GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto pingüíns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto pingüíns. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de abril de 2020

Contos de polos

Nesta casa últimamente os polos convertéronse  no noso animal favorito por que será? 🤔

Así que aquí van algúns contos de galos, galiñas e polos para non perder o ritmo.


















mércores, 1 de abril de 2020

A familia medra

Onte tivo lugar un acontecemento que todos esperábamos con moita ilusión, o nacemento dun dos nosos pitiños que aínda que non puidemos seguir o proceso en directo, como era a intención, intentei grabalo para que non perderades detalle.

O luns pola noite comezou a romper a cáscara. Unhas horas antes xa se sentía piar.

E pouco a pouco e con moito esforzo asomou o pico! 

















21 días controlando a temperatura, a humidade e volteando os óvos para que os polos non quedaran pegados e este é o mellor resultado posible 🐣🐥❤️


Rita xa está preparada para ir xunto cos seus irmáns e irmás.

E moi atentos porque... 

Pode que non esté sola! Un novo polo asoma 🐣

E ao final... Chegou!





Aínda non ten nome. Admítense propostas. 


Isto é un non parar! Paquita (nome proposto por David da clase de 4 anos A) e Rita vanse a converter en familia numerosa. 

Ao final naceron a metade dos pitiños, non está nada mal! 😅🐣🐥

Vos presento a Bartolo(nome propósito por Xoel) o último pitiño en nacer e por esta vez... Ata aquí os nacementos.



Rita e Paquita xa están esperando por el mentres toman o sol

Están ben cambiadas non si? 

Xa estamos todos xuntos! 
Rita, Paquita e Bartolo vos mandan saúdos e moitos ánimos para seguir aguantando así de ben como ata agora. 



E ata aquí chegou a operación polo!
Espero que vos gustará a experiencia aínda que fora na distancia. 

martes, 10 de marzo de 2020

Operación polo

Seguimos investigando un pouco máis sobre o noso Pingüín Copito e coñecendo características sobre a súa especie. Aínda que non pode voar é unha ave, e como tal naceu dun ovo. Que casualidade que nas clases de 4 anos teñen un conto chulísimo sobre pingüíns que nos deixaron e contamos na clase.
Pois como os protagonistas desta historia, nós tamén quixemos ter un pitiño pero como nin somos Pingüíns nin oviparos... Tamén tivemos que adoptalos e non un, senon que temos 6! E grazas ao profe Álvaro podemos quentalos sen ter que sentarnos enriba deles como fan as aves 😅🤣menudo choio!

Tardarán aproximadamente 21 días en nacer e para que isto ocorra temos que coidalos o mellor que poidamos, movelos cada día para que non se peguen ao ovo, botarlles auga cada dous días para que manteñan a humidade e sobretodo... Non destapar a incubadora, non desenchufala e non andar tocando os ovos. 



Vaisenos facer moi longa a espera pero esperemos que mereza a pena,estamos emocionados/as! 



venres, 28 de febreiro de 2020

Realidade aumentada e realidade virtual

Manchitas cada día nos trae unha cousa máis rara.
Hoxe chegou con algo que parecían...
Gafas de buceo, gafas de sol, gafas para ir á neve... O que tiñamos claro é que eran gafas.
As puxemos para ver se veíamos algo e... Temos moita imaxinación porque todos/as dixemos que si que víamos cousas (imposible porque estaban apagadas 😜) 





Despois a profe meteu o seu móvil e nos dixo que algo chegado dende moi lonxe viñera a visitarnos. Era Copito! Que xunto cos seus amigos e familiares nos convidou a coñecer un pouco máis o lugar onde vive. 
(Coas gafas postas vense de diferente maneira, como se estivéramos alí mesmo) 




Tanto nos gustou que queríamos velo unha e outra vez. 

E por último coloreamos a Copito e vimos como coa nosa axuda cobraba "vida" e ata nos saudaba!



O programa de realidade virtual empregado se chama 
Quiver vision e se pode descargar tanto en tablet como móvil.

Encantounos a experiencia. 

luns, 17 de febreiro de 2020

Viaxamos á Antártida

Xa hai un tempo que adoptamos a Copito e os nosos compas de 3 e 4 anos fixeron o mesmo. Así que xa temos aos catro xuntos convivindo amigablemente.

Para coñecer un pouco máis o lugar onde viven os nosos Pingüíns viaxamos ata a Antártida e fixemos o seu Minimundo no que as cores branca e azul non podían faltar.






luns, 27 de xaneiro de 2020

O ovo que bota

Antes de marchar para a casa comprobamos que lle pasara ó ovo que deixamos en vinagre durante a fin de semana, e vimos que ademáis de que medrar a un pouco e pelara (algún pensaban que era o sangue do ovo) estaba brando! Tan brando que parecía unha pelota de goma e ata botaba!


venres, 24 de xaneiro de 2020

O ovo misterioso

Hoxe, na sesión de filosofía Manchitas nos trouxo novos materiais. Algún o recoñecemos de contado pero outros... dubidamos un pouquiño.

-Hay un vaso (Nacho)
-Es un vaso de experimentos (Juan)
-Tiene números (Martina)
-Es de cristal (Nacho)
- Y se rompe (Ainara)
-Si se rompe se puede clavar (Martina)
-y si lo pisas duele (Xoel)
- Huevos (Jericó)
-Son para hacer un experimento (Nacho)
-se puede hacer un batido (Juan)
-Sólo hay uno, se los comió todos el monstruo (Ainara)
-Podemos hacer un zumo (Azahara)
-Romperlo y ponerlo en el vaso (Noa)
-También un  batido de huevo y fruta (Nacho)
-podemos mezclarlo con el huevo en el vaso y hacer un batido (Noa)
-Hecemos patatas con huevo (Martina)

Como non sabíamos que era aquel líquido o úlimos e o probamos.



-Es aceite (Nacho)
-como el de abuela (Xoel)
-y el de papá y mamá (Vega)
-Es café (Xoel)
-aceite de oliva (Juan)
-Se llama aceite de oliva (Nacho)
-huele a batido de manzana (Juan)

 Ule a...
-Aceituna (Juan)
-Sal (Xoel)
-Mal (Javi)
-Patata y aceituna (Nacho)
-Fresa (Jericó)
-Huele mal, que asco! (Thais)
-Patata (Noa)

Sabe a...
-Limón (Juan)
-Aceite (Vega)
-Pica (Javi)
-coca cola, que rico Tati! (Xoel)
-Limón con patata (Nacho)
-Fresa (Jericó)
-Pica en la boca (Thais)
-Sabe a pica pica (Martina)Es vinagre!



As nosas científicas de hoxe procederon a facer o experimento. Botaron o vinagre no vaso de precipitados, introducir on o óvo e...




Miramos a ver qué pasaba. 

-la cáscara se rompe (Martina)
-Se está poniendo blanco (Nacho)
-Hace pío, pío (Noa)
-Se va a derretir (Kilian)
-Salen pollitos (Martina)
-Sale un pollito pequeñito (Juan)
-Pajaritos (Xoel)
-Todos los días se romperá (Nacho)
-Se va a romper más y más (Ainara)





Agora só nos queda esperar uns días. 


Pero algún xa descubríu algún cambio 

-Se rompió! (Javi) 
-se rompió todo (Thais) 
-Alaaaaa! Está roto! (Ainara)