GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta RUTINAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RUTINAS. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de outubro de 2017

OS NOSOS PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE MAIORES

ESTOS DÍAS ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS/AS DESCUBRINDO AS NORMAS DO COLE,COÑECENDO PROFES E INSTALACIÓNS E  FACENDO RUTINAS DE AULA.


XUNTO COS NENOS/AS DA CLASE DOS PEIXIÑOS, VISITAMOS A GÜINO NA SÚA BIBLIOTECA. CANTOS CONTOS!!!



FIXEMOS PSICOMOTRICIDADE CO PROFE JAVIER.QUE BEN O PASAMOS!!


COMEZAMOS A FACER AS RUTINAS E A ASEMBLEA DE AULA ONDE CADA DÍA O MAQUINISTA TEN QUE VER QUE DÍA É, QUE TEMPO VAI,CANTOS NENOS/AS FALTAN,ESCRIBIR O SEU NOME E DEBUXARSE...AÍNDA É UN POUCO DIFÍCIL QUE ATENDAMOS E ESTEAMOS SENTADIÑOS ESCOITANDO, PERO A VERDADE É QUE CADA DÍA O FACEMOS MELLOR.


E HOXE ADEMAIS XOEL TROUXO OURIZOS E LANDRAS DO OUTONO, ASÍ QUE PUXEMOS TODAS AS COUSAS QUE TIÑAMOS NUNHA CAIXA E DESCUBRIMOS UN POUCO MÁIS DESTA NOVA ESTACIÓN.





mércores, 21 de xaneiro de 2015

RUTINAS

VOLVIMOS DAS VACACIÓNS COAS PILAS CARGADAS (ALGÚNS CARGADAS DE MAIS) E CON MOITAS GANAS DE SEGUIR COMPARTINDO PEQUENOS MOMENTOS COS NOSOS COMPIS.








xoves, 6 de novembro de 2014

PSICOMOTRICIDADE

OS XOVES ADEMAIS DO CONTACONTOS DOS MAIORES QUE XA VOS COMENTAMOS EN ENTRADAS ANTERIORES... 



TEMOS UNHA DAS NOSAS CLASES FAVORITAS; PSICOMOTRICIDADE COA PROFE ILENIA!!!
E QUE BEN O PASAMOS FACENDO CIRCUITOS, XOGANDO CON PELOTAS OU BAILANDO CON AROS COMO FIXEMOS HOXE.






xoves, 30 de outubro de 2014

A CLASE DE MÚSICA

TÓDOLOS MÉRCORES AS XOANIÑAS E OS CICLISTAS IMOS COA PROFE LARA A CLASE DE MÚSICA ONDE O PASAMOS EN GRANDE APRENDENDO UN MONTÓN DE CANCIÓNS E TOCANDO DISTINTOS INSTRUMENTOS.
AQUÍ ESTAMOS NO CAMBIO DE CLASE ESPERANDO A NOSA QUENDA PARA TOCAR NADA MÁIS E NADA MENOS QUE O BOMBO!!.
MOITAS GRAZAS PROFE LARA.



venres, 10 de outubro de 2014

AS NOSAS RUTINAS

QUEREDES SABER COMO É UN DÍA NA CLASE DAS XOANIÑAS? POIS  AHÍ VAI.

O PRIMEIRO QUE FACEMOS DESPOIS DE COLGAR AS MOCHILAS E CHAQUETAS NOS PERCHEIROS, É POÑER O MANDILÓN; XA CASE NON PRECISAMOS AXUDA.

CANDO ESTAMOS LISTOS/AS SENTAMOS NA ALFOMBRA PARA VER QUEN É O MAQUINISTA DO DÍA, QUE SERÁ O ENCARGADO DE PASAR LISTA, MIRAR QUE NENOS FALTAN E COLOCALOS NA CASIÑA,SINALAR NO GUSANO DOS NÚMEROS CANTOS SON OS QUE NON ESTÁN, DICIR O TEMPO QUE FAI E ESCRIBIR O SEU NOME CONTANDO AS LETRAS QUE TEN E FACENDO OS SON DE CADA UNHA DELAS.TAMÉN SE TEN QUE DEBUXAR DICINDO ÓS DEMAIS QUE ESTÁ A FACER; CANTO TRABALLO!! E DESPOIS XUNTOS CANTAMOS A CANCIÓN DOS DÍAS DA SEMANA.CO CONTO DE "UNA SEMANA EN EL NIDO" DESCUBRIMOS EN QUE DÍA ESTAMOS. TAMÉN FALAMOS DA ESTACIÓN DO ANO E CANTAMOS A CANCIÓN CORRESPONDENTE E DESPOIS DE DICIR OS BOS DÍAS NOVAMENTE CANTANDO XA É A QUENDA DE CONTAR DE UN EN UN  OS COMPAÑEIROS/AS AQUELAS COUSAS QUE MÁIS NOS GUSTAN FACER CANDO NON ESTAMOS NO COLE. O DE ESCOITAR ÓS DEMAIS E ESPERAR O NOSO TURNO AÍNDA NOS COSTA UN POUQUIÑO PERO POUCO A POUCO IMOS MELLORANDO.


FEITO TODO ISTO É A HORA DE TRABALLAR, NON TODO VAI A SER LERIA. 
O REMATAR XOGAMOS NOS RECUNCHOS  E DESPOIS DE MERENDAR E VIR DO PATIO ESCOITAMOS UN POUCO DE MÚSICA PARA RELAXARNOS E DESCANSAR.


XA ESTAMOS LISTOS PARA ESCOITAR O CONTO DO DÍA; PALABRAS MÁXICAS... "ABRETE LIBRO FALA PARA MIN, CONTAME AS COUSAS QUE EU NUNCA VIN" E A TRABALLAR COA PLASTI OU REMATAR ALGUNHA MANUALIDADE OU FICHA  PENDENTE.

NON ME DIGADES QUE NON FACEMOS COUSAS!!