GIF

GIF

luns, 30 de xaneiro de 2012

DÍA DA PAZ

HOXE, 30 DE XANEIRO; CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, CUNHA XUNTANZA ESCOLAR ONDE DOAMOS AS NOSAS MANS PARA ESTA OCASIÓN E CANTAMOS A CANCIÓN "QUEREMOS LA PAZ"




xoves, 26 de xaneiro de 2012

VISITA Á BIBLIOTECA E CHOCOLATADA

ESPERÁBAMOS ANSIOSOS O DÍA DE HOXE, E AÍNDA QUE O TEMPO NON NOS ACOMPAÑOU, NÓS SAÍMOS IGUAL A VISITAR A BIBLIOTECA NEIRA VILAS.



 ALÍ, AGARDÁBAMOS NOELIA; UNHA BIBLIOTECARIA MOI PECULIAR.


 COA QUE APRENDEMOS A LOCALIZAR E COLOCAR TODOS OS CONTOS DESTE LUGAR E COA QUE DESCUBRIMOS AMÉRICA O IGUAL QUE CRISTOBAL COLÓN A TRAVÉS DUNHA ESPECTACULAR VIAXE .


 DESCUBRINDO TAMÉN MOITAS COUSAS INTERESANTES QUE DESCOÑECÍAMOS.


 FINALMENTE TODOS XUNTOS COMO BÓS VIAXEIROS, FIXEMOS O NOSO CADERNO DE VIAXE.


 E COMO NOS PORTAMOS TAN BEN, COMO PREMIO FINAL UNHA ESTUPENDA CHOCOLATADA.


mércores, 25 de xaneiro de 2012

A VISITA DO RATONCIÑO PÉREZ

HOXE NA NOSA AULA PASOU ALGO QUE CHAMOU MOITO A ATENCIÓN. MENTRES COMÍA A RICA PERA, ARIADNE PERDEU UN DENTE!!!! E QUE CONTENTA ESTABA SABENDO QUE ESTA NOITE ÍA RECIBIR UNHA VISITA ESPECIAL.





E CON ESTE XA SON DOUS OS DENTES CAIDOS NESTE CURSO, E QUE CASUALIDADE QUE TANTO A IAGO COMO A ARIADNE LLE CAEU O MESMO. COMO DIN ELES AGORA PARECEN IRMÁNS :)



martes, 24 de xaneiro de 2012

SEMANA DA FROITA

ESTA SEMANA NO VALLE-INCLAN VOLVEMOS A TER FROITA PARA A MERENDA, E ASÍ DE CONTENTOS A RECIBIMOS.





xoves, 19 de xaneiro de 2012

OPERACIÓN TARTARUGA - SAPOCONCHO

HOXE TIVEMOS NO COLE NOVOS VISITANTES, E COMO NON PODIA SER DOUTRO XEITO ALÓ FOMOS A COÑECELOS.
TRATÁBASE DE DÚAS TARTARUGAS DE TERRA QUE TROUXO SORAYA, QUEN NOS EXPLICOU UN POUCO QUE COMEN, ONDE VIVEN E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS MÁIS DESTACABLES.






 UNHA DAS PREGUNTAS QUE NOS FACÍAMOS ERA SE FACÍAN PIS E CACA( SI, ESTES TEMAS ADOITAN ESPERTAR O NOSO INTERESE), E AS TARTARUGAS SON TAN LISTAS QUE EN VIVO E DIRECTO FIXERON UNHA DEMOSTRACIÓN, E ESTA CARA SE NOS QUEDOU A TODOS, CASE NOS SALPICA!!! A PROXIMA VEZ PENSAREMOS EN POÑERLLES CUEIRO ANTES.


GRAZAS SORAYA!!!

mércores, 18 de xaneiro de 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE

NO DÍA DE HOXE TIVEMOS UNHA NOVA VISITA, ROMINA; CHEGOU O NOSO COLE PARA PREGUNTARNOS EN QUE NOS DIFERENCIAMOS OS NENOS E AS NENAS E DESPOIS DE DISTINTAS INVESTIGACIÓNS, DESCUBRIMOS QUE A TODOS NOS GUSTAN AS MESMAS COMIDAS, XOGAR OS MESMOS XOGOS E COS MESMOS XOGUETES, QUE TEMOS A MESMA COR DE PEL OU DE OLLOS... ASÍ QUE XA SABEMOS QUE O ÚNICO NO QUE NOS DIFERENCIAMOS É QUE OS NENOS TEÑEN PENE E AS NENAS VULVA. PROMETÍMOSLLE A ROMINA NON USAR OUTROS NOMES PARA DESIGNAR ESTAS PARTES DO NOSO CORPO, COMO NON O FACEMOS COAS ORELLAS, OS OLLOS, A BOCA...
TAMÉN APRENDIMOS QUE HAI MILLEIROS DE FAMILIAS DISTINTAS E QUE TODAS SON MOI ESPECIAIS.
NON NOS PORTAMOS DEMASIADO BEN, PERO O IMPORTANTE É QUE APRENDEMOS ALGO E O PASAMOS EN GRANDE.





NOVAS TECNOLOXÍAS

AS NOVAS TECNOLOXÍAS TAMÉN CHEGARON A NOSA AULA, ASÍ QUE NESTE TRIMESTRE ÍMOSLLE DAR UN USO MAIOR E APRENDER MOITAS COUSAS CON ELAS. ENCÁNTANOS XOGAR A DISTINTOS XOGOS CO COELLO LECTOR E O MANEXO DO RATO É CADA DÍA MELLOR.
 ASÍ DE ATENTOS ESTIVEMOS NO NOSO PRIMEIRO CONTACTO ESCOLAR.



xoves, 12 de xaneiro de 2012

OPERACIÓN RATÓN

HOXE COÑECEMOS UNS NOVOS AMIGUIÑOS. DANI DA CLASE DE 3 ANOS VEU MOI BEN ACOMPAÑADO Á ESCOLA COA SÚA MAMÁ E AS SÚAS PEQUENAS MASCOTAS E CONVIDOUNOS A SÚA AULA PARA COÑECELAS.





MOITAS GRAZAS DANI!!!

mércores, 11 de xaneiro de 2012

CHEGARON OS REIS

OS REIS MAGOS TAMÉN CHEGARON Ó COLE, ISO DEBE SER QUE NOS PORTAMOS BASTANTE BEN.