Esta semana estivemos aprendendo cousas novas sobre Rosalía de Castro e facendo diferentes traballiños coa súa vida e imaxe.
GIF

venres, 26 de febreiro de 2021
luns, 22 de febreiro de 2021
Proceso de admisión curso 2021-2022
En poucos días comeza o prazo de admisión de novo alumnado para o próximo curso.
Estade atentos/as aos prazos.
Máis información na web so centro.
venres, 12 de febreiro de 2021
Entroido 2021
Unha das nosas festas favoritas é o entroido e un ano máis non podíamos deixar de festexala🎉🎉🎭
Seguimos os mandadiños que o meco robotizado nos indicou ao longo de toda a semana, visitamos a exposición de máscaras do cole.
E como remate... Festa rachada! Recoñecedes a algún pirata, princesa, superheróe...?
xoves, 11 de febreiro de 2021
Festa de entroido
Lembrade que mañá xa non hai mandadiño e que o disfraz que leven os pequenos/s será libre, o que máis lles guste!
mércores, 10 de febreiro de 2021
martes, 9 de febreiro de 2021
luns, 8 de febreiro de 2021
Segundo mandadiño do meco robotizado
Vos acordástedes de poñer algo na cabeza para comezar esta semana de entroido?pois xa está aqui de novo o meco robotizado para dicirvos o segundo mandadiño.
Mañá todos/as a decorar o pescozo!!!
venres, 5 de febreiro de 2021
Entroido 2021. Primeiro mandadiño
Día da paz 2021
Este curso aínda que as celebracións non son coma sempre estamos intentando adaptarnos á situación para non deixar de disfrutalas.
Entre todo o alumnado fixemos un abecedario da paz, a nós tocounos pensar unha palabra que comezara pola letra C e a elexida foi CORAZÓN.
Ademáis escribimos mensaxes de paz que lle levamos ao robot para que os procesara.
Fixemos mandalas para decorar o corredor.
E co profe Miguel cantamos e bailamos a danza de sementar a paz.