Moitos Parabéns Mouchiños!!
GIF
![GIF](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjq2HNdh1Wh6XN_EyWKAHlgbhvcTqAHiJzVGwypx-gi7Bhl08wSq9kv2hNuNGibukAyLBhvO3eENtrD85LOLwlpt9KzuS8Id8ViRjuOi207C9knDXP0lqz9sRK_hfL6ucp3lNJaKmzeAE0/s1600/cousasdepequenosmaiores-0173.gif)
venres, 16 de marzo de 2018
ANIVERSARIOS MARZO
Hoxe celebramos o aniversario de Mathías, Xoel e Dani!! Que xa teñen 4 anos!! Que maiores! Cantamos, bailamos e comemos!!Pasámolo xenial!
Moitos Parabéns Mouchiños!!
Moitos Parabéns Mouchiños!!
venres, 9 de marzo de 2018
8 DE MARZO DIA DA MULLER
Celebrando o día da muller resaltamos a importancia das mulleres que traballar no mar, en concordancia co proxecto do centro relacionado co mar.
Tamén falamos sobre a muller máis importante da nosa vida, e todos estivemos dacordo na resposta :
A nosa MAMÁ! 💓💓💓
Tamén traballamos co conto Rosa Caramelo, no cal se trata a igualdade entre homes e mulleres.
Non debemos esquecernos que nos máis pequenos é donde se fraguan os valores futuros.
xoves, 8 de marzo de 2018
COÑECEMOS AS ARTES DE PESCA
Onte tocounos a Mouchos e Peixiños ir a coñecer un pouquiño máis sobre o noso mar. Esta vez o destino foi o Porto, onde coñecemos diferentes artes de pesca.
Alí recibiunos Manolo, o Patrón Maior, o cal lle estamos enormemente agradecidos.
Ensinounos diferentes instrumentos para a pesca, como a Nasa, ca cal pescou algún peixe e cangrexos. Algúns tivemos algo de medo porque corrian moito, pero os máis atrevidos foron capaces de collelos.
Manolo ensinounos tamén o trasmallo, que serve para pescar xibias. Quixemos ver como quedaban atrapadas e metemos e man a ver que pasaba!
Tamén vimos a Rañeira e unha criba, encantounos ver ese "rastrillo" tan grande.
Vimos tamén o traxe que utilizan as mariscadoras!
Esperamos ansiosos a próxima saída!!!!!!
Ensinounos diferentes instrumentos para a pesca, como a Nasa, ca cal pescou algún peixe e cangrexos. Algúns tivemos algo de medo porque corrian moito, pero os máis atrevidos foron capaces de collelos.
E unha pesa enorme, na que quixemos ver canto pesábamos todos os mouchiños xuntos!
Adivinade canto pesamos? 300.5 kilos!!!!!
Aínda que o tempo non nos acompañou moitom pasámolo moi ben!!!
martes, 6 de marzo de 2018
XOGO DE LETRAS
Onte no cole traballamos moito! Fixemos unha actividade que nos encantou!!
Primeiro debíamos identificar o noso nome.
Logo buscar nas pinzas as letras correspondentes ao noso nome e poñer a pinza na letra correspondente, traballando así a motricidade fina.
Cantas letras novas coñecemos!!😊
Primeiro debíamos identificar o noso nome.
Logo buscar nas pinzas as letras correspondentes ao noso nome e poñer a pinza na letra correspondente, traballando así a motricidade fina.
xoves, 1 de marzo de 2018
NADANDO SEN PARAR
LEMBRADES A MENSAXE CON BANDEIRAS QUE NOS ENVIO GÜINO A COMEZOS DE CURSO? NELAS DESCIFRAMOS AS PALABRAS : NADANDO SEN PARAR, INDAGANDO ATOPAMOS UNHA CANCIÓN QUE NOS ENCANTOU E NON PARAMOS DE BAILAR.
O MARTES OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS BAILAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "NADANDO SEN PARAR". UNHA VEZ MÁIS O MAR FOI PROTAGONISTA.
QUE BEN O PASAMOS E QUE BEN O FIXEMOS!!
O MARTES OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS BAILAMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA "NADANDO SEN PARAR". UNHA VEZ MÁIS O MAR FOI PROTAGONISTA.
QUE BEN O PASAMOS E QUE BEN O FIXEMOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)