GIF

GIF

mércores, 24 de abril de 2019

Día do libro

Onte celebramos o día do libro, ademáis de facer unha actividade de aula co conto de que cor é un bico, tamén participamos na actividade proposta pola biblioteca do centro de petiscos literarios.

-Leer es para aprender(Inés)
-Leer es para aprender a leer(Xoel)
-Para que se aprendan buenas cosas y trabajen bien (Álex)
-Los libros enseñan cosas nuevas (Mauro)
-Los libros son para que te lean cada cuento (Raúl)
-Sirven para pensar (Xabi)
-Hay que estar calladitos para escuchar (Dani)
-Vienen los mayores a estudiar (Marcos)
-Son para leerlos (Mathías)
-Sirven para estudiar y que vengan a leerlos y trabajen bien (Diego)
-Para que la gente los lea(Martín)
-Porque los mayores tienen que aprende rlas letras(Álvaro)
- Para aprender a leer (Brais)
-Para leer y estar muy calladitos (África)
-Los necesitas para leer (Iria)

 De qué cor é un bico?
-De todos los colores (Inés,xoel,Paula)
-Marrón (Daniele,África)
-Rojo (Marcos,Raúl,Víctor, Brais)
-Azul (Martín,Mohamed)
-Rosa(Daniel,Mauro,Iria,Lola)
-Naranja (Álex)
- Rojo y azul (Mathías,Álvaro)
-Lila (Diego)
-Amarillo (Xabi)


Cando nos dan bicos?

-Cuando me porto bien (Inés,Marcos, Martín,Daniel,Álvaro,Víctor)
-Cuando duermo (Daniele,Xoel,Álex,Xabi,África)
-Cuando me voy a dormir (Paula)
-Cuando me lastimo (Mauro)
-Cuando me baño, muchas veces (Mathías)
-Cuando me hago daño (Diego)
-Cuando me ducho (Raúl)
-Cuando recojo la habitación (Brais)
-En cama (Iria)
-Cando vou a cama (Erea)
-Cuando yo lo doy (Lola)

Cando  che dan un bico que sentes?

Coloreamos os nosos bicos e escribimos o que nos transmiten. 

Os nosos petiscos(adiviñas) tiñan que estar relacionados cos pratos de comida, e como levamos un tempo traballando sobre a comida internacional as adiviñas ían referidas a elas.



As adiviñarían?

Parécenos que algún si, aínda que llos puxemos moi doados. 

Os que nós collimos os adiviñamos moi rápido!



 












venres, 12 de abril de 2019

Lecturas ao sol

Hoxe como facía tan bo día, trasladamos a sesión de CONTACONTOS dos maiores ao patio. E así, todos xuntos disfrutamos deste momento ao sol.



E agora... a disfrutar das vacacións! Vémonos á Volta 😊

xoves, 11 de abril de 2019

Obradoiro de estimulación da linguaxe oral

Tódalas semanas temos coa profe Sonia un obradoiro de estimulación da linguaxe oral, onde a través de contos, xogos e un montón de actividades divertidas traballamos a linguaxe, os sons...
Esta semana levamos para a casa un verme moi especial.
Clicade na imaxe para saber como se fai.


venres, 5 de abril de 2019

Visitamos o IES Fragas do Eume

Xa queda pouco para que podamos montar o noso restaurante de comida internacional. E que sería dun restaurante sen camareiros/as? Así que hoxe, saímos do cole para dirixirnos ao mellor lugar para aprender este oficio,a escola de hostelería que temos moi pretiño, no IES Fragas do Eume.

 

Alí, nos recibiron futuros camareir@s dispostos a ensinarnos a poñer unha mesa en condicións.


Primeiro o muletón para non estropear o mantel, despois o mantel e o cubre mantel ou o camiño e unha vez posto isto... O Prato, as servilletas, os cubertos que non se poden levar na man, senón nunha muletilla e colocalos cada un no seu lado correspondente e por último o vaso 🍽️. E aínda que esta vez se nos esqueceu... tamén deberíamos colocar un adorno no centro. Non estaría mal, como ben dixo Víctor, volver o luns para rematar o traballo en condicións😂😂













E despois de ter xa a mesa preparada... Nos serviron chocolate, biscoito, galletas,zumes... E todo feito alí. 








Agora entenderedes porqué non merendamos ao chegar ao cole.

Tamén nos presentaron aos pasteleiros/as que os fixeron, nos ensinaron a cociña e a clase do bar,e polo camiño atopamos a algún cociñeiro moi coñecido para algún de nós 👨‍🍳

O pasamos xenial, aprendemos un montón e volvemos para o cole coas barrigas cheas, que máis se pode pedir????Milleiros de grazas a Olga e aos alumnos/as que con tanta paciencia nos ensinaron o que saben.O poremos en práctica no  noso restaurante.

xoves, 4 de abril de 2019

Aviso importante

Mañá venres os mouchos e os peixiños temos programada unha saída a escola de hostelaría. Dado que as previsións metereolóxicas non son moi favorables, recomendamos que os nenos/as veñan con chubasqueiro ou abrigo con carapucha e calzado adecuado. Esperemos non ter que cancelar a actividade 😣. Grazas e perdoade non ter avisado antes.
Agradécese a difusión deste aviso entre todas as familias das dúas clases.

luns, 1 de abril de 2019

Froita para tod@s

Seguimos traballando a alimentación saudable dentro do PDI Bo proveito, e despois do leite🥛 tócalle ás Froitas!🍊🍍🥝🍓🍒🍏
Comezamos polo plátano🍌 e a verdade é que na clase dos mouchos tivo moi boa acollida, confiemos en que co resto de froitas sexa igual 🤞