GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO XOANIÑAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO XOANIÑAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de novembro de 2015

INVASIÓN XOANIÑA II

E CHEGOU O DÍA DO TALLER DE MANUALIDADES.
GRAZAS A DANI E VERO, OS PAPÁS DE HUGO, HOXE TIVEMOS UN DÍA DO MÁIS ENTRETIDO.
FIXEMOS UNHA LIBRETA E UN LAPICERO DE XOANIÑAS PRECIOSOS!!
QUE ATAREFAD@S ESTIVEMOS RECORTANDO AS XOANIÑAS E AS SÚAS MANCHAS, BUSCANDO AS LETRAS DOS NOSOS NOMES, E ESPERANDO A NOSA QUENDA PARA PEGAR TODO.NON QUEDARON NADA MAL,NIN OS TRABALLIÑOS NIN NÓS QUE IMOS CHEÍÑOS DE PURPURINA POR TODO O CORPO.




 



MIL GRAZAS A VERO E DANI POR ORGANIZAR TODO E OFRECERNOS ESTA ACTIVIDADE QUE TANTO NOS GUSTOU.

luns, 25 de maio de 2015

XOANIÑAS

COMO NOS GUSTA A PRIMAVERA, NON SÓ MEDRAN AS NOSAS FLORES E PLANTACIÓNS SENÓN QUE NOS VISITAN DIARIAMENTE INSECTOS COMO AS BOLBORETAS E AS XOANIÑAS!! A PROFE ISABEL ACORDOUSE DE NÓS ESTA FIN DE SEMANA E NOS TROUXO UNHA XOANIÑA QUE ATOPOU POLO CAMPO.DESPOIS DE RECORDAR QUE COMEN, COMO NACEN E CALES SON AS SÚAS CORES E CARACTERÍSTICAS FUNDAMENTAIS A LEVAMOS O CAMPO PARA QUE VOLVERA COA SÚA FAMILIA OU AMIGOS; PARA ELO LLE CANTAMOS A CANCIÓN QUE NOS ENSINARA A AVOA DE MARTA PERO...ESTA XOANIÑA NON TIÑA MOITAS GANAS DE VOAR.




venres, 15 de maio de 2015

COLAR DE XOANIÑA

TEMOS UNHA MASCOTA QUE NOS DA MOITÍSIMO XOGO, CADA DÍA AS ATOPAMOS NALGÚN LUGAR DIFERENTE; CONTOS,DEBUXOS, COMPLEMENTOS DE NENOS/AS DOUTRAS CLASES... E NOS FAI MOITA ILUSIÓN. ASÍ QUE DECIDIMOS FACER UNHAS PARA PODER LEVALAS NO PESCOZO.
PARA ELO EMPREGAMOS PASTA DE MODELAR, DESA QUE ENDURECE O AIRE.

FIXEMOS UNHA BOLA NON MOI GRANDE.


A APLASTAMOS E LLE DEMOS FORMA.


E UNHA VEZ QUE SECOU A PINTAMOS DE VERMELLO E LLE FIXEMOS OS PUNTIÑOS CON MOITO COIDADO.



NON QUEDARON NADA MAL.





xoves, 11 de decembro de 2014

MARCAPÁXINAS

HOXE O NOSO COMPI HUGO E A SÚA FAMILIA SORPRENDÉRONNOS CUN AGASALLO MOI ESPECIAL.UNS MARCAPÁXINAS QUE NOS SERVIRON PARA FACER MOITAS COUSAS COMO IDENTIFICAR O NOSO NOME OU CONTAR ATA 16!!




E QUE CONTENT@S SAÍMOS UNHA VEZ MÁIS COAS NOSAS XOANIÑAS.
MOITAS GRAZAS HUGO!!!


mércores, 3 de decembro de 2014

DEBUXAMOS XOANIÑAS

AGORA XA PODEMOS DICIR QUE SOMOS UNS EXPERT@S EN XOANIÑAS.QUE COMEN, ONDE VIVEN, CALES SON OS SEUS INIMIGOS, AS SÚAS CORES, COMO NACEN E CRECEN, COMO É O SEU CORPO... E NON SÓ AS SABEMOS IDENTIDICAR SENON QUE TAMÉN AS DEBUXAMOS CON TODO LUXO DE DETALLES. 

 
 
 
 

 
 


mércores, 5 de novembro de 2014

XOANIÑAS OUTONAIS

MIRADE QUE XOANIÑAS MÁIS CHULAS FIXEMOS EMPREGANDO AS NOCES QUE TROUXERON VARIOS DOS NOSOS COMPIS O COLE.


GÚSTANOS MOITO PINTAR CON PINTURA DE DEDO E PINCEL!! E XA CASE DOMINAMOS A TÉCNICA DO PICADO.

martes, 14 de outubro de 2014

INVASIÓN DAS XOANIÑAS

NOS INVADEN AS XOANIÑAS, MIREMOS PARA ONDE MIREMOS AHÍ AS ATOPAMOS. XOANIÑAS FEITAS DE FIELTRO, GOMA EVA,CARTOLINA... XOANIÑAS GRANDES,MEDIANAS,PEQUENAS...XOANIÑAS DE PEGAR, PARA SALTAR, PARA TOCAR...CANTO TRABALLARON AS NOSAS FAMILIAS.MILLEIROS DE GRAZAS A TOD@S!!

XA QUEDOU MÁIS QUE CLARO QUE DEIXAMOS DE SER A CLASE DE 3 ANOS B PARA PASAR A SER A CLASE DAS XOANIÑAS.

ASÍ DE CHULAS NOS QUEDARON AS QUE FIXEMOS NO COLE.ESTAMOS MOI ORGULLOSOS POSTO QUE FOI O PRIMEIRO TRABALLO DE "MAIORES" QUE FIXEMOS E PODEMOS LEVAR PARA CASA. TEREMOS QUE BUSCAR UN BO LUGAR PARA COLOCALAS.



PRIMEIRO PICAMOS CON PUNZÓN AS ÁS, CON MOITO COIDADO DE NON MANCARNOS E DE NON SAIRNOS DA LIÑA.

DESPOIS PINTAMOS O ROLO DE CARTÓN E CO DEDO PINTOR MARCAMOS OS 7 PUNTOS QUE TEÑEN AS XOANIÑAS VERMELLAS.


POR ÚLTIMO MONTAMOS TODAS AS PARTES E... QUE CONTENT@S IAMOS CON ELAS!!

venres, 10 de outubro de 2014

COÑECEMOS MÁIS SOBRE AS XOANIÑAS

SEGUIMOS A INVESTIGAR UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE PEQUENO ANIÑALIÑO GRAZAS A TÓDALAS COUSIÑAS QUE TRAEMOS O COLE (SODES UNS ARTISTAS!!).
XA SABEMOS QUE COMEN PULGÓNS, QUE NACEN DE ÓVOS, QUE TEÑEN CATRO ÁS E QUE PODEN SER DE DIFERENTES CORES (LARANZA, AMARELA, NEGRA...) PERO O QUE MÁIS GRACIA NOS FAI É QUE TAMÉN SE COÑECEN COMO "COCHINILLAS DE 7 PUNTOS" GRAZAS A ELAS ESTAMOS APRENDENDO A CONTAR ATA SETE XA QUE SON OS LUNARES QUE TEÑEN NAS SÚAS ÁS.

ADEMÁIS APRENDEMOS UNHA CANCIONCIÑA QUE NOS TROUXO MARTA E LLE ENSINOU A SÚA AVOA, XA QUE CANDO ERA PEQUENA COÑECÍAN Á XOANIÑA COMO REIREI.A COLOCABAN NA PALMA DA MAN E ESPERABAN A QUE SAÍRA VOANDO CANTANDO O SEGUINTE:

"REIREI CANTOS ANOS VIVIREI
VINTECINCO NON O SEI
UN, DOUS, TRES,CATRO..." O NÚMERO ATA O QUE SE CHEGABA SUPOÑÍASE QUE ERA A CANTIDADE DE ANOS QUE VIVIRÍA ESA PERSOA.

CANTAS COUSAS APRENDIMOS XA!!








luns, 6 de outubro de 2014

PROXECTO XOANIÑAS

O NOSO PROXECTO SOBRE AS XOANIÑAS XA COMEZOU, GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA RAPIDEZ MANDANDO COUSIÑAS PARA MONTAR O NOSO RECUNCHO DE INVESTIGACIÓN.



QUE SABEMOS?

- VUELAN (IAGO)
-CAMINAN (RUBÉN)
-TIENEN MUCHAS PATAS (DANI)
-TIENEN ALAS (RUBÉN)-
-TIENEN SU CASITA (DANI)
-TIENEN CABEZA (DANI)
-TIENEN OJOS (DANIELA)
-TIENEN CUERNOS (MARTA)
-SON DE MANCHITAS Y DE ROJO(IAGO)
-Y AZUL (THIAGO)
-ROJO Y NEGRO (MARA)
-AZUL NO, ROJO (SANTI)
-TAMBIÉN TIENEN BOCA (DANIELA)

QUE QUEREMOS SABER?:

-COMO SON
-QUE COMEN
-ONDE E COMO VIVEN.
-COMO MEDRAN.
-QUEN SON OS SEUS INIMIGOS.
-COMO SE DEFENDEN.
-COMO NACEN...