GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas especiais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas especiais. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2020

Visitas primaverales

Dende as clases de 3 anos, queremos convidarvos a participar na primeira edición de visitas primaverais nas que poderedes vir á nosa aula a contarnos un conto, facer algunha manualidade relacionada cos proxectos que estamos a desenvolver, facer algún experimento científico, falar os dalgún tema do que seades expertos... Pero recordade que tedes que avisar con tempo e comentar a idea que tedes. Animádevos!

luns, 27 de xaneiro de 2020

Merendola de convivencia

Hoxe tivemos visita na hora da merenda. Como sobrou comida da que trouxemos para a merendola de nadal, a repartimos e nos xuntamos por niveis(no noso caso) para dar boa conta dela.




xoves, 19 de decembro de 2019

Visita do cartero real

Menuda sorpresa levamos hoxe cando vimos que onde a árbore de nadal que decoramos o outro día coas bolas do mundo, había un trono real. Quen viría a visitarnos?
Pronto saímos de dúbidas. O cartero real chegou dende ben lonxe para recoller as nosas cartas cheiñas de desexos.



 Non nos puidemos resistir a comer os caramelos que nos deu.



martes, 22 de xaneiro de 2019

Visita India

A semana pasada levamos unha gran sorpresa. Estábamos ensaiando na aula de psicomotricidade e chegada dende Illa Fantasía apareceu a gran xefa India Tatanka Ská que ademais de ensinarnos o seu lunicornio e deixarnos tocar a súa capa poderosa, nos ensinou unha divertida danza.









martes, 24 de outubro de 2017

Unha visita moi especial

O pasado venres na clase dos mouchos recibimos unha visita moi especial.Erea quixo presentarnos a súa irmá pequena Aine, a que quere e coida moito.Ademais de pola súa nai,tamén chegou acompañada polo irmán maior Roi.Cantas cousas aprendemos,Aine está comezando a coller cousas e como aínda non ten dentes toma leite do peito da súa mamá. Como nos gustou compartir este momento con Erea e parte da súa familia.Moitas grazas pola visita.