GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta RECUNCHOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECUNCHOS. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2020

Ruleta das vogais

Temos un novo material no recanto de letras e biblioteca. Unha ruleta que nos vai a servir para facer un montón de actividades.

Comezamos coas vogais. Tiñamos que tirar a ruleta, identificar qué vocal nos saía e como falaba e de seguido buscar unha imaxe que comenzara por esa letra, isto último xa nos costou un pouquiño máis pero a grafía e o son os temos dominados! 


mércores, 12 de febreiro de 2020

Torres e máis torres

Seguimos construíndo torres, esta vez con cubos de diferente tamaño. Non é nada doado.

Despois de varios intentos e de pensar como teríamos que facer para empregar todos os cubos e que non quedará ningún dentro doutro... 
Seguiremos practicando ata que todos/as o consigamos! 




martes, 11 de febreiro de 2020

RECANTO DA CALMA

HOXE AO CHEGAR Á AULA VIMOS QUE HABÍA ALGUNHA NOVIDADE.
QUE SERÍA AQUELO QUE PENDURABA DO TEITO?


O NOSO RECANTO DA CALMA!!!

A EL PODEREMOS IR CANDO ESTEMOS UN POUCO NERVIOSOS/AS, TRISTES OU PRECISEMOS UN MOMENTO DE TRANQUILIDADE PARA ESTAR SÓS.SÓ PODEREMOS IR DE UN EN UN E CANDO ALGUÉN ESTÉ DENTRO OS DEMÁIS NON PODEREMOS MOLESTALO.


martes, 10 de decembro de 2019

Creacións con pedras

Esta semana, no recanto de arte, estamos a facer creacións como as de Lain Blake que empregaba peedras para as súas obras.



E nós seguindo co traballo do esquema corporal fixemos personas do máis orixinais. 
 Algún preferíu facer coellos ou torres. A nosa imaxinación non ten límites!




martes, 26 de novembro de 2019

Máis alto que, máis baixo que, igual

Grazas aos nosos novos bloques de construccións estamos a traballar conceptos básicos como máis alto que, máis baixo que ou igual que.
Tomando un boneco de referencia comezamos a construir torres seguindo unhas pautas. Tes qué construir unha torre máis alta que o boneco...

Unha vez que as tiñamos todas as ordenamos de máis baixa a máis alta.
Parece una escalera! 
Podemos subir por ella! 🤦🏻‍♀️

E como o día ía de torres... Construímos o noso pequeno Big Ben como se de un quebracabezas se tratase. Tiñamos que fixarnos moi ben para colocar cada peza no seu sitio correspondente.


mércores, 20 de novembro de 2019

Novas construccións

No recanto de construcción estamos incorporando novos materias que xa nos gustan moito máis que as construccións plásticas de sempre. Pedras, rolos de cartón, cunchas, anacos de Madeira...nos serven para facer granxas, selvas, océanos e un milleiro de cousas máis, só temos que imaxinalo!


E o material estrela desta semana son os bloques de cartón que nos permiten facer maravillas como as de hoxe. Ademáis, antes de comenzar a xogar con eles, tivemos que falar de como facelo para que nos duren moooooito tempo. Non os podemos pisar, nin morder, nin lanzar, nin tiralos polo aire.



Somos uns auténticos artistas da construcción! Así que xa sabedes, se na casa tedes anacos de Madeira, cartón, Pedras... ou alguna cousa que nos poida servir para ampliar o noso recato... será benvido! 

luns, 21 de outubro de 2019

Series e números terroríficos

Esta semana, no recato de lóxica temos dúas novas proposta de actividades.

Facer series de dous elementos (algún/a nos atrevemos ata con 3)




E contar ata 10 dunha maneira diferente. Por quendas íamos tirando o dado e poñendo tantos aneis como puntos nos indicaba. "Gañaba" o primeiro en completar as dúas mans.


mércores, 9 de outubro de 2019

Cores, formas e outono

Canto estamos a traballar estos días! Pouco a pouco imos collendo o ritmo e aprendendo cousas novas.

Esta semana estamos a xogar cos bloques lóxicos as súas formas e cores.



Clasificamos segundo os seus atributos no recanto de lóxica.





Tamén exercitamos a motricidade fina pegando gomets e facendoos corresponder coas cores dos puntos do papel.


Seguimos dándolle uso ás follas recollidas no patio. Nesta ocasión fixemos anacos e os pegamos no noso ourizo previamente coloreado.Non é nada doado calcular a cantidade de pegamento que precisamos para que non caían e non se nos peguen nas mans 🙈.

No recanto de letras e biblioteca seguimos facendo trazos, nesta ocasión con pedras. 



E no recanto de arte pintamos as follas dunha árbore de outono con bastoncillos e cores outonais. 










venres, 25 de setembro de 2015

XOGANDO ÁS PROFESIÓNS

AÍNDA QUE NON TEMOS MOI CLARO QUE QUEREMOS SER DE MAIORES, DISFRUTAMOS  VIVENCIANDO DISTINTAS PROFESIÓNS PARA VER CAL NOS GUSTA MÁIS.A MÁIS DEMANDADA...NON PODÍA SER DOUTRO XEITO ESTANDO EN PONTEDEUME...A DE MÓMARO!!! OLLADE QUE PROFESIONAIS.

MÉDICOS


PERRUQUEIROS/AS




MECÁNICOS,CARPINTEIROS...




TENDEIR@S,CAIXEIR@S...

MÚSIC@S


COCIÑÉIR@S


MÓMAR@S!!!