CON MOITA ILUSIÓN QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS O NOSO NOVO PROXECTO EDUCATIVO; O RECUNCHO DE CIENCIA LEBORIZ. UN TRABALLO CONXUNTO COA UNIDADE DE CULTURA CIENTÍFICA DO CSIC EN GALICIA, O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS (IIM - CSIC), O LABORATORIO LEBORIZ(QUE APORTA O MATERIAL) E OS CEIP DE CASTRILLÓN-COIRO, E CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN ÁMBOLOS DOUS DE CANGAS.
ESTA IDEA, NACE DA ILUSIÓN DE TODOS NÓS POR INTRODUCIR OS NOSOS NENOS/AS, EN NOVAS ACTIVIDADES QUE ESPERTEN A SÚA CURIOSIDADE E MOTIVACIÓN Á VEZ QUE APRENDEN COUSAS IMPORTANTES PARA O SEU CRECEMENTO A TÓDOLOS NIVEIS; COÑECENDO UN POUCO MÁIS O PORQUÉ DO MUNDO QUE OS RODEA.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS DESPOIS DE FALAR SOBRE QUE É A CIENCIA, ONDE SE FAI CIENCIA E QUEN FAI CIENCIA;( FACENDO ALGÚN DEBUXO DESTAS PERSOAS...)FOI DECIDIR ENTRE TODOS/AS AS NORMAS A CUMPRIR NESTE RECUNCHO, TENDO EN CONTA QUE CONVERTERNOS EN "CIENTÍFICOS" (E POLO TANTO INVESTIGAR, EXPERIMENTAR E COMPROBAR AS NOSAS HIPÓTESES)É ALGO MOI IMPORTANTE; NON É UN SIMPLE XOGO DE NEN@S; PODE SER PERIGOSO E ESIXE CONCENTRACIÓN, COMPROMISO E SERIEDADE POR PARTE DE TOD@S. COMO XA SOMOS PEQUENOS MAIORES, ESTAMOS SEGUROS DE PODER CUMPLIR CON TODAS ELAS.
O NOSO RECUNCHO CONTA CON MATERIAIS VARIADOS COMO LUPAS, BOTES, LUBAS,XERINGAS,GAFAS, PINZAS, ALIMENTOS VARIOS,IMÁNS,CANDEAS,
COLORANTES...MOITOS DELES APORTADOS POLO LABORATORIO LEBORIZ GRAZAS O CAL PODEMOS LEVAR A CABO OS NOSOS EXPERIMENTOS.
A IDEA DESTE RECUNCHO TAMÉN É A DE COMPARTIR CON TODOS VÓS O NOSO TRABALLO FACÉNDOVOS PARTÍCIPES A TRAVÉS DO MALETÍN CIENTÍFICO DE SINXELOS EXPERIMENTOS NA CASA. DESFRUTANDO DA CIENCIA E APRENDENDO XUNTO COS VOSOS NEN@S.
Muy buena idea lo del recuncho.Adrián 5º.
ResponderEliminarGrazas Adrián, cando queirades estades convidados a facer algún experimento con nós. Tati.
ResponderEliminar