GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta TALLERES FAMILIARES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TALLERES FAMILIARES. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de febreiro de 2018

INVASIÓN DE MOUCHIÑOS

HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL.MARÍA, A MAMÁ DE XOEL QUIXO VIR Á NOSA CLASE A ENSINARNOS E AXUDARNOS A FACER UN MOUCHO SUPER CHULO.




UNS DÍAS ANTES PINTAMOS UNS ROLOS DE PAPEL, E HOXE COA SÚA AXUDA PICAMOS OS OLLOS,PEGAMOS GOMETS SIMULANDO AS PLUMAS E O PICO E FIXEMOS AS ÁS.QUEDARON UNS MOUCHOS ESTUPENDOS.


MILLEIROS DE GRAZAS MARÍA!!

venres, 9 de xuño de 2017

XOANIÑAS MARISCADORAS

A VERDADE É QUE POUCAS COUSAS NOS QUEDABAN POR FACER ÁS XOANIÑAS E OS CICLISTAS NESTOS 3 ANOS COMPARTINDO MOMENTOS.PERO NON PODÍAMOS REMATAR ESTA ETAPA SEN COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE UN DOS TRABALLOS MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VILA, O MARISQUEO.MOITAS PERSOAS DAS NOSAS FAMILIAS OU COÑECIDOS ADÍCANSE A ISTO DURANTE TODO O ANO, E AÍNDA QUE NÓS O VIVIMOS COMO UN XOGO, SABEMOS QUE NON É NIN TAN DOADO, NIN TAN DIVERTIDO COMO PARECE,MENUDO TRABALLAZO!!!

MOI MOTIVADOS/AS E PREPARADOS ESPERAMOS ANSIOSOS QUE CHEGARA O MOMENTO DE DIRIXIRNOS ATA A PRAIA DE SOPAZOS, MOI PRETIÑO DO NOSO COLE.





ALÍ PUXÉMONOS MANS A OBRA PARA COLLER UN MONTÓN DE AMEIXAS E BERBERECHOS. E DE CAMIÑO Á LONXA PARAMOS A COLLER MINCHAS E MEXILÓNS.




 






 SÓ NOS QUEDABA IR Á LONXA A PESAR A NOSA "CAPTURA".NON PUIDEMOS LEVAR TODO O QUE COLLIMOS POR VARIAS RAZÓNS.A PRIMEIRA PORQUE TIÑAN QUE TER O TAMAÑO AXEITADO PARA PODER COLLELAS,SE SON MÁIS PEQUENAS HAI QUE DEVOLVELAS AO MAR PARA QUE MEDREN, E A SEGUNDA RAZÓN...PORQUE NON SOMOS MARISCADORES/AS ACREDITADOS, SOMOS FURTIVOS/AS!!!












 

QUE BEN O PASAMOS!!! E CANTAS COUSAS INTERESANTES APRENDIMOS.MILLEIROS DE GRAZAS A TODOS/AS OS MARISCADORES/AS E A COFRADÍA POLA AXUDA E POR PERMITIRNOS FACER ESTA ACTIVIDADE TAN CHULA E A VERO POR ORGANIZALA.