Onte tocounos a Mouchos e Peixiños ir a coñecer un pouquiño máis sobre o noso mar. Esta vez o destino foi o Porto, onde coñecemos diferentes artes de pesca.
Alí recibiunos Manolo, o Patrón Maior, o cal lle estamos enormemente agradecidos.
Ensinounos diferentes instrumentos para a pesca, como a
Nasa, ca cal pescou algún peixe e cangrexos. Algúns tivemos algo de medo porque corrian moito, pero os máis atrevidos foron capaces de collelos.
Manolo ensinounos tamén o
trasmallo, que serve para pescar xibias. Quixemos ver como quedaban atrapadas e metemos e man a ver que pasaba!
Tamén vimos a
Rañeira e unha
criba, encantounos ver ese "rastrillo" tan grande.
Vimos tamén o traxe que utilizan as mariscadoras!
E unha pesa enorme, na que quixemos ver canto pesábamos todos os mouchiños xuntos!
Adivinade canto pesamos? 300.5 kilos!!!!!
Aínda que o tempo non nos acompañou moitom pasámolo moi ben!!!
Esperamos ansiosos a próxima saída!!!!!!
Vaia saida mais chula!!
ResponderEliminarPero cantas cousas interesantes e próximas a nós nos está ensinando este proxecto!!!
ResponderEliminar