Todos os nenos/as dende 4 anos ata 6°de primaria desprazámonos ata a praia de Cabanas para participar no concurso de castelos de area que planificamos xa hai uns días.
Estábamos moi contentos/as e nerviosos/as esperando que chegara a hora de saída.
Costounos un pouquiño chegar ata o outro lado da ponte e chegamos famentos, así que primeiro repuxemos forzas comendo a parva e despois xogamos no parque.
Xa estábamos listos/as para ir ata a praia e axudar aos nosos equipos a facer os castelos.
Estes foron algúns dos castelos feitos.
Acabamos moi cansos, pero disfrutamos moito compartindo a xornada tanto cos compañeiros dos outros cursos como coa xente "maior" que quixo vir a axudarnos.