GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de decembro de 2020

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Comunicámosvos que o CEIP Salgado Torres en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña, realizará unha campaña solidaria de recollida de alimentos cos máis vulnerables da  provincia de A Coruña. Esta campaña abarcará desde o martes 15 ata o luns 21 deste mes de decembro.

Nesta campaña particípase recollendo alimentos non perecedeiros como leite, galletas, cacao, café, azucre, sal, aceite, legumes, pasta, arroz ou calquera tipo de conserva en lata. Cada neno/a poderá traer a súa doazón e entregala nas caixas habilitadas na súa clase.
Grazas a tod@s pola vosa solidariedade e colaboración.





luns, 1 de xuño de 2020

Recollida de material

Queridas familias. O Mércores día 10 de xuño poderedes pasar a recoller o material e as mudas dos nenos/as de 3 anos en horario de 10:00 a 11:30 no edificio de infantil. Así mesmo, pedimos por favor que, aqueles que non o fixeron antes, entreguedes ese mesmo día o libro prestado da biblioteca e a bolsa laranxa no que o levaban. Deberá de vir unha soa persoa por familia cumprindo as normas indicadas polas autoridades sanitarias. Moitas grazas.