GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto mouchos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto mouchos. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de febreiro de 2018

Mouchos

Por fin rematamos o mural que comezamos ao principio do proxecto.Aprendemos moitísimas cousas dos mouchos e o deixamos todo recollido nel para que non se nos esqueza e poder contarllo ao resto de compas.


venres, 2 de febreiro de 2018

INVASIÓN DE MOUCHIÑOS

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.MARÍA, A MAMÁ DE XOEL QUIXO VIR Á NOSA CLASE A ENSINARNOS E AXUDARNOS A FACER UN MOUCHO SUPER CHULO.




UNS DÍAS ANTES PINTAMOS UNS ROLOS DE PAPEL, E HOXE COA SÚA AXUDA PICAMOS OS OLLOS,PEGAMOS GOMETS SIMULANDO AS PLUMAS E O PICO E FIXEMOS AS ÁS.QUEDARON UNS MOUCHOS ESTUPENDOS.


MILLEIROS DE GRAZAS MARÍA!!

venres, 26 de xaneiro de 2018

OS MOUCHOS SON OVÍPAROS

XA SABÍAMOS QUE OS MOUCHOS NACÍAN DE OVOS COMO MOITOS OUTROS ANIMAIS.TABEIRÓNS,TARTARUGAS,PEIXES,SERPES,PATOS,POLOS... E QUE SON TAN CÓMODOS QUE NON FAN OS SEUS NIÑOS PARA POLOS SENON QUE COLLEN OS QUE ATOPAN ABANDONADOS.
TARDAN 30 DÍAS EN EMPEZAR A NACER E É A MAMÁ MOUCHO A QUE QUEDA ENRIBA DELES PARA INCUBALOS ATA QUE SAEN OS MOUCHIÑOS E NON SE MOVE NIN PARA COMER!!! UNHA VEZ QUE SAEN TANTO O PAPÁ COMO A MAMÁ ADÍCANSE AO SEU COIDADO.


HOXE VIMOS UN NIÑO DE VERDADE, CANTO TRABALLAN OS PAXARIÑOS PARA CONSTRUÍLO E QUE SEXA TAN SEGURO QUE NIN OS OVOS NIN OS POLIÑOS CAIAN.EMPREGAN HERBAS,PAOS,CINTAS,FOLLAS,TERRA E TODO O QUE ATOPAN POLO CAMIÑO.




O QUE TEMOS MOI CLARO É QUE CO TAMAÑO QUE TEÑEN OS MOUCHOS OS SEUS OVOS NON PODEN SER DEMASIADO GRANDES, SERÁN COMO OS DUN PAXARO OU OS DUNHA GALIÑA???

venres, 19 de xaneiro de 2018

cancións de mouchos

XA "SABEMOS" DÚAS CANCIÓNS DE MOUCHOS.

A PRIMEIRA É DUN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO TITULADO "EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO" 


E A OUTRA NOLA TROUXO HOXE XABI AO COLE.PERTENCE AO DISCO "TIC TAC" DE PABLO DÍAZ E TITÚLASE O "MOUCHO CHOSCO".


xoves, 18 de xaneiro de 2018

Aprendemos cos Mouchos

Seguen a chegar cousas de mouchos a nosa clase e mentres tanto imos aprendendo sobre eles.




Sabemos como é o son que fan,os mouchos ULULAN.
Tamén sabemos que nacen de óvos,son OVÍPAROS,pero eles non fan niños,ocupan os que xa están feitos e baleiros e empregan sempre o mesmo,menudo morro!!!



Comezamos a facer entre todos/as un mural onde ímos recoller todo o que aprendamos.Ollade que chulo está quedando.



luns, 15 de xaneiro de 2018

QUE SABEMOS DOS MOUCHOS

AS COUSAS DE MOUCHOS XA COMEZARON A CHEGAR Á NOSA AULA.
XOEL E MATHÍAS INAUGURARON O RECUNCHO CON DISTINTOS CONTOS E MANUALIDADES.




QUE SABEMOS?

-TIENEN ALAS (DANIEL)
-COMEN (ÁLEX)
-COMEN GUSANOS (RAÚL)
-TIENEN OJOS GRANDES (VÍCTOR)
-VUELAN(VÍCTOR)
-HACEN UH, UH (INÉS)
-PICOTEAN(XABI)
-VIVEN EN LOS ÁRBOLES(XOEL)
-TIENEN 2 PATAS (MATHÍAS)
-HACEN MUCHO RUÍDO (ÁFRICA)

QUE QUEREMOS SABER?

-COMO SON
-DONDE VIVEN
-COMO NACEN
-QUIENES SON SUS ENEMIGOS
-QUE COMEN
-COMO CAZAN
-QUIEN ES SU FAMILIA.

AÍNDA NON EMPEZAMOS A INVESTIGAR E XA SABEMOS UN MONTÓN DE COUSAS!!!!

venres, 12 de xaneiro de 2018

Proxecto mouchos

Os mouchos queremos que o noso primeiro traballo de investigación sexa precisamente sobre a nosa mascota,queremos aprender un montón de cousas sobre eles e para elo precisamos que se tedes algo relacionado cos mouchos na casa(contos,libros,imaxes,bonecos...)nolos fagades chegar ao cole.Asímesmo se sabedes algunha canción,conto ou facer algunha manualidade sinxela estaríamos encantados/as de que veñades a compartilo con nós na aula.
Moitas grazas!!!