GIF

GIF
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visitas. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de maio de 2019

Compañía purpurina

O xoves, mentres rematábamos de merendar, tivemos unha visita moi especial. Os relacións públicas da compañía purpurina chegaron a nosa aula para convidarnos o estreo da súa ópera COIDAR TODO. Xa estamos contando os días que faltan para o gran evento, que nervios!



venres, 16 de febreiro de 2018

VISITA AO ACUARIO

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA COMO NENOS/AS DO COLE DE MAIORES FOI AO ACUARIO FINISTERRAE DA CORUÑA.NESTE CURSO TAN MARIÑEIRO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO.DESCUBRIMOS O FONDO MARIÑO E DISFRUTAMOS DE TODO O QUE ALÍ PODEMOS ATOPAR.

O QUE MÁIS NOS CHAMOU A ATENCIÓN FÓRON OS POLBOS QUE SAÍRON A SAUDARNOS E SEMELLABA QUE QUERÍAN MARCHAR CON NÓS


 E COMO NON...GASTÓN!! O TABEIRÓN MÁIS FAMOSO.


 ADEMAIS DE ANIMALIÑOS VIMOS MÁSCARAS E UN MONTÓN DE COUSAS FEITAS COS REFUGALLOS QUE SE ATOPAN NAS PRAIAS E NO MAR.




 E DESCUBRIMOS AS GRANXAS MARIÑAS



PERO TAMÉN VIMOS SARDIÑAS,DOURADAS,ESTRELAS, ORELLAS E CABALIÑOS DE MAR E ATA ATOPAMOS A NEMO NO NOSO PERCORRIDO.

 

 MÁGOA DO TEMPO QUE UNHA VEZ MÁIS NOS FASTIDIOU OS PLANS E SÓ PUIDEMOS VER AS FOCAS DENDE AS FIESTRAS.


MOI CANSOS PERO FELICES CHEGAMOS DE NOVO AO COLE.


 
 

E CON ESTA ENTRADA APROVEITO PARA DESPEDIRME DOS MEUS MOUCHOS E AS SÚAS FAMILIAS ATA O PRÓXIMO CURSO.AÍNDA QUE FOI BREVE O TEMPO COMPARTIDO XUNTOS SON MOITOS OS BÓS MOMENTOS E APRENDIZAXES REALIZADOS.
SEGUIDE MEDRANDO ASÍ DE BEN PEQUECHOS/AS,APRENDEDE MOITAS COUSAS E DISFRUTADE CADA MOMENTO XUNTOS/AS.TEDE POR SEGURO QUE SEGUIREI OS VOSOS PASOS MOI DE PRETO. MOITOS BICOS E APERTAS.









luns, 19 de xuño de 2017

BRINCA VAI

HOXE TIVEMOS A GRAN SORTE DE VOLVER A TER CONNOSCO A PACO NOGUEIRAS, PERO ESTA VEZ VIÑA A PRESENTARNOS O SEU ESPECTÁCULO "BRINCA VAI" SAIDO DO LIBRO/CD/DVD CO MESMO NOME.
ACOMPAÑADO DA SÚA INSEPARABLE "MÁQUINA!" FIXO AS DELICIAS DE PEQUENOS E MAIORES.
BAILAMOS,CANTAMOS E O PASAMOS XENIAL RECORDANDO EN VIVO E DIRECTO TODAS ESAS CANCIÓNS QUE TANTAS VECES ESCOITAMOS E VIMOS NAS CLASES ISO SI, A BRUXA DO SAMAÍN QUEDOU NA SÚA CASA, MENOS MAL!!!!











MOITAS GRAZAS PACO E XA SABES QUE AQUI TE ESPERAMOS SEMPRE COS BRAZOS BEN ABERTOS.

xoves, 25 de maio de 2017

CONCERTO DIDÁCTICO

QUE O NOSO COLE ESTÁ CHEO DE NENOS/AS E FAMILIAS ARTISTAS XA O SABÍAMOS, PERO HOXE O PUIDEMOS CONFIRMAR COA VISITA DE ALMA A MAMÁ DE IAGO(2ºDE PRIMARIA) E DE EMMA, A MAMÁ DOS NOSOS COMPIS ADRIANA E NICO QUE XUNTO CUNHA AMIGA QUIXERON VIR O COLE PARA OFRECERNOS UN CONCERTO DIDÁCTICO DO MÁIS CHULO.



ENSINÁRONNOS OS INSTRUMENTOS.


O VIOLONCHELO

O VIOLÍN

E O PIANO

TAMÉN RECORDAMOS QUE A MÚSICA SE ESCRIBE, PERO NON CON LETRAS SENON CON NOTAS MUSICAIS, E AS PÁXINAS ONDE SE ESCRIBEN SON AS PARTITURAS.POIS SI QUE É DIFICIL LER MÚSICA!!!



E ATRAVÉS DE PELÍCULAS E MÚSICAS MOI COÑECIDAS, FIXEMOS UNHA VIAXE  PERCORRENDO AS EMOCIÓNS, SENTIMENTOS E VALORES.


A MALDADE E A BONDADE DE STAR WARS


A AMIZADE E O COMPAÑEIRISMO DE TOY STORY

O AMOR E A BELEZA INTERIOR DA BELLA Y LA BESTIA

E O SOÑO POR CONSEGUIR UN MUNDO IDEAL A TRAVÉS DE ALADÍN.

TAMÉN VISITOUNOS IVÁN ,UNHA PERSONAXE QUE XA CONECÍAMOS DE ANOS ANTERIORES E QUE QUIXO TOCARNOS UNHA MÚSICA DO SEU PAÍS, UN VALS RUSO.



E ESCOITAMOS COMO SOA A CANCIÓN EN MI CARA REDONDITA CON ESTOS TRES INSTRUMENTOS MUSICAIS.


CANTA MÚSICA CHULA, GUSTOUNOS UN MONTÓN!!!

MOITAS GRAZAS!!!


luns, 17 de outubro de 2016

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL

Hoxe novamente tivemos a visita dos membros de protección civil, que nesta ocasión viñeron a recordarnos en que consiste o seu traballo, que materiais empregan, como son os seus diferentes traxes e por suposto  os pasos a seguir en caso de incendio.O primeiro avisar a un maior, se estamos sós na casa avisar a un veciño ou chamar o 112, non agocharse nin porse nervioso/a e sair en fila ordenadamente.






Tamén nos dixeron que se hai fume temos que tapar a boca e o nariz para non respiralo e probamos a máscara especial que eles empregan.





xa estamos preparados/as para enfrontarnos a situacións de "risco" aínda que esperamos non ter que por os nosos coñecementos en práctica.