O xoves, mentres rematábamos de merendar, tivemos unha visita moi especial. Os relacións públicas da compañía purpurina chegaron a nosa aula para convidarnos o estreo da súa ópera COIDAR TODO. Xa estamos contando os días que faltan para o gran evento, que nervios!
O noso restaurante xa vai collendo forma. Desenvolvemos os roles de camareiro/a, cociñeiro/a, cliente e ata temos servicio a domicilio!
Canto traballiño!
Cada día incorporamos e aprendemos cousas novas e o pasamos en grande.
No día de hoxe celebramos o día das nosas letras por todo o alto.
Comezamos escoitando ao alumnado de sexto que nos contou resumidamente a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.
Seguidamente tivo lugar o certamen de poesía, no que todo infantil participamos conxuntamente coa poesía "Da horta á mesa".
Tan bén o fixemos que o equipo de biblioteca nos agasallou cun premio
Tamén se fixo entrega dos agasallos da participación no álbum bilingüe que completamos coa profe Eugenia nas clases de inglés.
E aínda nos esperaban máis sorpresas. Os padriños e madriñas lectores!
E por último saímos ao patio a ver e bailar a muiñeira que os nenos/as de cuarto estiveron aprendendo estos días para participar nunha actividade xunto con outros centros da comarca.