GIF

GIF

xoves, 8 de febreiro de 2018

XOVES DE ENTROIDO

XA ESTAMOS METIDOS/AS DE CHEO NO ENTROIDO.HOXE REMATAMOS XA COS MANDADIÑOS DE MANOLO CONVERTIDOS/AS EN AUTÉNTICOS MARISCADORES/AS.


E DESPOIS MERENDAMOS XUNTO COS DEMAIS COMPAS DE INFANTIL PRODUCTOS TÍPICOS DESTAS DATAS.






IMPORTANTE:
Mañá, venres 9, celebraremos o tradicional festival de Entroido. Sin embargo as circunstancias climáticas previstas obrígannos a modificar a organización que tiñamos deseñada.
A posibilidade de choiva e o intenso frío destes días fai que este festival, que preparamos con tanto traballo e ilusión todos os anos, sexa modificado en dous aspectos importantes:
- Non se celebrará o tradicional desfile pola vila.
- Os actos no pavillón serán os previstos: entrada, desfile e actuacións. (Tal como xa informamos empezará sobre as 10:30) Pero, a medida que o alumnado remate as actuacións, abandonará o pavillón para reincorporarse ás súas aulas. Así reduciremos o tempo de permanencia, principalmente dos máis pequenos, nun ambiente frío.
Sabemos que as familias entenderán que o que reducimos en espectáculo redundará nun maior benestar do alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario