GIF

GIF

venres, 7 de marzo de 2014

COÑECEMOS OS MATERIAIS DE LABORATORIO

HOXE A DOUTORA TATI VISITOU A AULA DE 3 ANOS PARA CONTARNOS UN CONTO SOBRE UN NENO QUE ESTABA MALIÑO.
PUXO A BATA, AS LUVAS  E AS GAFAS DE SEGURIDADE E, INVESTIGANDO COA AXUDA DOS MATERIAIS DE LABORATORIO QUE LEVABA NO SEU MALETÍN, DESCUBRÍU QUE O QUE LLE FACÍA DOER A BARRIGA ERA UN MICROORGANISMO QUE ESTABA NA AUGA QUE O NENO BEBERA.
COLLEU UNHA MOSTRA DE AUGA NO VASO DE PRECIPITADOS, BOTOU UNHAS GOTAS COA PIPETA NUNHA PLACA PETRI, BOTOULLE AGAR-AGAR  CUNHAS PINZAS PARA QUE O MICROORGANISMO MEDRASE E, DESPOIS DE DARLLE CALOR CUNHA LINTERNA O PUIDO VER A TRAVÉS DO MICROSCOPIO;DESCUBRINDO QUE SE TRATABA DUNHA AMEBA, POR FIN SABÍA QUE MENCIÑA DARLLE O NENO PARA QUE CURASE.






Ningún comentario:

Publicar un comentario