GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ESPACIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ESPACIO. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de marzo de 2013

CONSTELACIÓNS

HOXE UNHA COMPAÑEIRA DE 4º QUIXO CONVIDARNOS A VER AS CONSTELACIÓNS NO TEITO DO NOSO FALADOIRO GRAZAS A UNHA BOLA MOI ESPECIAL QUE TROUXO DA CASA.
RECORDAMOS AS CONSTELACIÓNS DOS NOSOS HORÓSCOPOS E ALGUNHA OUTRA QUE TAMÉN APRENDIMOS (CASIOPEA, PEGASO, OSA MAIOR E MENOR...)

martes, 5 de marzo de 2013

COMPARTIMOS INFORMACIÓN COS COMPAÑEIR@S

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, OS NENOS/AS DE 4º ACUDIRON A NÓS PARA PREGUNTARNOS COUSAS DO ESPACIO, E A VERDADE É QUE AÍNDA QUE XA PASOU CERTO TEMPO DENDE QUE FINALIZAMOS O NOSO PROXECTO, POIDEMOS RECORDAR MOITAS DAS COUSAS APRENDIDAS. ESPERAMOS QUE A NOSA AXUDA SERVIRA DE ALGO.

mércores, 6 de febreiro de 2013

FIN DO PROXECTO

XA PODEMOS DAR POR FINALIZADO O NOSO PRIMEIRO PROXECTO DO CURSO, O ESPAZO; GRAZAS O CAL APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS.


 
 E DESPEGAMOS CARA UN NOVO TEMA!!!

xoves, 24 de xaneiro de 2013

EXPERIMENTANDO CO UNIVERSO

SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES PARA INVESTIGAR O UNIVERSO. XA COÑECEMOS OS PLANETAS, AS CONSTELACIÓNS DO NOSO HORÓSCOPO, AS ESTRELAS E A SÚA VIDA E A LÚA E AS SÚAS FASES, PERO O QUE MÁIS NOS GUSTA É APRENDER TODAS ESTAS COUSAS CON XOGOS, CANCIÓNS E EXPERIMENTOS.


 BAILANDO A CANCIÓN DOS PLANETAS




DESCUBRINDO PORQUE A LÚA TEN ESAS MANCHAS NEGRAS NA SÚA SUPERFICIE COÑECIDAS COMO MAR DE LA TRANQUILIDAD Y LAGO DE LOS SUEÑOS. CULPA DOS METEORITOS!!!


COMPROBANDO O EFECTO DE ATRACCIÓN QUE TEN O SOL COS DISTINTOS PLANETAS.


IMITANDO O MOVEMENTO QUE FAI A LÚA ARREDOR DA TERRA E CON RESPECTO O SOL, O QUE FAI QUE A VEXAMOS CON DISTINTAS FORMAS.

xoves, 6 de decembro de 2012

COMPARTIMOS

SEGUIMOS INMERSOS NO NOSO PROXECTO DO ESPACIO, COMPARTINDO A INFORMACIÓN QUE XA SABEMOS COS NOSOS COMPAÑEIR@S DE INFANTIL.



"VIVENCIAMOS" O MOVEMENTO DA TERRA CON RESPECTO O SOL DESCUBRINDO PORQUE NUNS LUGARES DO MUNDO É DE NOITE CANDO NOUTROS É DE DÍA.


martes, 4 de decembro de 2012

ESTRELAS

E NOVAS ESTRELAS ESTÁN A CHEGAR A NOSA AULA, ESTA VEZ EN FORMA DE LUZ. E NOVAMENTE ACOMPAÑADA DUNHA CARTA QUE POR FIN RESOLVE O MISTERIO.




- "...UNAS COSITAS BRILLANTES QUE HACEN DESVARIAR A LOS SOÑADORES. ¡YO SOY UN HOMBRE SERIO Y NO TENGO TIEMPO DE DESVARIAR!
- ¡AH! ¿ESTRELLAS?".

sábado, 24 de novembro de 2012

PLANETAS

XA ESTÁN REMATADOS OS MURAIS DOS NOSOS PLANETAS, FOI UN TRABALLO COMPLICADO PERO MERECEU A PENA.



EN QUE ÓRBITA XIRAN, CAL E O MÁIS GRANDE E O MÁIS PEQUENO, AS SÚAS CORES,  A VELOCIDADE DE ROTACIÓN, A SÚA CORRESPONDENCIA COS DÍAS DA SEMANA, O DEUS QUE LLE DA NOME... SON ALGUNHAS DAS COUSAS QUE APRENDIMOS CON ESTE TRABALLO.

luns, 19 de novembro de 2012

PLANETAS

DESPOIS DE PEDIR INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS,( POR PARELLAS) DOS PLANETAS... QUEDÁBANOS IR Á BIBLIOTECA DO COLE PARA VER SE ATOPÁBAMOS ALGO INTERESANTE DO TEMA QUE ESTAMOS A TRABALLAR.


 
COLGAMOS O MÓVIL QUE A FAMILIA DE SOFÍA NÚÑEZ NOS ENVIOU. MOITAS GRAZAS!!!
 

E POR ÚLTIMO COMEZAMOS A FACER OS NOSOS MURAIS DOS PLANETAS POR EQUIPOS SACANDO A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE DE CADA UN.



 
 

xoves, 15 de novembro de 2012

SISTEMA SOLAR



UNHA VEZ QUE COÑECEMOS O NOME E A POSICIÓN DOS PLANETAS...

 
TOCA FACER CON DISTINTOS MATERIAIS O NOSO SISTEMA SOLAR, QUE QUEDOU ASÍ DE BEN.

 
O NOSO RECUNCHO DO PROXECTO EMPEZA A COLLER FORMA CON TODO O QUE NOS MANDADES.

martes, 13 de novembro de 2012

PROXECTO ESPACIO


XA ESTAMOS METIDOS DE CHEO NO NOSO PRIMEIRO PROXECTO ANUAL, DEIXAMOS DE LADO OS DINOSAUROS DO CURSO PASADO E ESTA VEZ CENTRÁMONOS NO ESPAZO.

O PRIMEIRO É PENSAR QUE COUSAS SABEMOS E A VERDADE É QUE NON SE NOS DEU NADA MAL, SABEMOS MOITAS MÁIS COUSAS DAS QUE CREMOS.




 
UNHA VEZ QUE TEMOS CLARO O QUE QUEREMOS SABER PEDIMOS AXUDA ÁS FAMILIAS QUE NOS ENVÍAN INFORMACIÓN, FOTOS E CONTOS TAN INTERESANTES COMO O QUE NOS DEIXA DESCUBRIR, COMO DUN TELESCOPIO SE TRATASE, OS DISTINTOS PLANETAS E DEMÁIS ELEMENTOS DO SISTEMA SOLAR.


ESTAMOS ENTUSIASMADOS!!!

 
 E COMO XA SABEMOS MOITAS COUSAS POÑÉMONOS MANS Á OBRA E A TRABALLAR!!!


 

sábado, 10 de novembro de 2012

QUÉ É?

Enseñé mi obra de arte a las personas mayores y les pregunté si mi dibujo les daba miedo.
-¿Por qué habría de asustar un sombrero? - me respondieron.

Mi dibujo no representaba un sombrero. Representaba una serpiente boa que digiere un elefante. Dibujé entonces el interior de la serpiente boa a fin de que las personas mayores pudieran comprender. Siempre estas personas tienen necesidad de explicaciones.
Las personas mayores me aconsejaron abandonar el dibujo de serpientes boas, ya fueran abiertas o cerradas, y poner más interés en la geografía, la historia, el cálculo y la gramática. De esta manera a la edad de seis años abandoné una magnífica carrera de pintor. Había quedado desilusionado por el fracaso de mis dibujos número 1 y número 2. Las personas mayores nunca pueden comprender algo por sí solas y es muy aburrido para los niños tener que darles una y otra vez explicaciones

 
ESTE CAPÍTULO DO PINCIPIÑO VALEUNOS PARA COMPROBAR POR NÓS MESMOS QUE NON SE EQUIVOCABA, QUE A MAIORIA DAS VECES AS PERSOAS MAIORES VEN NOS NOSOS DEBUXOS COUSAS TOTALMENTE DISTINTAS Ó QUE NÓS DEBUXAMOS. HIPOPÓTAMOS, COCODRILOS, POMBAS, CAMELLOS, GORROS DE DURMIR E UN LONGO ETC VIRON AS NOSAS FAMILIAS NOS DEBUXOS QUE FIXEMOS PARA ELES DA  BOA TRAGANDO UN ELEFANTE.
 
MOITAS GRAZAS POR COMPRATIR CON NÓS ESTA ACTIVIDADE!!!

O PRINCIPIÑO


O DÍA DE ONTE FOI UN POUCO DISTINTO ÓS DEMAIS.
CANDO CHEGAMOS A AULA DESCUBRIMOS CON SORPRESA QUE NA PIZARRA ONDE ESCRIBIMOS O NOME DO ENCARGADO, HABÍA UNHA ESTRELA,NON UNHA ESTRELA NORMAL, XA QUE ESTA TIÑA ESCRITA UNHA PALABRA QUE ENTRE TODOS DESCUBRIMOS TOBOGÁN. TOBOGÁN¿?¿ PERO E ISO QUE QUERE DICIR¿?¿
 -SERÁ QUE O OUTRO DÍA ALGÚN DOS NOSOS COMPAÑEIROS ROMPEU UN DOS QUE ESTÁN NO PATIO.
-COMO PARECE QUE VAI CHOVER PODE QUE ESTÉN MOLLADOS.
-SI, E NON PODEMOS XOGAR NELES NO RECREO.
- OU QUE TROUXERON OTRO NOVO MÁIS GRANDE .
- OU QUE TEMOS QUE IR A INVESTIGAR QUE É O QUE PASA NO TOBOGÁN!!!
ASI QUE SEN PENSALO DÚAS VECES ALÁ FOMOS.
PERO A COUSA COMPLICÁBASE XA QUE DEBAIXO DUN DOS TOBOGÁNS O QUE ATOPAMOS FOI OUTRA ESTRELA QUE NOS LEVABA A UNHA DAS PORTERÍAS, ISTO XA COMEZABA A SER UN MISTERIO COMO A NOSA COMPAÑEIRA LARA COMENTOU, PERO UN MISTERIO QUE NOS ENCANTABA.NA PORTERÍA, UNHA NOVA ESTRELA COA PALABRA COMEDOR E NESTE OUTRA QUE NOS DIRIXÍA Á BIBLIOTECA. E POR FIN ALÍ O NOSO TESOURO UN CONTO TITULADO "O PRINCIPIÑO" QUE COMEZAMOS A LER ILUSIONADOS. O NOSO PRIMEIRO LIBRO POR CAPÍTULOS, XA ESTAMOS DESEXANDO SABER COMO CONTINÚA A HISTORIA.