Nas últimas semanas estamos traballando os contos de Ana Meilán facendo distintas actividades a partir deles. Márabillosas historias que nos convierten en protagonistas e nos dan consellos útiles. E podemos escoitar un deles da súa propia voz descubrindo os segredos que nel se esconden. Foi emocionante coñecer a autora de todas esas historias que nos compañan na aula.
GIF
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas especiais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visitas especiais b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 21 de abril de 2024
venres, 6 de marzo de 2020
Visitas primaverales
Dende as clases de 3 anos, queremos convidarvos a participar na primeira edición de visitas primaverais nas que poderedes vir á nosa aula a contarnos un conto, facer algunha manualidade relacionada cos proxectos que estamos a desenvolver, facer algún experimento científico, falar os dalgún tema do que seades expertos... Pero recordade que tedes que avisar con tempo e comentar a idea que tedes. Animádevos!
luns, 27 de xaneiro de 2020
Merendola de convivencia
Hoxe tivemos visita na hora da merenda. Como sobrou comida da que trouxemos para a merendola de nadal, a repartimos e nos xuntamos por niveis(no noso caso) para dar boa conta dela.
xoves, 19 de decembro de 2019
Visita do cartero real
Menuda sorpresa levamos hoxe cando vimos que onde a árbore de nadal que decoramos o outro día coas bolas do mundo, había un trono real. Quen viría a visitarnos?
Pronto saímos de dúbidas. O cartero real chegou dende ben lonxe para recoller as nosas cartas cheiñas de desexos.
martes, 22 de xaneiro de 2019
Visita India
A semana pasada levamos unha gran sorpresa. Estábamos ensaiando na aula de psicomotricidade e chegada dende Illa Fantasía apareceu a gran xefa India Tatanka Ská que ademais de ensinarnos o seu lunicornio e deixarnos tocar a súa capa poderosa, nos ensinou unha divertida danza.
martes, 24 de outubro de 2017
Unha visita moi especial
O pasado venres na clase dos mouchos recibimos unha visita moi especial.Erea quixo presentarnos a súa irmá pequena Aine, a que quere e coida moito.Ademais de pola súa nai,tamén chegou acompañada polo irmán maior Roi.Cantas cousas aprendemos,Aine está comezando a coller cousas e como aínda non ten dentes toma leite do peito da súa mamá. Como nos gustou compartir este momento con Erea e parte da súa familia.Moitas grazas pola visita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































