GIF

GIF

sábado, 10 de novembro de 2012

O PRINCIPIÑO


O DÍA DE ONTE FOI UN POUCO DISTINTO ÓS DEMAIS.
CANDO CHEGAMOS A AULA DESCUBRIMOS CON SORPRESA QUE NA PIZARRA ONDE ESCRIBIMOS O NOME DO ENCARGADO, HABÍA UNHA ESTRELA,NON UNHA ESTRELA NORMAL, XA QUE ESTA TIÑA ESCRITA UNHA PALABRA QUE ENTRE TODOS DESCUBRIMOS TOBOGÁN. TOBOGÁN¿?¿ PERO E ISO QUE QUERE DICIR¿?¿
 -SERÁ QUE O OUTRO DÍA ALGÚN DOS NOSOS COMPAÑEIROS ROMPEU UN DOS QUE ESTÁN NO PATIO.
-COMO PARECE QUE VAI CHOVER PODE QUE ESTÉN MOLLADOS.
-SI, E NON PODEMOS XOGAR NELES NO RECREO.
- OU QUE TROUXERON OTRO NOVO MÁIS GRANDE .
- OU QUE TEMOS QUE IR A INVESTIGAR QUE É O QUE PASA NO TOBOGÁN!!!
ASI QUE SEN PENSALO DÚAS VECES ALÁ FOMOS.
PERO A COUSA COMPLICÁBASE XA QUE DEBAIXO DUN DOS TOBOGÁNS O QUE ATOPAMOS FOI OUTRA ESTRELA QUE NOS LEVABA A UNHA DAS PORTERÍAS, ISTO XA COMEZABA A SER UN MISTERIO COMO A NOSA COMPAÑEIRA LARA COMENTOU, PERO UN MISTERIO QUE NOS ENCANTABA.NA PORTERÍA, UNHA NOVA ESTRELA COA PALABRA COMEDOR E NESTE OUTRA QUE NOS DIRIXÍA Á BIBLIOTECA. E POR FIN ALÍ O NOSO TESOURO UN CONTO TITULADO "O PRINCIPIÑO" QUE COMEZAMOS A LER ILUSIONADOS. O NOSO PRIMEIRO LIBRO POR CAPÍTULOS, XA ESTAMOS DESEXANDO SABER COMO CONTINÚA A HISTORIA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario