E POR ÚLTIMO DECORAMOS UNHA POMBA DA PAZ,XA QUE ESTE ANO NON PUIDEMOS VELAS VOAR POLO MAL TEMPO ALOMENOS AS TIVEMOS PRESENTES NA CLASE.
GIF
mércores, 30 de xaneiro de 2019
Día da paz
Hoxe celebramos o día da paz no que xuntos cantamos e bailamos a canción "o mundo é grande" de mamá cabra.
Ademais pensamos unha mensaxe de paz que colocamos no caldeiro.Decidimos desexarlle a todo o mundo que sexan felices pero non só hoxe senon tódolos días.
martes, 29 de xaneiro de 2019
Traballamos por parellas
Onte traballamos dun xeito diferente, por parellas. Tiñamos que facer a nosa propia bandeira etíope. Debuxala, dividila e coloreala para o que nos tiñamos que poñer dacordo e traballar en equipo. O resultado... á Vista está, non nos puido sair mellor.
venres, 25 de xaneiro de 2019
Decoración de inverno
Canto estamos a traballar nestos días. Entre proxecto, inverno, ensaios do día da paz, visita á biblioteca e manualidades varias non temos tempo a moito máis.
Ollade o decoradiño que nos quedou o noso corredor coas creacións invernais que fixemos.
Picamos, estampamos, pintamos, troquelamos e pegamos, un montón de técnicas recollidas nun único traballo.
Ollade o decoradiño que nos quedou o noso corredor coas creacións invernais que fixemos.
Picamos, estampamos, pintamos, troquelamos e pegamos, un montón de técnicas recollidas nun único traballo.
Empréstito de libros
Hoxe estreamos mochilas e comezamos co empréstito de libros de Güino. Previamente falamos de como temos que facer cando imos a Biblioteca e como hai que coidar os contos que levamos e que teremos que traer de Volta o luns. Alí tivemos a sorte de que Mari nos contou dous contos super chulos.
Aniversarios xaneiro
Hoxe celebramos os aniversarios de xaneiro. África, Brais e Víctor compartiron con nós un día tan especial onde non faltou a torta e o baile.
Parabéns!
mércores, 23 de xaneiro de 2019
VIAXAMOS A ETIOPÍA DA MAN DE AMONÁ
NON PODÍAMOS TER UNHA EXPERIENCIA MÁIS MARAVILLOSA REFERIDA A ETIOPÍA DA QUE TIVEMOS HOXE OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS.CHEGADO DIRECTAMENTE DE ETIOPÍA AMONÁ E A SÚA MAMÁ PAMEN, QUIXERON CONTARNOS A SÚA PRECIOSA HISTORIA E UN MONTÓN DE COUSAS INTERESANTES DESTE PAÍS.
AMONÁ NACEU NA CAPITAL, ADDIS ABEBA.ETIOPÍA É O SEGUNDO PAÍS MÁIS POBOADO DE ÁFRICA E ESTÁ NO CORNO Africano, UN DOS LUGARES MÁIS POBRES DO MUNDO E COMO BEN DÍ AMONÁ NON É PORQUE NON TEÑAN COUSAS, É UN PAIS MOI RICO, PERO OS PODEROSOS O ROUBAN.
O SEU SAÚDO É DANDO A MAN E CHOCANDO O OMBREIRO E OS HOMES CAMIÑAN DA MAN POLAS RÚAS EN SINAL DE AMIZADE.
VIVEN SOBRETODO DA AGRICULTURA E A GANDERÍA E A MAIORÍA DAS ALDEAS TEÑEN UN MAL ACCESO A AUGA POTABLE AÍNDA QUE POUCO A POUCO SE ESTÁN A CONSTRUIR POZOS PARA FACILITAR AS COUSAS.O MOUCHIÑO NOS DIXO QUE EL ESTABA EN WALMARA ONDE AS CASAS SON MOI DISTINTAS AS NOSAS
A SÚA COMIDA É FUNDAMENTALMENTE VERDURA E CARNE DE TODO TIPO MENOS O PORCO,MOI ESPECIADA E PICANTE E QUE ADOITAN COLOCAR ENRIBA DUN PAN PLANO E REDONDO DUNS 50 CM DE DIÁMETRO CHAMADO INJERA.NON EMPREGAN CUBERTOS, UTILIZAN A MAN DEREITA PORQUE A ESQUERDA É A QUE EMPREGAN PARA LIMPAR O CÚ E O ASEO PERSOAL E SE CONSIDERA IMPURA.OS SEUS PRATOS SON MOI COLORIDOS E VISTOSOS, CHÁMANSE MESOB, COLOCAN TODO NO INTERIOR E CANDO ESTÁN TODOS SENTADOS NA MESA O ABREN PARA QUE NON SE ENFRÍE ANTES.
OS XOGUETES TAMÉN SON MOI ESPECIAIS,FEITOS A MAN CON TEAS E CORDA,NON FUNCIONAN CON PILAS NIN ELECTRICIDADE.
AS MAMÁS LEVAN AOS SEUS BEBÉS ENGANCHADOS AS COSTAS E NON LEVAN CARROS PORQUE CONSIDERAN QUE SE O FAN NON QUEREN AO SEU NENO/A O SUFICIENTE.
CANTÍSIMAS COUSAS APRENDEMOS.MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR CON NÓS A VOSA MARAVILLOSA VIDA.
O SEU SAÚDO É DANDO A MAN E CHOCANDO O OMBREIRO E OS HOMES CAMIÑAN DA MAN POLAS RÚAS EN SINAL DE AMIZADE.
AS MAMÁS LEVAN AOS SEUS BEBÉS ENGANCHADOS AS COSTAS E NON LEVAN CARROS PORQUE CONSIDERAN QUE SE O FAN NON QUEREN AO SEU NENO/A O SUFICIENTE.
TAMÉN NOS ENSINARON CONTOS ESCRITOS EN AMHÁRICO, A LINGUA DE ETIOPÍA, E O IGUAL QUE NOS PASOU CON CHINA NON ENTENDEMOS NADA!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)