GIF

GIF

martes, 28 de febreiro de 2012

A FAMILIA CRECE

DENDE O VENRES PASADO NA AULA DE 4 E 5 ANOS TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO; EDUARDO.

 VEN DO BRASIL ASÍ QUE O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI PEDIRLLE QUE NOS ENSINARA NO NOSO MAPA DOS DINOSAUROS, ONDE QUEDABA O SEU PAÍS.
 CÓSTANOS UN POUCO ENTENDELO, E A EL PÁSALLE O MESMO CON NÓS XA QUE SÓ LEVA 3 SEMANAS EN ESPAÑA. POR ISTO, ESTAS SEMANAS A LINGUA GALEGA ESTARÁ MÁIS PRESENTE NA NOSA AULA.
 COMO BÓS ANFITRIÓNS AXUDARÉMOLO PARA QUE SE ADAPTE RAPIDAMENTE E SE SINTA O MÁIS AGUSTO POSIBLE ENTRE NÓS.



BENVIDO EDU!!!

5 comentarios:

  1. Benvido Eduardo!!!

    Esperamos que a tua adaptación sexa o máis rápida e boa posible!!!!!!

    Ana, mamá de Gabri

    ResponderEliminar
  2. Que raro, Iago non me dixo nada, a chegada dun neno sempre e unha boa noticia!!

    ResponderEliminar
  3. Pois a min Gabri dixome que viña de Brasil e que falaba moi parecido ó galego...

    Por certo, Edu vai a futebol con Iago e Gabri, comenzou o luns pasado!!!!

    ResponderEliminar
  4. Sii,en tan pouquiño tempo xa son compañeiros de cole e de equipo :)

    ResponderEliminar
  5. Pois si, a ver si entre unha cousa e a outra, se integra rápidamente!!!!

    Ana, mamá de Gabri

    ResponderEliminar