GIF

GIF

xoves, 30 de abril de 2015

MAIO CANTAREIRO 2015

QUE DÍA MÁIS INTENSO O DE HOXE,NON PARAMOS UN SEGUNDO.
PRIMEIRO FIXEMOS A GRILANDA PARA O NOSO MAIO EMPREGANDO LARANXAS E TANZA, QUE DURAS ESTABAN!!





COMO ULÍAN TAN BEN NON PUIDEMOS RESISTIRNOS A PROBALAS UMMMM QUE SABOROSAS!!



E DESPOIS DE TANTO TRABALLO... FESTA RACHADA E BAILE!!CON MÚSICOS E TODO



QUEDABA LEVAR A NOSA GRILANDA PARA QUE AS MAMÁS QUE NOS VIÑERON AXUDAR A COLOCARAN.



CANTO TRABALLARON AS MAMÁS E QUE BO TRABALLO FIXERON, QUEDOU UN MAIO MOI BONITO E ORIXINAL, A VER SE NO CONCURSO DE MAÑÁ PENSAN O MESMO.MILLEIROS DE GRAZAS ÁS QUE ADICACHEDES UN RATIÑO DO VOSO TEMPO A AXUDARNOS NESTA DIFICIL TAREFA.




ATA O DESFILE E CANCIÓN NON SAÍU ESTUPENDAMENTE.


ADEUS MAIO CANTAREIRO!!


mércores, 29 de abril de 2015

BROCHETAS DE FROITA CON SIROPE DE CHOCOLATE

UNHA NOVA RECEITA CHEGOU Á CLASE DAS XOANIÑAS.NESTA OCASIÓN AXUDADOS POR ISA A MAMÁ DE MARTA FIXEMOS UNHAS DELICIOSAS BROCHETAS DE FROITAS QUE ENDULZAMOS E DECORAMOS CON SIROPE DE CHOCOLATE.ESTABAN PARA CHUPARSE, LITERALMENTE,OS DEDOS.ALGÚNS SOMOS DEMASIADO LAMBÓNS E NON NOS POIDEMOS RESISTIR.

 PRIMEIRO ESCRIBIMOS O NOME DA RECETA E OS INGREDIENTES NO ENCERADO, TRABALLANDO A LECTOESCRITURA E OS NÚMEROS E TRATÁBASE DE FACER UNHA SERIE INSERTANDO TRES FROITAS NUN PAU DE BROCHETA.AS FROITAS ESCOLLIDAS FORON MELÓN, COMO PESA!!! FRESA E PLÁTANO.
PELAMOS O PLÁTANO E CORTAMOS DÚAS RODAS, INSERTAMOS AS FRESAS E FIXEMOS TRES BOLIÑAS DE MELÓN.
POR ÚLTIMO LLE BOTAMOS O INGREDIENTE ESTRELA O SIROPE DE CHOCOLATE!!!




 QUEDARONNOS ESTUPENDAS!!!MOITAS GRAZAS ISA POLA TÚA AXUDA.

ALGÚN/A ATA REPETÍU. E TODOS/AS PROBARON OS 4 INGREDIENTES DESTA RECEITA.




martes, 28 de abril de 2015

ESPANTI MARRÓN

 POR FIN TEMOS VIXIANTE PARA A NOSA HORTA.ONTE OS CICLISTAS E AS XOANIÑAS NOS XUNTAMOS PARA DARLLE FORMA A AQUELA IDEA QUE XURDÍU XA HAI UNS DÍAS.

FIXEMOS UNHAS BOLAS DE PAPEL QUE METEMOS NUNHA BOLSA PARA FACER A CABEZA E CUNHA CHAQUETA UN GORRO E UNHA SAIA TAL COMO PENSÁRAMOS CONSTRUÍMOS O NOSO NOVO AMIGO.
QUEDABA PORLLE OS DETALLES TALES COMO PELO, CARA E UNHA GARABATA. E ASÍ DE CHULO QUEDOU.


 

E HOXE O LEVAMOS PARA O SEU NOVO FOGAR, ESPERAMOS QUE ESTÉ CONTENTO E CUMPLA COA SÚA MISIÓN E ESPANTE A TODO PAXARO QUE APAREZA POLA NOSA HORTA.


 

 ADEMAIS HOXE RECOLLIMOS UNHS AMIGUIÑOS QUE COMEN AS NOSAS LEITUGAS E OS ESTIVEMOS MIRANDO NA CLASE A VER COMO ERAN OS SEUS CORPOS, COMO CAMIÑAN, QUE COMEN...



 
 E COMO NON ESTABAN MOI CONTENTOS E QUERÍAN ESCAPAR CONSTANTEMENTE... OS LEVAMOS O CAMPO PARA QUE MARCHARAN.

xoves, 23 de abril de 2015

VISITA SEMANAL Á HORTA

A CHOIVA ESTANOS A FASTIDIAR AS VISITAS Á HORTA POR ISO HOXE QUE QUENTA O SOL ÍAMOS CON TANTA ILUSIÓN.QUITAMOS HERBAS, E OBSERVAMOS COMO ESTABAN TODAS AS PLANTACIÓNS, TRANSPLANTAMOS CON MOITO COIDADO AS CENORIAS QUE TIÑAMOS AS XOANIÑAS NA CLASE...A COLLEITA ESTÁ MEDRANDO ATA TAL PUNTO QUE  LEVAMOS UNHA SORPRESIÑA PARA CASA E QUE EMOCIONADOS ESTAMOS!!!
AGORA VOS TOCA ÁS FAMILIAS BOTARLLE IMAXINACIÓN E DISFRUTAR DESTE DELICIOSO MANXAR OU BEN EN TORTILLA OU CUN REVOLTO COMO BEN APUNTABA ALGÚN.A RECEITA ESTA VEZ A LEVAN APRENDIDA E DENTRO DA CABEZA NON NA CARPETA QUE FIXEMOS PARA O TALLER DE COCIÑA.NON PARAMOS DE TRABALLAR!!