GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Máis cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Máis cine. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de maio de 2020

Actividades propostas para a semana do 4 ao 8 de maio

Comezamos o mes de maio e con el temos novas propostas de actividades.

Podedes atopalas nos seguintes enlaces e na web do centro, tamén en PDF.

Enlace galego.

Enlace castellano.



Recordade que podedes mandar as fotos a pequesdelcouceiro@gmail.com como fixeron Kilian, Martina, Sofía e Jericó. Encántame saber de vós.










xoves, 13 de febreiro de 2020

Terceiro destino... Italia

Esta semana tivemos novas noticias de Phileas Fogg. Esta vez a súa carta chegaba dende Brindisi,Italia e ademais da carta nos mandaba unha enorme Góndola para acompañarnos no día do entroido completando o noso disfrace de gondoleiros.



Seguiremos coñecendo a nosa cidade a través da súa viaxe. Atoparemos o noso Castelo? 


luns, 3 de febreiro de 2020

Torre de Hércules

Seguimos coñecendo cousas sobre a nosa cidade e a nosa torre. E nos recantos aproveitamos para construíla de diferentes xeitos. Neste caso empregamos regletas e bloques lóxicos.


Ademais xa sabemos situala no mapa e diferenciala doutros edificios importantes que coñeceu Phileas Fogg. 

venres, 24 de xaneiro de 2020

Torres

Seguindo co proxecto no que estamos a traballar a volta ao mundo chegamos a París e coñecemos a súa famosa torre. Que casualidade que na nosa cidade tamén temos unha!
Javi nos trouxo unha réplica súper chula.
Aproveitamos para describir e falar sobre semellanzas e diferenzas entre ambas.


Serven para cousas diferentes, unha é de pedra e a outra de ferro. Unha é máis alta ca outra...Estamos aprendendo un montón de cousas! 

Grazas familias pola colaboración. 


martes, 17 de decembro de 2019

Phileas Fogg visita París

Hoxe recibimos unha nova carta de Phileas Fogg, xa había tempo que non tiñamos noticias súas e nos fixo moita ilusión.
Era un sobre moi grande e pesaba bastante. 
Dentro había varias cousas, unha carta onde nos contaba onde estaba agora. 

E un montón de anacos de algo que enseguida recoñecemos! Eran un quebracabezas do Big Ben e outro dunha nova torre, esta vez sen reloxo na parte de arriba pero igual ou incluso máis alta aínda. A torre Eiffel, esta nos é moito máis familiar posto que en varios dos debuxos animados que coñecemos aparece e non hai moito Javi, trouxo unha figura dela á clase. Como os nosos compis de 4 anos tiñan unha na súa aula a puidemos ver en 3D qué rara é! 
P
Puxémonos a ordenar as pezas e resolvemos o problema.

 Xa forman parte do noso recanto de construccións.

Cal será a nova misión que nos mandará Phileas Fogg? 

venres, 29 de novembro de 2019

Londres

A nosa viaxe ao igual que Fhileas Fogg comezou en Londres. Non só sabemos que alí hai unha torre moi alta cun reloxo chamado Big Ben e que na nosa cidade temos varios edificios similares, como bós/as exploradores os atopamos sen problema. Para rematar esta visita fixemos, xunto cos compas da outra clase de 3 anos, un Big Ben para a nosa exposición conxunta.

Tamén sabemos que os autobuses de alí son da mesma cor que os nosos, vermellos, aínda que os londinenses son máis altos.

— Tienen ahí arriba algo para sentarse (Juan)
— Aquí también los hay azules (Azahara)
— El color de ahí arriba no es amarillo (Yanira)
—son muy grandes (Vega)

Tamén vimos onde está Londres e onde vivimos nós.


—Hay agua! (Nacho)
—los charcos no se pisan (Melany)
—podemos ir en barco (Noa)
—Podemor ir en avión (Xoel)
—Podemos ir en cohete espacial (Juan)
—eso es para ir a la luna(Nacho)
—o en autobús (Kilian)
—también en coche (Ainara)
—el coche no va por el agua (Martina)
 Seguimos coa nosa viaxe! 

martes, 26 de novembro de 2019

Máis alto que, máis baixo que, igual

Grazas aos nosos novos bloques de construccións estamos a traballar conceptos básicos como máis alto que, máis baixo que ou igual que.
Tomando un boneco de referencia comezamos a construir torres seguindo unhas pautas. Tes qué construir unha torre máis alta que o boneco...

Unha vez que as tiñamos todas as ordenamos de máis baixa a máis alta.
Parece una escalera! 
Podemos subir por ella! 🤦🏻‍♀️

E como o día ía de torres... Construímos o noso pequeno Big Ben como se de un quebracabezas se tratase. Tiñamos que fixarnos moi ben para colocar cada peza no seu sitio correspondente.


martes, 12 de novembro de 2019

Big Ben coruñés

Hai uns días que Phileas Fogg nos propuxo unha misión, buscar un Big Ben na nosa cidade e  nós, como bós exploradores/as,non atopamos un senón dúas torres altas cun reloxo.Algunha se parece un montón ao de Londres.Son altíiiisimas!!




Na clase debuxamos e pintamos o verdadeiro Big Ben londinense e nos pasamos os días buscando torres con reloxos por todas partes!! atoparemos algún máis??



mércores, 30 de outubro de 2019

Visita de Phileas Fogg

Este curso o proxecto anual de centro titúlase "Máis cine, por favor!" nel traballarase a literatura levada ao cine e o alumnado de educación infantil decidimos traballar a obra "a volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. Grazas a ela, ademáis de coñecer novos lugares, afianzar contidos... coñeceremos máis de preto a nosa cidade posto que no caso dos nenos/as de 3 anos partiremos da nosa contorna máis próxima.

Pois hoxe chegado directamente dende Londres visitounos o protagonista desta historia, Phileas Fogg, acompañado de varios dos seus amigos. Contounos que quere dar a volta ao mundo empregando diferentes medios de transporte e que o fará en só 80 días. O conseguirá?






Ademáis deixounos unha misión, localizar os monumentos e lugares máis significativos dos sitios que vai a coñecer na nosa cidade. Teremos na Coruña un Big Ben parecido ao de Londres? Nós Comezamos tamén esta fascinante viaxe!




E para saber que é o mundo e como sería darlle a volta, que mellor que velo directamente?

-Parece una bola de discoteca. (Martina)
-Yo tengo una así en mi casa (Kilian)
-Es como una pelota. (Nacho)
-Es la bola del mundo (Martina)
Tardará Phileas tan pouco tempo coma nós en dar esa Volta?