Hoxe novamente tivemos a visita dos membros de protección civil, que nesta ocasión viñeron a recordarnos en que consiste o seu traballo, que materiais empregan, como son os seus diferentes traxes e por suposto os pasos a seguir en caso de incendio.O primeiro avisar a un maior, se estamos sós na casa avisar a un veciño ou chamar o 112, non agocharse nin porse nervioso/a e sair en fila ordenadamente.
Tamén nos dixeron que se hai fume temos que tapar a boca e o nariz para non respiralo e probamos a máscara especial que eles empregan.
xa estamos preparados/as para enfrontarnos a situacións de "risco" aínda que esperamos non ter que por os nosos coñecementos en práctica.
Boas. Lúa veu moi contenta coa visita de Protección Civil. O número do 112 quedoulle na cabeza. Fantástico. Un saúdo
ResponderEliminarMuy buenas! Isaac vino también muy contento y lo mismo que Lua el 112 en la cabeza grabado.
ResponderEliminarUn saludo