GIF

sábado, 25 de novembro de 2017
Dentro e fóra
Antes de facer o traballiño individual nos gusta xogar,experimentar e vivenciar os novos conceptos.Hoxe tocou dentro e fóra.Para elo empregamos un aro que nos deixou o profe Javi e fomos colocando as cousas que nos mandaban segundo a orde de dentro e fóra.
xoves, 23 de novembro de 2017
Recta numérica
Esta semana estivemos traballando cos números e o xogo de hoxe consistía en saltar na recta númerica.Algúns nos puxemos un pouco nerviosos pero o fixemos xenial e pasamos un bo rato aprendendo.Aquí van algúns exemplos.
mércores, 22 de novembro de 2017
Identificamos e xogamos co número 1
Hoxe a nosa alfombra encheuse de números de distintas cores e formas.O xogo consistía en atopar todos os números 1 agochados e non se nos escapou ningún!!!.
Despois,cos nosos números 1 seguimos xogando,nesta ocasión tiñamos que levantar a tarxeta segundo a cor que nos dixeran,isto xa nos costou un pouquiño máis.
Tamén aprendimos a facer o número 1 coa nosa man.
E por último...despois de facer o 1 no encerado o repasamos nunha ficha con pintura de dedo.

martes, 21 de novembro de 2017
Motricidade fina e cores
Hoxe xogamos a un.xogo de identificación de cores e de paso...traballamos a motricidade fina para poder coller cada vez mellor o lápis e as pinturas.Non se nos resistíu ningún pompón!! e despois de collelos coas pinzas especiais, os colocamos segundo a súa cor na caixa correspondente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)