Dende o equipo de normalización lingüística propuxéronnos unha fermosa actividade,elexir de entre tódalas palabras en galego que coñecemos, a que máis nos gusta ;escribila nun pergameo e decorala.
Saíron verbas moi variadas:
Can
Eu
Xoaniña
Choiva
Bolboreta
Zorra
E tras unha axustada votación quedamos con ARCO DA VELLA.
Aproveitamos esta actividade para decorar o corredor de infantil cunha manualidade así de orixinal e colorida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario