GIF

GIF

martes, 31 de decembro de 2013

FELIZ ANO 2014




"VALORA LO QUE TIENES,
SUPERA LO QUE TE DUELE,
Y LUCHA POR LO QUE QUIERES"

FELIZ ANO NOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

domingo, 22 de decembro de 2013

FELICES FESTAS

OS NENOS/AS E PROFES DA CLASE DE 3 ANOS VOS DESEXAMOS UN BO NADAL  E UN PRÓSPERO ANO NOVO. VÉMONOS O DÍA 9 DE XANEIRO.



sábado, 21 de decembro de 2013

FESTIVAL DE NADAL 2013: "VOLVER A CASA POR NADAL"




NON VOS AMOLEDES TOD@S AQUELES QUE NON PUIDÉCHEDES DISFRUTAR DA ACTUACIÓN ESTELAR DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS EN VIVO E DIRECTO. XA ESTÁ AQUI PARA QUE A VEXADES ÍNTEGRA E TRANQUILAMENTE, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

venres, 20 de decembro de 2013

COMILONA DE NADAL

O ÚLTIMO DÍA DE COLE ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL, PUIDEMOS COMPARTIR UNHA COMILONA MOI ESPECIAL COS NOSOS COMPIS DE INFANTIL.GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN.
TAMÉN TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO FALADOIRO (ESTAS FOTOS TERÁN QUE ESPERAR POSTO QUE A PROFE COAS PRÉSAS DEIXOU ESQUECIDA A CÁMARA EN VIGO :s ).



xoves, 19 de decembro de 2013

MARCAPÁXINAS OUTONAIS

PARA DESPEDIR ESTA ESTACIÓN FIXEMOS UNS MARCAPÁXINAS OUTONAIS MOI ORIXINAIS QUE NOS ACOMPAÑARÁN NAS NOSAS "LECTURAS".
 DISFRUTAMOS MOITO FACENDOOS.




martes, 17 de decembro de 2013

FALADOIRO NAVIDEÑO

HOXE VISITAMOS O FALADOIRO, ONDE PUIDEMOS VER A DECORACIÓN DE NADAL FEITA POLAS FAMILIAS, O ALUMNADO, OS PROFES E O ANPA .
VÓS TAMÉN A PODEDES VISITAR TÓDOLOS DÍAS DESTA SEMANA DE 9:00 A 9:15.
















luns, 16 de decembro de 2013

PAPA NOEL

ASÍ DE CHULOS NOS QUEDARON OS PAPA NOELES QUE FIXEMOS HOXE.

E QUE CONTENT@S ÍAMOS PENSANDO ONDE COLOCALOS!!!






CONCURSO XERAL POSTAIS DE NADAL

ESTAS FORON AS POSTAIS QUE PRESENTAMOS PARA O CONCURSO DE NADAL QUE TIVO LUGAR A NIVEL CENTRO. OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, FORON OS REIS, PAPA NOEL E A ÁRBORE DE NADAL.

 AINHOA

 SOFÍA

 LEIRE G.

 XIÁN

 NICO

 NOA

 HUGO P.

 CANDELA

 NOELIA

LEIRE P.

sábado, 14 de decembro de 2013

NOTA INFORMATIVA: FESTIVAL DE NADAL.

RECORDADE QUE O PRÓXIMO VENRES DÍA 20 DE DECEMBRO; CON MOTIVO DAS VACACIÓNS DE NADAL, TERÁ LUGAR NO VALLE INCLÁN UN FESTIVAL O QUE ESTADES TOD@S CONVIDADOS.
DITO ACONTECEMENTO COMEZARÁ ÁS 11:30 DA MAÑÁ.
ASÍMESMO PODEREDES PASAR POLO FALADOIRO A VISITAR O BELÉN TODA A SEMANA DE 9:00 A 9:15.
OS NEN@S DISFRUTARÁN ESTE DÍA DUNHA MERENDA ESPECIAL COMPARTIDA CON TODO O CICLO DE INFANTIL, PARA O QUE TAMÉN SOLICITAMOS A VOSA COLABORACIÓN.



xoves, 12 de decembro de 2013

NADAL 2013

DESPOIS DE VARIOS DÍAS DE TRABALLO PLÁSTICO... POR FIN REMATAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL E ESTE FOI O RESULTADO. 



venres, 6 de decembro de 2013

POSTALES DE NADAL

ESTA SEMANA ESTIVEMOS ALGO ATAREFAD@S COA DECORACIÓN DO NADAL É QUE XA NON QUEDA NADA!!!
PREPARACIÓN DA NOSA PANXOLIÑA PARA O FESTIVAL, POSTAIS VÁRIAS, ÁRBORE...

ISTO É SÓ UN ADIANTO.

TRABALLAMOS MOITO E BEN PARA QUE NOS QUEDARAN ESTAS FERMOSÍSIMAS POSTAIS DE NADAL. PLASTI, PURPURINA E ILUSIÓN.
 ESTAMOS MOI CONTENT@S CO RESULTADO.


domingo, 1 de decembro de 2013

MURAL INDIO

NA CLASE DE 3 ANOS NON TEMOS TEMPO DE ABURRIRNOS; HAI TANTAS COUSAS QUE FACER... NESTE MOMENTO ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O NOSO MURAL INDIO, ONDE IMOS REFLEXANDO TODAS AS COUSAS QUE ESTAMOS APRENDENDO. COMO VIVÍAN E ONDE, QUE COMÍAN, OS SEUS CULTIVOS, A CAZA E A PESCA...


NON ESTA QUEDANDO NADA MAL :)

sábado, 30 de novembro de 2013

XOGANDO COAS LETRAS

ESTA SEMANA ESTIVEMOS A FACER XOGOS DE BÚSQUEDA, RECOÑECEMENTO E LOCALIZACIÓN DE LETRAS. XA SABEMOS ESCRIBIR CASE PERFECTAMENTE OS NOSOS NOMES E COÑECEMOS OS DOS COMPAÑEIR@S, TODO UN AVANCE!!

xoves, 28 de novembro de 2013

TRIBU INDIA

O NOSO POBOADO INDIO XA COMEZA A COLLER FORMA; O XEFE INDIO, O NOSO TIPI E O CHAMÁN. TAN CONTENT@S ESTAMOS QUE SAÍMOS A CELEBRALO COAS NOSAS MELLORES GALAS. NON ME DIGADES QUE NON ESTAMOS ESTUPEND@S COA VINCHA DE PLUMAS E O NOSO BERRO DE GUERRA.






mércores, 27 de novembro de 2013

CONVIDADO ESPECIAL

HOXE XIÁN CHEGOU O COLE MOI BEN ACOMPAÑADO, TROUXO UNHA CAIXA CHEIÑA DE XOGUETES QUE XA NON NECESITABAN NA CASA E O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI UN ANANIÑO QUE BAUTIZAMOS CO NOME DE "ALBERTO" E QUE COMPARTIU CON NÓS TODAS AS ACTIVIDADES DO DÍA.



 
ALGUNHA NON LLE CHEGABA CON FACER O SEU TRABALLO QUE ATA SE OFRECEU A AXUDAR A ALBERTO.

 
FINALMENTE DECIDIMOS COLOCALO NO NOSO POBOADO INDIO E ASIGNARLLE O PAPEL DE CHAMÁN DA NOSA TRIBU.

domingo, 24 de novembro de 2013

FIGURAS XEOMÉTRICAS

SEMPRE SE DI QUE OS NEN@S COMO MELLOR APRENDEMOS E A TRAVÉS DO XOGO, POIS NÓS PUIDEMOS COMPROBAR QUE É VERDADE.

O PROFE ROBERTO TROUXONOS UN DADO CON DISTINTAS FORMAS NAS SÚAS CARAS E FIXEMOS UN XOGO QUE CONSISTÍA EN LANZALO INDIVIDUALMENTE, E ADEMAIS DE DICIR O NOME DA FIGURA QUE NOS SAÍA, TIÑAMOS QUE  LOCALIZALA NA NOSA MESA DE CLASE. CADRADO, TRIÁNGULO, CÍRCULO, CILINDRO, PRISMA... O PASAMOS MOI BEN E ADEMÁIS CASE NON FALLAMOS!!! TEREMOS QUE REPETIR MÁIS VECES.

sábado, 23 de novembro de 2013

RECUNCHO INDIO

GRAZAS A TODOS OS MEMBROS DA NOSA TRIBU, O  RECUNCHO INDIO ESTÁ CHEÍÑO DE INFORMACIÓN PARA FACILITARNOS A NOSA INVESTIGACIÓN. POBOADOS INDIOS FEITOS COAS PROPIAS MANS, DEBUXOS E IMAXES DE TODO TIPO, DISFRACES, ARCOS E FLECHAS, PELÍCULAS... MOI PRONTO SORPRENDERÉMOSVOS COAS NOSAS ESTUPENDAS CREACIÓNS E APRENDIZAXES.


xoves, 21 de novembro de 2013

MUSEO DO MAR

ONTE TIVEMOS UNHA NOVA SAÍDA, ESTA VEZ VISITAMOS O MUSEO DO MAR. FIXEMOS MOITAS COUSAS COMO CONVERTIRNOS EN PESCADORES/AS, VER E COLLER UN DENTE DE CACHALOTE;MONTAR EN BARCA OU VER O ACUARIO ONDE CONVIVEN PEIXES E ANIMAIS DE DIFERENTES ESPECIES, TAMAÑOS; CORES...
LEIRE GRAÑA NON PUIDO DISFRUTAR DESTA EXPERIENCIA PERO SÍ QUE TEN UN SEGREDO QUE COMPARTIR CON NÓS ASÍ QUE CANDO SE POÑA BEN TEREMOS QUE INTERCAMBIAR INFORMACIÓN DE TODAS AS COUSAS QUE FIXEMOS E VIMOS.




venres, 15 de novembro de 2013

EXPOSICIÓN DINOSAUROS

HOXE NOVAMENTE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL, A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!!! E NADA MÁIS E NADA MENOS QUE A VER UNHA CHULÍSIMA EXPOSICIÓN DE DINOSAUROS. O PRINCIPIO TIÑAMOS UN POUCO DE MEDO PERO CANDO COMPROBAMOS QUE NON ERAN DE VERDADE COMEZAMOS A DISFRUTAR DESTE PASEO POLO TEMPO DESCUBRINDO UN MONTÓN DE COUSAS INTERESANTES.

xoves, 14 de novembro de 2013

BENVIDO ROBERTO

ESTA SEMANA TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR A ROBERTO, UN NOVO PROFE QUE VAI A FACER AS SÚAS PRÁCTICAS DE MAXISTERIO CON NÓS E QUE VAI ESTAR  UNS CANTOS MESES PARA APRENDER E AXUDARNOS.
SEGURO QUE XUNT@S O IMOS A PASAR XENIAL.
BENVIDO!!!


MAGOSTO 2013

ESTE MARTES CELEBRAMOS NO COLE O MAGOSTO; ADEMÁIS DE COMER UN MONTÓN DE CASTAÑAS PUIDEMOS PARTICIPAR NUNS XOGOS MOI ESPECIAIS QUE TIÑAN A CASTAÑA COMO PROTAGONISTA.O PASAMOS EN GRANDE!!

luns, 11 de novembro de 2013

RECUNCHO INDIO

O NOSO RECUNCHO DOS INDIOS XA COMEZA A COLLER FORMA, AS COUSAS A PARTIR DAS CALES IMOS IR DANDO RESPOSTA AS NOSAS PREGUNTAS ESTÁN CHEGANDO GRAZAS AS APORTACIÓNS FAMILIARES. ALGUNHA COUSIÑA XA DESCUBRIMOS PERO TODAVÍA NOS QUEDA MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.






sábado, 9 de novembro de 2013

PROXECTO "LOS INDIOS"

DESPOÍS DUNS MESES DE TOMA DE CONTACTO; TOCA COMEZAR A TRABALLAR "ENSERIO", QUE SEXAMOS OS MÁIS PEQUES DO COLE NON QUERE DICIR QUE NON SEXAMOS QUEN DE INVESTIGAR COMO OS MAIORES ASI QUE CHEOS DE ILUSIÓN, COMEZAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO:

DESPOIS DUNHA ASEMBLEA CONXUNTA E UNHA REÑIDA VOTACIÓN, O TEMA ELEXIDO É:

"LOS INDIOS".



UNHA VEZ ELEXIDO O TEMA TOCABA SABER CALES ERAN OS NOSOS COÑECEMENTOS PREVIOS:

QUE SABEMOS?

- TIENEN CINTAS EN LA CABEZA (NOA)
-TIENEN CADENAS EN LA CABEZA (LEIRE P.)
- TIENEN PLUMAS EN LA CABEZA (LEIRE G.)
- TIENEN CABALLOS (HUGO M.)
-ESTÁN CON LOS PIES CRUZADOS (NOA).
-TIENEN LA CABEZA CANSADA (SOFÍA)
- TIENEN LA CARA PINTADA (NICO).

QUE QUEREMOS SABER?

-DONDE VIVEN.
- COMO ES SU ROPA.
-QUE COMEN.
-QUE ANIMALES TIENEN (SOFÍA).
- COMO HABLAN (NOELIA).
- COMO SON SUS NOMBRES.
-COMO SON SUS CASAS.

E PUXÉMONOS MANS Á OBRA DEBUXANDO INDIOS, AÍNDA QUE NON TIÑAMOS MOI CLARO COMO SON.






POR ÚLTIMO... COMEZAMOS A PINTAR UN INDIO CON PINCEL. LEIRE TIÑA RAZÓN, LEVAN PLUMAS DE CORES NA CABEZA!!