XA SABÍAMOS QUE OS MOUCHOS NACÍAN DE OVOS COMO MOITOS OUTROS ANIMAIS.TABEIRÓNS,TARTARUGAS,PEIXES,SERPES,PATOS,POLOS... E QUE SON TAN CÓMODOS QUE NON FAN OS SEUS NIÑOS PARA POLOS SENON QUE COLLEN OS QUE ATOPAN ABANDONADOS.
TARDAN 30 DÍAS EN EMPEZAR A NACER E É A MAMÁ MOUCHO A QUE QUEDA ENRIBA DELES PARA INCUBALOS ATA QUE SAEN OS MOUCHIÑOS E NON SE MOVE NIN PARA COMER!!! UNHA VEZ QUE SAEN TANTO O PAPÁ COMO A MAMÁ ADÍCANSE AO SEU COIDADO.
HOXE VIMOS UN NIÑO DE VERDADE, CANTO TRABALLAN OS PAXARIÑOS PARA CONSTRUÍLO E QUE SEXA TAN SEGURO QUE NIN OS OVOS NIN OS POLIÑOS CAIAN.EMPREGAN HERBAS,PAOS,CINTAS,FOLLAS,TERRA E TODO O QUE ATOPAN POLO CAMIÑO.
O QUE TEMOS MOI CLARO É QUE CO TAMAÑO QUE TEÑEN OS MOUCHOS OS SEUS OVOS NON PODEN SER DEMASIADO GRANDES, SERÁN COMO OS DUN PAXARO OU OS DUNHA GALIÑA???
Ningún comentario:
Publicar un comentario