Tempada de meigas, pantasmas, arañas e cabazas e os mouchos non podíamos ser menos. Unha vez máis celebramos o samaín con distintas actividades.
Decoración de cabazas en familia.
Lectura ás escuras con lanterna.
Disfraces terroríficos e decoración pantasmal.
Ollade todas as cabazas que trouxemos ao cole. Cada ano traballamos máis e mellor. Que medo!
Como cada curso os nos@s compañeir@s de primaria veñen unha vez á semana a contarnos un conto en lingua galega que eles mesmos elixen na biblioteca. A novidade deste curso é que esta actividade farase os venres. Encántanos escoitar as aventuras e compartir este momento cos maiores.
Ademais Güino mandou aos seus axudantes a repartir as súas maletas para que estéan en cada aula o tempo necesario para disfrutar de tódolos contos que levan.
Tódalas semanas en pequenos grupos imos á clase de informática, onde ademais de practicar o manexo do rato, o encendido e apagado do ordenador... aprendemos a esperar e moitas outras cousas ao mesmo tempo que nos divertimos a través dos distintos xogos temáticos tanto na pizarra como no ordenador.
O pasado día 16 conmemorouse o día mundial da alimentación, e como este curso estamos a desenvolver o PDI Bo proveito...Güino e todo o seu equipo,considerou necesario preparar un estupendo cóctel de libros que expuxeron no corredor para que todos o poidesemos degustar antes de que volva para a biblioteca e pase a formar parte do emprestito diario.
Estaba "delicioso"!!