)
-PORQUE HAY TANTAS HOJAS ?(THIAGO)
-PORQUE HAY MORCEGOS? (IAGO)
-DONDE ESTÁN LAS FRAGAS?(DANIELA)
-PORQUE HAY TANTOS ÁRBOLES? (MARTA)
-PORQUE VAN LOS LEÑADORES? (DANIELA)
-PORQUE HAY UN REMOLINO EN EL RÍO?(THIAGO)
-PORQUE HAY TANTOS BICHOS?(DANI)
-PORQUE HABÍA MONJES Y YA NO? (IAGO)
-PORQUE HAY TANTAS MESAS PARA COMER?(CANDELA)
-PORQUE HAY UN MONASTERIO?(IAGO)
-PORQUE HAY UN PUENTE COLGANTE (MARTA)

CARLOS, BIÓLOGO E TRABALLADOR NAS FRAGAS VEU O COLE A CONTARNOS UN POUCO O QUE PODEMOS VER NELAS E CONTESTAR AS NOSAS PREGUNTAS.NAS FRAGAS HAI NUTRIAS, MARTAS,XABARÍNS,LOBOS,INSECTOS... A ÁRBORE MÁIS NUMEROSA É O CASTIÑEIRO E A AUGA ESTÁ TAN FRÍA PORQUE VEN DAS MONTAÑAS.

 

SE TEDES ALGUNHA INFORMACIÓN,CONTO,OBXECTO...RELACIONADO COAS FRAGAS PODEDES COMPARTILO CON NÓS.